Mondoñedo

Etiquetas:
13/09/2019

Mondoñedo presentou publicamente na Praza da Catedral o cartel anunciador das que son as feiras e festas máis antigas de Galicia, As San Lucas, que se celebrarán na cidade entre o 17 e o 20 de outubro. 

A Comisión Organizadora das feiras e festas xunto á alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, elixiron nesta ocasión a Praza da Catedral como o lugar idóneo para dar a coñecer aos veciños e veciñas o cartel deste ano. 

A Praza da Catedral non só é unha das cúspides do patrimonio histórico- artístico da cidade senón que tamén é onde  se desenvolverán unha  parte das actividades do programa deste ano. Polas pedras desta emblemática praza, trotan cada17 de outubro dende fai 863 anos, os cabalos que baixan dende os montes da contorna ata o Campo da Feira para ser vendidos na Gran Feira do día 18.

...

leer más
Etiquetas:
10/09/2019

Dos días 13 ao 16 de setembro celébranse en Mondoñedo as festas patronais da Virxe dos Remedios. 

A ofrenda este ano correrá a cargo do Concello de Ribadeo e terá lugar o domingo 15. Como é tradición, unha representación do Concello de Ferrol desprazarase a Mondoñedo para asistir a unha nova edición da ofrenda á patroa diocesana.

No programa de festexos figuran a IX Xuntanza de Cantos de Taberna e o Mercadillo dos Remedios ademais do II Desfile co Traxe Tradicional.

O venres 13 haberá a actuación de DJS no Camiño. O sábado14 encargaranse da parte musical as orquestras Zafiro e Israel; o domingo 15 as orquestras Galilea e Finisterre; e o luns 16 o grupo Trébol.

Tamén no apartado musical, intervirán a Banda de Música Pascual Veiga de Mondoñedo, o grupo de jazz da...

leer más
07/09/2019

A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo organiza as clases de ximnasias de mantemento que se iniciarán en outubro.

Os grupos son os seguintes:

- Ximnasia de mantemento terceira idade:
Martes e venres no centro de Servizos Sociais de 10 a 11 horas. da mañá.

- Ximnasia de mantemento grupo adestramento deportivo:
Martes e xoves no Polideportivo Municipal de Mondoñedo de 20:30 a 21:30 horas.

As persoas interesadas poden obter máis información chamando ao seguinte número de teléfono: 605 790 091

Etiquetas:
29/08/2019

O Concello de Mondoñedo e a ACIAM, na súa labor a prol do comercio local, ben de rematar un traballo de varios meses de recollida de datos para a creación dunha Guía do Comercio Local.

Tras varias comunicacións á cidadanía solicitando a súa colaboración ao longo deste tempo, chegáronse a recoller máis de 300 negocios que agora van a saír á luz nunha guía de man.

Neste momento, os datos recollidos, antes da edición, pasan a exposición pública ata o día 15 de setembro (incluído) para correccións de erros da mesma por parte dos interesados.

Esta exposición pública está nas oficinas centrais do Concello de Mondoñedo e na Oficina de Turismo, onde haberá unha copia impresa para que os interesados a poidan revisar, corrixir ou aumentar as referencias da mesma.

27/08/2019

Mondoñedo conta dende hoxe mesmo con talleres de realidade virtual e de experiencias inmersivas. Estes desenvólvense na Oficina de Turismo, en horario de 12:00 horas pola mañá, e ás 18:00 horas, pola tarde.

Deste xeito, con esta iniciativa, impulsada pola entidade local, preténdese ofrecer máis alternativas lúdicas a veciños e visitantes que durante estes días acoden á cidade mariñá. A alcaldesa, Elena Candia, quen xa supervisou o funcionamento da actividade, anima á participación, pois “é unha boa opción para desfrutar do noso Mondoñedo dunha forma diferente”. 

Os talleres pretenden facer máis doado e accesible a todos as novas tecnoloxías; unha iniciativa, explican a rexedora e o edil de Cultura -Alberto García-, “para loitar contra a brecha dixital, que sempre foi o noso reto”.

Etiquetas:
19/08/2019

O xoves día 22 terá lugar a actividade Bicicleta en familia, con saída na Praza da Catedral ás 20:00 horas. Media hora despois haberá ruada polas tabernas da cidade mindoniense co grupo Xaramolo, ás 21:00 comezará un espectáculo musical a cargo do dúo Aroma é para as 22:00 horas está programada unha observación astronómica pública O Camiño das Estrelas na Praza do Concello. Para participar nesta última actividade hai que inscribirse nos Servizos Sociais do Concello.

E o día 29 para ás 20:00 horas está programado o Festivaliño on the road, que é cine itinerante de curtas infantís. E ás nove e media da noite empezará un concerto a cargo do grupo Plan B. Estas actividades terán lugar na praza do Concello mindoniense.

 

13/08/2019

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, pon en valor que o Conxunto Etnográfico do Vilar, inaugurado esta mañá, contribúe a desenvolver a oferta turística do Concello e a identificar a cidade como un destino con actividades da natureza “sumamente atractivo”.  

A rexedora precisa que este proxecto integral, que inclúe un albergue da natureza, unha aula da natureza e un centro de recepción BTT que se porá en funcionamento proximamente, supón unha “aposta pola natureza como valor seguro que sempre debemos coidar e protexer”.A rehabilitación do conxunto etnográfico deu comezo o 5 de novembro do ano 2003.

O acto de inauguración contou coa participación da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, membros da Corporación mindoniense e outros representantes das administracións; ademais de propietarios dos terreos...

leer más
Etiquetas:
08/08/2019

O presidente da Asociación organizadora das Feiras e Festas das San Lucas, Miguel Souto, adiantou esta mañá que Mondoñedo celebrará este ano 2019 as feiras máis antigas de Galicia entre os días 17 e 20 de outubro.

Ademais de dar a coñecer os días da celebración das San Lucas 2019, Souto presentou o cartel anunciador dunha nova edición das feiras, que un ano máis é obra do autor mindoniense e Fillo Predilecto da cidade, Xosé Vizoso. 

Souto quere agradecer de novo a implicación do mestre Xosé Vizoso. O cartel deste 2019é “unha nova obra de arte”, considera, que nesta edición representa a entrada dos cabalos na praza da Catedral e músicos tocando diferentes instrumentos sobre a balaustrada do monumento, moitos deles dos  usados na interpretación da música celta como son a gaita, a arpa ou o violín.

... leer más
Etiquetas:
06/08/2019

Foz celebrará o Día de Mondoñedo o 18 de agosto, domingo, con varios actos organizados por Son´s Varadero, que conta coa colaboración dos concellos de Foz e de Mondoñedo e de comerciantes da zona.

No salón de actos do hotel Isla Nova ás 20:00 horas haberá unha charla coloquio que será moderada por Pepe Rivera e na que participarán o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, e o historiador focense Xoán Ramón Fernández Pacios.

E ás 22:00 horas no barrio de Illa Nova empezará a verbena, que estará amenizada por Son´s Varadero.

Etiquetas:
26/07/2019

A Consellería de Cultura e Turismo achega a través do programa “Cultura no Camiño” novas actuacións que complementan a axenda cultural desta fin de semana nos concellos de Mondoñedo,  Fonsagrada e Pantón.

A iniciativa da administración autonómica financia cunha achega de 2.500 euros, para cada acto, obras de teatro, danza, música, novo circo ou maxia, escollidas polos concellos situados nalgunha das rutas xacobeas, como é o caso dos tres citados. Todas as actuacións son de acceso libre e gratuíto.

En Mondoñedo a cita será o sábado 27, ás 12.30 horas no barrio dos Muíños, onde terá lugar a actuación do grupo de música e baile tradicional Xacarandaina. Será no marco da feira de artesanía que se celebra neste singular barrio mindoniense e na que contarán, como actuación previa, co pregón do actor e humorista Xosé...

leer más