Teatro

Etiquetas:
24/02/2015
Nova noite de teatro no Pastor Díaz de Viveiro este sábado, 28 de febreiro. Antonio Durán "Morris" e Pedro Alonso son os protagonistas de "O crédito".
 
Em2 Emoción&Arte porá en escena o vindeiro sábado, 28 de febreiro, a obra “O crédito”, que protagonizan Antonio Durán “Morris” e Pedro Alonso. Será a partir das 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. Trátase dunha comedia de 90 minutos de duración. A venda de entradas será a partir das 19:30 horas na billeteira do teatro o mesmo día da función. Máximo de 4 entradas por persoa. 
 
“O crédito”: No noso civilizado mundo, cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas están moi mal, que os tempos cambiaron, que o crédito non flúe. Pero se cadra hoxe non. Talvez hoxe, cando che deneguen o crédito non marcharás para a casa co rabo entre as pernas,...
leer más
Etiquetas:
19/02/2015
Redrum Teatro presenta Roedores o vindeiro sábado, 21 de febreiro, no Pastor Díaz en Viveiro.
 
O teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acollerá o vindeiro sábado, 21 de febreiro, a presentación de Roedores, a cargo de Redrum Teatro. Será a partir das 18 horas. Trátase dunha comedia musical dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos. A obra está protagonizada por Munda e Peludiño. 
Peludiño é un hámster que escapou da súa gaiola para vivir aventuras na cidade. Munda é unha rata soñadora que pasa as noites rebuscando no lixo para levar comida aos seus irmáns. Estes dous roedores terán que deixar atrás os seus prexuízos e traballar en equipo para vencer ao temido Gato. Xuntos aprenderán que son máis parecidos do que eles pensaban e que as diferenzas os fan especiais. Ao fin e ao cabo... "Todos somos Roedores".
Roedores é un espectáculo...
leer más
Etiquetas:
30/01/2015
A programación cultural de Ribadeo inclúe para os vindeiros meses as actuacións de Amancio Prada e Sés, entre outros

 

Hoxe segue a programación cultural do Concello de Ribadeo para o primeiro trimestre do ano. Será co concerto de Oh Trío ás 21 horas no Teatro, dentro do ciclo das Músicas Posíbeis. Estre grupo presenta o seu novo traballo discográfico baseado en melodías tradicionais do Cancioneiro Galego de E.Martínez Torner / J.Bal y Gay. E a oferta para os máis pequenos iníciase do domingo, 1 de febreiro, ás 17.30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval con R. Redrum Teatro que presenta Roedores, unha fábula sobre a igualdade e a superación das diferenzas. 

Segundo explica a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, “a oferta estable no ámbito teatral ten polo menos outros 3 títulos ata o mes de xuño aos  que previsiblemente se sume algún máis. En cartel estará Pequenos actos...

leer más
28/11/2014
A banda infantil de jazz For Fun de Lugo actuará hoxe en Foz. O domingo haberá teatro na parroquia de Cordido a cargo do grupo Axóuxeres.

 

 Foz continua coa súa programación de outono este fin de semana e presenta dous novos actos. O primeiro terá lugar mañá, venres, na Casa da Cultura da vila Ás 20:00 horas. Trátase do concerto da banda infantil de jazz For Fun, do Conservatorio de Fingoi (Lugo). Este acto, con entrada gratuíta, forma parte do I Festival de Bandas de Música A Capela, organizado polo Concello focense coa colaboración coa Deputación de Lugo.

A segunda actividade levarase a...

leer más
Etiquetas:
28/11/2014
A obra musical A nena e o grilo nun barquiño, da compañía de teatro de Magín Blanco, chega este sábado a Burela. Representarase a partir das 17:30 horas na Casa da Cultura.

 

A Concellería de Cultura de Burela presenta este sábado, 29 de novembro, a obra A nena e o grilo nun barquiño, da compañía de teatro de Magín Blanco. O espectáculo está dirixido ao público infantil e familiar e consiste no relato da historia dunha viaxe mediante a interpretación de cancións que van desde o reggae, ao pop, ao rock ou á bossa nova. Comezará ás 17:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura da vila e a entrada será libre e gratuíta ata completar aforo. Dende a Concellería de Cultura de Burela informan que este acto consiste na representación dun espectáculo de arredor de 60 minutos, centrado na música en directo e no teatro para tódolos públicos. Nel intervirán Magín Blanco coma voz e guitarra, Jorge Juncal coma pianista e acordeonista, María Faltri ao baixo, Montse Piñón coma actriz encargada a dar vida á...

leer más
24/11/2014
 Barreiros súmase aos actos de conmemoración do Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero coa lectura dun manifesto e a estrea da obra de teatro Eterea.

 

O Concello de Barreiros  súmase aos actos de homenaxe que se levarán a cabo o vindeiro martes, 25 de novembro, con motivo da celebración do día internacional para a eliminación da violencia de xénero. Con este motivo, a Concellería de Sanidade e Servizos Sociais e a Concellería de Familia e Muller, en colaboración coa Asociación Vea, organizan dous actos conmemorativos. O primeiro terá lugar o propio martes, 25 de novembro, a partir das 12:00 horas, na praza do Concello. Alí darase lectura a un manifesto en contra da violencia de xénero. O acto concluirá cun minuto de silencio en recordo das persoas falecidas ao longo deste ano, vítimas desta lacra social.

 

...

leer más
20/11/2014
O grupo de teatro Trípode representará este domingo en Barreiros a obra Apedreando. Farao a partir das seis da tarde no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

 

A Concellería de Cultura e Xuventude de Barreiros, en colaboración coa Oficina de Información Xuvenil,  organiza para este domingo, 23 de novembro, un novo acto teatral dentro da súa programación cultural deste 2014. Nesta ocasión, a compañía Trípode acudirá ao municipio barreirense para representar a obra Apedreando. Será a partir das seis da tarde, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.

O grupo Trípode, porá en escena a obra Apedreando, de Pepe Peinó. Unha comedia humorística que ten coma temática central a concentración parcelaria e os problemas que esta...

leer más
20/11/2014
A obra Os Putativos chega este sábado a Lourenzá da man do grupo de Teatro de Ribadeo. A representación comezará ás 8 da tarde no Salón de Actos da Casa do Concello.

 

A Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá presenta unha nova actuación teatral no municipio para o vindeiro sábado  22 de novembro. Este día a partir das 8 da tarde o Grupo de Teatro de Ribadeo interpretará, no Salón de Actos da Casa do Concello, a súa obra Os Putativos. A actividade forma parte do proxecto Buxiganga, unha iniciativa cultural posta en marcha pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. O custe da entrada terá un prezo de 1 euro por asistente.

...

leer más
13/11/2014
O espectáculo infantil Contos de medo que deixan durmir, chega este sábado a Burela da man da compañía teatral A Trastenda dos Contos.

 

O Concello de Burela continua coa súa programación cultural para este outono 2014 e presenta este sábado, 15 de novembro, a obra Contos de medo que deixan durmir, á cargo da compañía A Trastenda dos Contos con Caxoto Contacontos. O espectáculo, dirixido ao público infantil e familiar, dará comezo ás 17:30 horas horas na Casa da Cultura de Burela. 

 

 

O espectáculo Contos de medo que deixan durmir é unha historia que aborda coma tema principal o medo na infancia. Para logralo, sérvese de historias que contan os propios nenos para aprender a rirse do medo e lograr converter este...

leer más