musica

Etiquetas:
05/04/2017

O evento foi presentado polo alcalde, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, e por Xan Carballal, director do evento. Os profesores convidados son Sofía Canoura, frauta; Rebeca Maseda, violín; e Iván Siso, violonchelo. As clases deste XXVII Curso de Formación Orquestral desenvolveranse ás 10, ás 12:30 e ás 16:00 horas.

Haberá un concerto de cámara o xoves, 13 de abril, ás 18 horas y o concerto final será o día 14 tamén as seis da tarde. Ambos celebraranse no salón de actos do centro cívico. 
O curso está organizado por PrestoXove e conta coa colaboración do Concello xovense e da Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
23/03/2017

La Xácara ofrecerá un concerto de música antiga en Ribadeo este sábado, 25 de marzo, no Cine Teatro ás 20:30 horas.

Este grupo ofrecerá un programa baixo o título de Folías Galegas con música europea do século XVII composto por arias, folías e chaconas. As pezas son de diversas nacionalidades destacando as de orixe italiano e español.

La Xácara está integrada por Julia Cea Cabanelas (canto), Víctor Illán Rodríguez (guitarra barroca), Ramón Pérez-Sindín Blanco (clavecín) e Pablo Ruibal Armesto (viola de gamba).
Este concerto enmárcase no ciclo de Músicas Posíbeis, do Concello de Ribadeo. 

 

Etiquetas:
14/03/2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega poñen en marcha a quinta edición de ‘No bico un cantar’, unha iniciativa na que a música e a poesía cobran protagonismo nas voces dos alumnos e das alumnas dos conservatorios profesionais de música de Galicia e que este ano renden lles homenaxe aos poetas mindonienses.

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e mailo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, presentaron a actividade, que terá lugar en Mondoñedo o vindeiro día 2 de xuño, cun concerto no que un coro de rapaces e de rapazas dos conservatorios profesionais de música cantarán os versos de Álvaro Cunqueiro, de Antonio Noriega Varela, de Xosé Díaz-Jácome, de Manuel Leiras Pulpeiro e de Aquilino Iglesia Alvariño. 

O coro estará...

leer más
Etiquetas:
13/03/2017

O Goberno da Deputación mantén aberto o prazo para participar no Musiqueando, o programa dotado con 100.000 euros, co que o Executivo Provincial promociona a música popular na provincia, así como a creación de corais, bandas ou grupos tradicionais. O Musiqueando está dirixido a Concellos, asociacións ou comisións de festas, para a contratación de bandas de música, grupos corais e grupos de música tradicional, que teñan residencia na provincia de Lugo e que estean legalmente constituídas. 

Os grupos de música, que queiran participar no Musiqueandopoden facelo ata o 16 de marzo, e os Concellos, asociacións ou comisións ata o 31 do mesmo mes.Na www.deputacionlugo.galhai habilitado un espazo con toda a documentación a presentar no Rexistro Xeral da Deputación ou ben en calquera das dependencias...

leer más
Etiquetas:
09/03/2017

A Concellería de Cultura de Foz programa diversas representacións teatrais para este mes de marzo e a primeira delas será mañá, venres. Ademais haberá varias actividades para nenos e nenas organizadas pola Biblioteca Pública Municipal nos meses de abril e maio dentro do programa Ler conta moito.

A concelleira de Cultura, Silvia Blach, anunciou hoxe que “mañá, venres, 10 de marzo, ás seis e media da tarde, temos na Casa da Cultura de Foz  Ubú Teatro coa súa obra A Galiña azul, de Carlos Casares. É un espectáculo programado por FalaRedes e a Biblioteca Pública Municipal”.

Silvia Blach engade que “o mércores 19 de abril, ás seis e media tamén na Casa da Cultura, teremos a Elefante Elegante con Lobo bobo. É unha programación de Ler Conta Moito e da Biblioteca Pública Municipal de Foz. O venres 16 de maio, ás seis na...

leer más
Etiquetas:
06/03/2017

O vindeiro sábado, día 11, haberá diversas actividades culturais en Ribadeo: contacontos para @s máis pequen@s, concerto de rock e queima do Entroido. O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, subliña que “a queima foi aprazada debido ao aviso de fortes ventos na zona para a noite do pasado sábado”.

O edil nacionalista contou que “unha das mellores narradoras galegas, Raquel Queizás, estará cos seus Nanocontos este sábado ás 17.30 horas na biblioteca El Viejo Pancho. Trátase dun espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese e cunha duración apropiada á súa capacidade de atención”.

Farruco Graña dixo que “é unha actividade que se inscribe no programa Apego no que están inscritas polo de agora en Ribadeo...

leer más
Etiquetas:
01/03/2017

Un concerto tributo a Alejandro Sanz, que ofrecerá o televisivo Fran Valenzuela, figura entre as principais actividades programadas pola Delegación de Cultura para este mes de marzo. A actuación terá lugar o día 25 de marzo ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, salientou que “la actividad estrella del mes de marzo va a ser un tributo que vamos a tener aquí, apostamos ya por varios tributos aquí en Burela y ahora traemos uno más, creo que de un nivel altísimo, que es el tributo a Alejandro Sanz que se llama Y si fuera Sanz”.

O edil socialista dixo que “a la gente le empezará a sonarle más a lo largo de este mes porque el intérprete que es Fran Valenzuela, va a estar en el programa de Antena 3 Tu cara no me suena todavía, de hecho es el cantante que está anunciando ahora mismo...

leer más
Etiquetas:
19/01/2017
En Ribadeo celébrase os días 21 e 22 de xaneiro o II Curso de Música Tradicional Galega. Está organizado pola asociación Ronqueta e conta coa colaboración do Concello.
 
A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo acolle os días 21 e 22 de xaneiro o II Curso de Música Tradicional Galega, que organiza a Asociación Cultural Ronqueta e que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo.
 
Imparten este Curso de Música Tradicional Galega Pepe Vaamonde na especialidade de gaita, Davide Salgado en canto e pandeireta, Miguel A. López “Chino” en percusión y Javier Feijoó “Xisco” en baile. Máis de setenta alumnos e alumnas están inscritos nas catro especialidades do curso, procedentes ademais de toda a comarca da Mariña, de A Coruña, Ferrol, Asturias, Madrid, Ponferrada, Cantabria e incluso hai un alumno de Cardiff (Reino Unido).
 
O sábado 21 ás 19:15 horas, no salón de actos de EMMeD, haberá unha presentación-...
leer más
Etiquetas:
07/12/2016
Uxía e Magín Blanco estarán o 10 de decembro en Foz na Librería Bahía interpretando cancións de "Canta o cuco". O neno Manuel Menacho será o artista convidado ao clarinete.
 
Na Librería Bahía de Foz estivo moi presente ao longo de todo este ano 2016, a obra do poeta Manuel María e a súa pegada en Foz, nun ano que ademais estivo dedicado á súa figura.
 
Para pechar a serie de actividades que Librería Bahía veu desenvolvendo en torno a Manuel María, organizan para este sábado, 10 de decembro, ás 17:00 horas, unha actuación de Uxía e Magín Blanco.
Estes dous artistas interpretarán cancións de Canta o cuco, e como artista convidado ao clarinete intervirá o neno Manuel Menacho.
 
Esta actividade é de balde e aberta ao público en xeral sen ser preciso a inscrición previa.
 
Etiquetas:
24/10/2016
En Alfoz impartiranse clases de gaita e de percusión tradicional. Será todos os venres a partir das sete da tarde.
 
Na Escola Vella de Adelán en Alfoz levaranse a cabo clases de gaita e percusión tradicional (tambor, bombo e pandeireta).
 
Estas clases están dirixidas a nenos/as e adultos e impartiranse todos os venres a partir das 19:00 horas.
 
A matrícula está aberta e as persoas interesadas poden recabar máis información ou facer a súa inscrición no número de teléfono 699 39 66 64.