musica

Etiquetas:
30/07/2017

A Asociación Cultural Nois, coa colaboración do Concello de Foz, organiza o IV Festival Internacional de Música Bal y Gay, que se celebrará en Foz os días 27, 28 e 29 do vindeiro mes de agosto. No decurso deste festival celebraranse as semifinais e a final do concurso internacional de clarinete, no que se inscribiron máis de 40 clarinetistas procedentes de varios países de Europa, América e Asia. O xurado elixiu a 23 músicos para participar na fase final deste concurso que se desenvolverá no concello de Foz. Paralelamente terá lugar un curso de clarinete e de trompa, unha serie de concertos, sesións didácticas para os máis pequen@s e unha conferencia-concerto que ofrecerá o xornalista e escritor Juan Soto Gutiérrez, quen fora amigo persoal do compositor Bal y Gay. 

O director do festival, Enrique Rodríguez Baixeras, explica que “este ano o...

leer más
Etiquetas:
04/07/2017

Xa están á venda desde o 1 de xullo as entradas para asistir ao concerto que Luar na Lubre ofrecerá o 25 de agosto en Burela. A actuación enmárcase dentro da programación deseñada pola Concellería de Cultura para a Feira do Libro.

O concerto 30 aniversario terá lugar ás 22 horas na Casa da Cultura. 

As entradas poden adquirirse desde 10 euros na Biblioteca Municipal, na Vinoteca O Traste e tamén en ataquilla.com. O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima a mariñáns e visitantes “a ir comprando las entradas para que nadie se quede sin ver este concierto aniversario de Luar na Lubre en Burela. Es una de las novedades de la Feira do Libro y una de nuestras apuestas para este verano”. 

 

Etiquetas:
30/06/2017

A Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza diversas actividades en homenaxe a Arcadio Mon, quen fora director da Banda Municipal de Música. Os actos darán comezo o sábado 8 de xullo e os días 10, 11 e 12 celebraranse dous concertos a cargo da Banda de Música e da Big-Band de Foz e un festival no que intervirán entre outros Escolma de meus, Chingla, Sito Sedes e Tito Calviño. 

O concelleiro de Cultura en Foz, Ánxel Paleo, que tomou posesión do cargo onte, anunciou hoxe que “este sábado, día 1 de xullo, ás seis da tarde será a inauguración da exposición de pintura de José Fernández Campo Alaxe, no Cenima”.

Ánxel Paleo deu a coñecer tamén que “o sábado 8 de xullo darán comezo unha serie de actos e concertos en homenaxe a Arcadio Mon, que fora director da Banda de Música de Foz e fundador da Big-Band de Foz....

leer más
Etiquetas:
26/06/2017

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo organiza o día 28 de xuño unha xornada de portas abertas. Será no Parque de San Francisco, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Alí o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten, incluíndo unha pequena clase práctica.

Segundo as materias, esta actividade estará dividida por idades:
– Música e movemento: nenas e nenos nados entre os anos 2013 e 2010.
– Danza/ballet: desde os 4 anos (ano 2013) en diante.
– Práctica instrumental: desde os 8 anos (nados en 2009) en diante.

Desde a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo animan a participar nesta actividade: “aproveita esta oportunidade para probar de balde”. E advirten que “en caso de inclemencias meteorolóxicas, trasladarase ás instalacións da EMMeD”.

 

Etiquetas:
20/06/2017

Este venres, día 23, a partires das 11 da mañá o CEIP Juan Rey, de Lourenzá,  acollerá unha actuación do grupo Os Monifates. Está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá e inclúese dentro do programa Cultura no Camiño.                        

O edil de Cultura, Manuel Arango, explicou que “farán dous pases: o primeiro será de carácter didáctico e o segundo consistirá nunha actuación musical con instrumentos tradicionais acompañados de monicreques”.
                        

 

Etiquetas:
14/06/2017

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar o curso 2016/17. Farao de xeito oficial este sábado, 17 de xuño, a partir das 18:00 horas no Cantón, coa celebración do festival de fin de curso que nesta ocasión está dedicado a Músicas do mundo. As diferentes agrupacións que sairán a escena interpretarán música de diferentes países, facendo un percorrido por case todo o mundo.

O responsable da EMMeD, Hugo García, manifestou que “será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentaremos sorprender á xente cun festival concibido para que o desfruten non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén neste novo formato ao aire libre”.

En caso de inclemencias meteorolóxicas o festival trasladarase ao pavillón municipal. 

 

Etiquetas:
02/06/2017

A programación cultural do Concello de Foz para este mes empeza mañá, venres, día 2, no Cenima coa inauguración da exposición titulada Misturas, que inclúe fotografías de Xulio Montero e cerámica de Xela Area Pesquera. Estará aberta ao público ata o 30 deste mes.

Este sábado, día 3, comezará a quinta edición do Festival de Voces Xóvenes coa actuación do coro Más que Jazz, do Conservatorio de Música de Gijón, formación que dirixe Adriana Cristina García. Será ás seis e media da tarde na Sala Bahía.

O vindeiro xoves, día 8, ás 20:30 horas haberá cine na Casa da Cultura. Proxectarase a película María (y los demás). O venres 9 terá lugar na Sala Bahía ás 21 horas o segundo concerto do Festival de Voces Xóvenes, no que actuarán o coro do IES de Ortigueira, que dirixe José Antonio Mato, e o Coro da Mariña, dirixido por...

leer más
Etiquetas:
19/05/2017

A XII edición do Ribadeo de Tapeo conclúe esta fin de semana. Hoxe a partires das 20:00 horas haberá Cantos de Taberna nalgúns dos establecementos participantes. Mañá, sábado, terá lugar un festival infantil de música no Teatro ás 17:00 horas, e o domingo o grupo Os Minhotos ofrecerá unha sesión vermú na praza de abastos.

A concelleira de Turismo, Ana Martínez, declarou que “xa nos atopamos na recta final do Ribadeo de Tapeo e hoxe poderemos gozar dos esperados e dos exitosos Cantos de Taberna que arrancaron o ano pasado. A partires das oito da tarde poderemos gozar desta segunda edición dos Cantos de Taberna dentro do Ribadeo de Tapeo. Polos diferentes establecementos poderemos seguir os cantos populares de 50 persoas que son os participantes nesta segunda edición”.

A edil dixo que “non soamente imos hoxe...

leer más
Etiquetas:
20/04/2017

A  Concellería de Cultura programa durante este fin de semana dous espectáculos musicais para nen@s. O sábado, día 22, o grupo Os tres tenedores presenta Petiscos Musicais, e o domingo estará Pablo Díaz coa súa banda no concerto Tic tac toc. Ambas actuacións terán lugar na Casa da Cultura ás 18:00 horas.

A programación comeza o sábado, 22 de abril, con Os tres tenedores que presentan Petiscos musicais, unha mostra de diversos tipos de instrumentos, construción con materiais de refugallo, estilos musicais, ritmos diversos e fermosas cancións. A actividade enmárcase na campaña de animación á lectura da Biblioteca de Burela e para conmemorar o Día do Libro que ten lugar o domingo. Inclúese ademais no programa Ler conta moito para a dinamización da lectura nas bibliotecas integradas na rede, que leva a cabo a Consellería de Cultura, Educación...

leer más
Etiquetas:
17/04/2017

A Delegación de Cultura do Concello de Lourenzá programa unha actuación do cantautor Manoele de Felisa para conmemorar o Día do Libro este xoves, día 20 de abril.

A actividade está destinada a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e terá lugar ás 12 horas no Salón de Actos do Concello. Trátase de achegar á infancia o mundo da poesía musicalizada  da man do cantautor galego Manoele de Felisa.

Esta actividade enmárcase dentro do programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia.