musica

Etiquetas:
10/12/2017

O grupo humorístico Trípode organiza unha gala benéfica para recadar fondos a favor de Cáritas. O evento terá lugar na Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro, o domingo 17 de decembro, ás 18:00 horas, coa colaboración do Concello do Valadouro.

É costume que o grupo Trípode represente unha das súas obras e que estea acompañado por unha actuación musical. Nesta ocasión o grupo Trípode representa a súa obra Cousas de vellos, e os encargados da parte musical son os compoñentes de Xuntanza Musical que está formado polos músicos mariñáns: José Ramón Rico (Lourenzá) – saxo tenor, Manolo Cabaleiro (Moucide) –saxo alto, Remigio Vizoso (San Pedro de Mor) –batería, Esperanza Pérez (Viveiro) – percusións, Lino Rico (Lourenzá) – acordeón, e Antón Expósito (Lourenzá) –saxo alto-. O repertorio que interpretarán será como o das...

leer más
Etiquetas:
24/11/2017

O 9 de decembro celebrarase en Ribadeo o Magosto Foliadeiro a partir das 18:00 horas.

Os actos, que terán lugar no Parque de San Francisco, consistirán nun magosto, e ás 20:00 horas dará comezo unha foliada aberta na que actuarán O Son do Sor de O Barqueiro, Airiños do Xunco de Cervo, Catro Canos de Ribadeo e Amigos da Gaita tamén de Ribadeo.

A festa está organizada por Amigos da Gaita Galega coa colaboración do Concello de Ribadeo.

 

Etiquetas:
12/11/2017

A asociación cultural Ronqueta organiza o III Curso de Música Tradicional Galega “Monográfico sobre os Ancares”, que se celebrará en Ribadeo os días 20 1 21 de xaneiro do vindeiro ano. 

Serán 10 horas de formación as que se impartirán nas instalacións da Escola Municipal de Música e Danza,  nas especialidades de gaita, percusión, canto e pandeireta e baile. 

Desde a organización explican que “as prazas son limitadas a un mínimo de 10 persoas por especialidade e un máximo de 15 en gaita, máximo de 20-22 en percusión, canto e pandeireta e baile. As prazas serán atendidas pro rigorosa orde de entrega e formalización da cota, que é de 45 euros para o alumnado da EMMeD e de 50 euros para o resto”.

Pepe Vaamonde será o encargado de impartir as clases de gaita; Davide Salvado as de canto e...

leer más
Etiquetas:
23/10/2017

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 28 de outubro, o Concerto Singular que ofrecerá Píscore.

A actuación, dirixida a un público infantil e para todas as idades, ten unha hora de duración e dará comezo ás 18:00 horas.

Píscore son catro prestixiosos músicos fronte a un gran conflito, 16 baquetas e unha soa marimba. Catro músicos dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante, pero organizarse xa non vai ser tan doado. Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual. Un espectáculo de vocación universal que fará rir e disfrutar a público de todas as idades apelando ao máis clásico do humor e do sketch musical.

... leer más
Etiquetas:
19/10/2017

A asociación cultural Ronqueta de Ribadeo, en colaboración co Concello de Ribadeo, organiza un curso de Percusión con Instrumentos de Cociña que terá lugar o 28 de outubro.

Este curso desenvolverase na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:30 horas, e está dirixido a persoas maiores de 8 anos. O número de prazas é limitado ata 22 persoas, e o prezo é de 45 euros para o alumnado da EMMeD e 50€ para o resto.

Os asistentes deberán acudir con 2 culleres de metal (tamaño sopa), 1 morteiro, 1 tixola con culler e dedal (dedo corazón da man esquerda), 1 tapadeira de cazola e 2 vieiras.

O obxectivo deste curso é ademais de coñecer algunhas das cancións tradicionais máis representativas do país, descubrir as posibilidades sonoras dos...

leer más
Etiquetas:
05/10/2017

A Asociación Cultural Saíñas de Xove inicia este venres, 6 de outubro, as clases de baile, música e canto que ten programadas para este curso 2017/2018

As modalidades que se impartirán son baile tradicional, gaita, percusión, pandeireta e cantareiros/as.

As novas inscricións poden facerse o venres a partires das 18:30 horas na aula multideportiva.

 

Etiquetas:
01/10/2017

O Concello de Mondoñedo porá en marcha o proxecto “Cada neno un instrumento”, coordinado entre a Escola Municipal de Música “OPallarego” e o CEIP Álvaro Cunqueiro Mora, que ten como finalidade incentivar o interese pola música entre o alumnado en idades temperás, así como achegar o proxecto da Escola de Música aos nenos.

O edil de Educación, Alberto García, e a profesora da Escola de Música, Xulia Nogueira, presentaron esta mañá o proxecto, que botará a andar na cidade no mes de outubro, e que xa se está a desenvolver con éxito en Alemaña. 

A través deste programa permítese que o nenos recibanno centro educativo, e de xeito gratuíto, clases dun mestre da Escola de Música.En concreto, no caso mindoniense, esta iniciativa dirixirase ao alumnado de 3º e 4º de Primaria e consistirá en que, unha vez cada quince días,...

leer más
Etiquetas:
19/09/2017

Foz acollerá ata finais deste mes de setembro actividades como un concerto cun piano flotando na auga do peirao, teatro e cine. Anunciouno hoxe, martes, o concelleiro de Cultura focense, Ánxel Paleo Soto.

O edil explicou que “a programación para esta segunda quincena de setembro empeza este xoves, día 21, con teatro na Casa da Cultura ás oito e media da tarde. O grupo Malasombra representará a obra titulada D.E.P., unha comedia na que mostran o egoísmo e a mentira entre irmáns por unha herdanza. Esta obra está destinada a todos os públicos”.

Ánxel Paleo engadiu que “este sábado celebrarase o Día da Bicicleta, que terá a súa saída ás catro da tarde dende o Parque Infantil de Tráfico; irá ata a praia da Pampillosa, onde haberá un avituallamiento, para despois volver ao punto de saída e alí farase a entrega de...

leer más
Etiquetas:
14/08/2017

Este mércores, día 16, abre as súas portas na explanada portuaria focense Foz Market con festival de food trucks, salón do automóbil e diversas actividades. Ese día, ás 20:00 horas, visitarán a feira o alcalde, Javier Castiñeira, o presidente de Acia/CCA Foz, José Carlos Paleo, e representantes dos partidos políticos integrantes da Corporación Municipal focense. A quinta edición da Feira Multisectorial, agora Foz Market, está organizada por EsMarket coa colaboración de ACIA/CCA Foz e o Concello de Foz.

En Foz Market haberá varias actuacións musicais. O mércores, día 16, actuará Doctor Crank, de Gijón, entre as 22:30 e as 00:00 horas. O xoves haberá sesión vermú de 13:00 a 14:30 horas, e sesión de noite de 22:30 a 00:00 horas co grupo Otus Scops, de Luarca. O venres 18 as sesións vermú e de noite estarán amenizadas por Mènage a trois, de...

leer más
Etiquetas:
30/07/2017

A Asociación Cultural Nois, coa colaboración do Concello de Foz, organiza o IV Festival Internacional de Música Bal y Gay, que se celebrará en Foz os días 27, 28 e 29 do vindeiro mes de agosto. No decurso deste festival celebraranse as semifinais e a final do concurso internacional de clarinete, no que se inscribiron máis de 40 clarinetistas procedentes de varios países de Europa, América e Asia. O xurado elixiu a 23 músicos para participar na fase final deste concurso que se desenvolverá no concello de Foz. Paralelamente terá lugar un curso de clarinete e de trompa, unha serie de concertos, sesións didácticas para os máis pequen@s e unha conferencia-concerto que ofrecerá o xornalista e escritor Juan Soto Gutiérrez, quen fora amigo persoal do compositor Bal y Gay. 

O director do festival, Enrique Rodríguez Baixeras, explica que “este ano o...

leer más