Eventos

Etiquetas:
16/03/2026

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López Moreno, participou este luns na Casa da Cultura do Vicedo na presentación do II Serán, a cita que se celebrará no campo da festa da parroquia de Negradas este sábado, día 21 de marzo. O evento, que “inclúe unha ampla e variada programación, está organizado pola Asociación Cultural Os do 21, entidade coa que a institución provincial mantén un importante compromiso achegando 21.000 euros para financiar actividades coma esta e colaborar cos gastos de mantemento do colectivo”, anunciou a Deputación.

Carmela López puxo en valor que “a Deputación é o concello dos concellos” e destacou que “apoiar o rural é unha das principais liñas de acción que vertebra o noso goberno. Por iso, estamos ao carón de entidades coma esta, para que poidan desenvolver actividades que dinamicen as nosas parroquias e...

leer más
Etiquetas:
16/03/2026

O mago e pianista Nacho Samena presentará en Ribadeo o seu espectáculo titulado Suxestión. Será este venres, día 20 de marzo, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval.

O Concello de Ribadeo anuncia: “a mente xoga. A música guía. Nada acontece por casualidade. Nacho Samena presenta un espectáculo diferente: maxia e música mesturadas nunha experiencia coidada ao detalle, sorprendente e elegante. Non é só un show, é algo que tes que vivir en directo”. Ademais explica que Suxestión “é o novo espectáculo de Nacho Samena onde a maxia e o piano se dan a man nunha experiencia familiar, sorprendente e chea de humor. Un show participativo no que o público xoga, decide e se deixa sorprender cos números de maxia, a música en directo e o humor de Nacho Samena, que é subcampión de España de cartomaxia e pianista internacional...

leer más
Etiquetas:
16/03/2026

O Concello de Viveiro anuncia que “con motivo da festividade de San Xosé, o mercado desta semana sufrirá as seguintes modificacións: adiántase ao mércores, 18 de marzo, e manterase nos Xardíns Noriega Varela”.

Ademais o Concello de Viveiro lembra que o traslado aos Xardíns Noriega Varela “é temporal, mentres continúan as obras de mellora e humanización que se están a realizar na Praza Maior e nas rúas colindantes do casco histórico, co obxectivo de seguir embelecendo o noso concello”.

15/03/2026

A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo bota a andar a quinta edición do programa Da Escola á Granxa, que promove actividades educativas en granxas, producións agrarias e proxectos de emprendemento no rural. As asociacións de nais e pais de centros de infantil e primaria poden solicitar ata vindeiro 15 de abril a participación no programa, que ofrece subvencións -entre 300 e 1.100 euros- para financiar o desprazamento  e o desenvolvemento das actividades recollidas no catálogo do programa, integrada por 45 granxas e proxectos agroalimentarios repartidos por toda a provincia.

A Vicepresidencia da Deputación explica que “Da Escola á Granxa ampliou e diversificou un ano máis a súa proposta educativa coa incorporación de 7 granxas novas respecto á última edición, ofrecendo un catálogo con producións diversas...

leer más
14/03/2026

O Concello de Barreiros anuncia: “como continuidade da nosa aposta por favorecer a conciliación familiar, organizamos un campamento infantil para que a cativada estea entretida e as familias poidan cumprir, da mellor maneira posible, coas súas obrigas. O prazo de preinscrición comeza o luns 16 e finaliza o día 20 de marzo”.

As taxas desta actividade son: 5 euros para crianzas censadas no Concello de Barreiros e 20 euros para as que non estean.

Etiquetas:
14/03/2026

A parroquia de Covas, no municipio de Viveiro, celebrará unha cea baile o día 21 de marzo, sábado. Será ás 22:00 horas e está organizada pola comisión de festas de San Xoán. Para participar hai que retirar os tickets previamente o prazo remata este domingo, 15 de marzo.

A cea baile estará amenizada polo dúo Caramelo e Discomóvil Olympo e celebrarase nunha carpa situada no campo da festa de Covas.

14/03/2026

A Asociación de Veciños Santa Eulalia da parroquia ribadense de A Devesa organiza a súa segunda comida veciñal para o día 29 de marzo, domingo. Será na explanada do Círculo Habanero.

As actividades comezarán ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Puma. Ás 14:30 será a comida, con carpa climatizada e aforo limitado. Haberá sorteos e baile.

13/03/2026

O Concello de Cervo anuncia que San Ciprián acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, “unha edición moi especial ao tratarse dun número redondo que celebra xa unha década deste encontro de música e cultura tradicional, que encherá de ambiente festivo a vila cun programa completo pensado para todos os públicos. A cita desenvolverase ao longo de toda a xornada e arrincará ás 12:00 horas cos Cantos de Taberna polos diferentes locais hostaleiros da vila. Ao mesmo tempo, entre as 12:00 e as 14:00 horas, haberá un obradoiro de cerámica. Ás 15:00 horas celebrarase o tradicional xantar popular, un dos momentos máis agardados da xornada para compartir mesa e festa. Pola tarde continuará a programación con máis actividades: de 16:30 a 18:30 horas, novo obradoiro de cerámica; ás 18:00 horas, obradoiro de iniciación ao baile tradicional a cargo de Iago de Vicente....

leer más
Etiquetas:
13/03/2026

Acisa Ribadeo presenta unha das novidades deste 2026 dentro do seu calendario de actividades dirixidas ao sector hostaleiro: os San Patrick’s Days, que terán lugar do 13 ao 22 de marzo. Na cita participan 10 locais hostaleiros. Veciños e visitantes poderán gozar de ofertas especiais en cervexa e diferentes propostas gastronómicas.

Durante estes días os establecementos ofrecerán promocións en cervexas, especialmente de orixe irlandesa, alemá e francesa, ademais de distintas propostas gastronómicas inspiradas na tradición irlandesa, creando así un ambiente festivo arredor do Día de San Patricio, que se conmemora o 17 de marzo.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou: “hoxe presentamos unha novidade no calendario de actividades de Acisa Ribadeo. Trátase dos San Patrick’s Days, unha iniciativa coa que...

leer más
13/03/2026

Dentro do programa de difusión cultural e relixiosa Adral, este sábado, día 14 de marzo, en Viveiro presentarase o novo libro titulado Os Bolechas van á Semana Santa de Viveiro e haberá un concerto do grupo lugués de vento madeira Arundo Donax Ensemble.

O Concello de Viveiro anuncia: “Os Bolechas tamén viven a nosa tradición! Mañá, sábado, os máis pequenos teñen unha cita en Adral coa presentación do seu novo libro. Na Sala Multiusos do Concello ás 12:30 horas. E na tarde noite desfrutaremos do concerto do grupo Arundo Donax Ensemble na igrexa de San Francisco ás 20:30 horas”.