Eventos
Este xoves, día 31 de xullo, tivo lugar a presentación da XIII edición da Festa Normanda de Foz, que se celebrará os días 28, 29, 30 e 31 de agosto. A esta presentación acudiron representantes do Concello de Foz, da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia.
A organización da festa anuncia: “contamos este ano co coñecido muralista Diego As, que é o artífice do deseño do cartel, un cartel sorprendente e cunha forte carga emocional. Tamén adiantamos moitas novidades nesta edición, como a representación no Bispo Santo, que se fará de forma profesional, guionizada e dirixida pola xa coñecida Marta Pérez, coñecida pola súa obra Agnódice, representación que leva a cabo na romaría Viquinga de Catoira. E desde esta presentación convidamos a todos e todas a que nos acompañen e gocen un ano máis con todos nós de representacións teatrais,...
leer másO Concello de Cervo anuncia que “a piscina de Río Cobo será o escenario dunha divertida actividade acuática con motivo da Festa da Maruxaina: Experiencia Sereas e Tritóns. O xoves 7 de agosto para crianzas de 6 a 13 anos”.
As persoas interesadas poden contactar a través do teléfono 629.08.35.48 para inscricións e información.
É unha actividade organizada pola Federación Española de Actividades Subacuáticas, coa colaboración do Concello de Cervo.
O Concello de Foz presenta o cartel das festas do San Lourenzo e un mes de agosto repleto de actividades.
“Chega agosto e con el continúan as actividades en Foz. O verán é para vivilo e en Foz temos actividades para todos os gustos, para que todo o mundo poda disfrutar da natureza, do mar, da nosa gastronomía, cultura e deporte”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
“Este mes de agosto está cargado de actividade, dende as festas do Carme de Nois ou a festa hawaiana ata a Festa Normanda, e como punto focal as festas do San Lourenzo”, indica Inés López Couto, concelleira de Cultura. “Foz é un pobo onde sempre hai unha actividade para pasar o tempo. O teatro continúa acompañándonos todos os martes no Campo da Cabana, o Festival Bal y Gay e a Feira do libro protagonizan a metade do mes e non podemos olvidarnos de...
leer másTodo está listo en Ribadeo para a celebración da Xira de Santa Cruz, Festa de Interese Turístico Galego, que terá lugar este domingo, día 3 de agosto.
O alcalde ribadense, Dani Vega, anuncia: “chegou a Xira de Santa Cruz, unha celebración onde se quere enxalzar a música tradicional, a gaita e a todas as persoas que levan defendendo a música tradicional e que chegara a todos os sitios, e desde logo a Xira, que leva moitos anos celebrándose, grazas a Amigos da Gaita, grazas a ese traballo intenso que constantemente realizan”.
O rexedor cre que “Ribadeo pode presumir de ter unha celebración que homenaxea, evidentemente, á música tradicional e tamén ao gaiteiro de Santa Cruz, a ese gaiteiro que foi feito por Faílde, deseñado por Faílde, ese escultor ourensán. Eu creo que poñer en valor a Xira de Santa Cruz, que dende...
leer másO Concello de Trabada anuncia que continúa “apoiando a organización de eventos que dinamizan o municipio e contribúen a manter viva a tradición nas diferentes parroquias. Esta fin de semana, os lugares de Trabadela (na parroquia de Sante) e Vilapena serán escenario de celebracións con gastronomía, música e actividades para todos os públicos”.
O Concello de Trabada especifica que “en Trabadela o venres 1 de agosto ás 21:00 horas terá lugar unha gran churrascada popular servida por Catering Sarredo, con empanada, xamón cocido, churrasco de porco, criollo, patacas, bebida, postre e café. O prezo é de 27 euros para adultos e 15 euros para nenos/as de 3 a 10 anos. A partir das 23:00 horas a festa continuará cunha verbena con discoteca móbil a cargo de SP The Sound Project”.
“En Vilapena o venres 1 de agosto ás 21:30 horas comezarán as...
leer másA Feira do Bonito de Burela será a imaxe do cupón da ONCE correspondente ao sorteo do sábado 2 de agosto. A presentación oficial tivo lugar onte no Barco Museo Boniteiro, situado na explanada portuaria da localidade.
No acto participaron o delegado da ONCE en Galicia, Manuel Martínez, e a alcaldesa de Burela, Carmela López, acompañados polo director da ONCE en Lugo, Francisco Javier Farnés; o concelleiro de Turismo e Mar, Ramiro Fernández; e a presidenta de Ledicia, entidade organizadora da feira, Rocío Rivera. Tamén asistiron membros do equipo de goberno e da Corporación Municipal, así como representantes da Asociación de Mariñeiros Xubilados A Moncloa, ACIA, Fundación Expomar, ABSA e a Confraría de Pescadores.
Durante a presentación, a alcaldesa Carmela López sinalou que este cupón “axuda a dar visibilidade á...
leer másO delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, participou na presentación do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se celebrará entre os días 7 e 10 de agosto. Está organizado polo Concello e pola asociación Amigos do Mercado Medieval e conta coa colaboración do Goberno galego.
A Xunta de Galicia anuncia que “o evento cumpre a súa trixésimo terceira edición cun completo programa que inclúe 70 actividades para todos os públicos e introduce como novidade unha cea o venres que terá lugar na igrexa da Alcántara, no Centro de Interpretación do Camiño Norte. O sábado ás 12.00 horas pronunciará o pregón Valentín Insua, campaneiro da Catedral. Numerosos colectivos de recreación histórica ambientarán esta cita, ofrecendo espectáculos na rúa como o bautismo de cabaleiros, torneos ou unha voda polo rito mozárabe. No apartado musical...
leer másA Asociación Cultural Xuvenil O Castelo organiza un ano máis a Festa dos Chóferes de Alfoz, que se celebrará esta fin de semana –do venres 1 ao domingo 3 de agosto e conta co apoio da Xunta de Galicia. Este mércores presentaron a programación nun acto no que participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Os actos centrais terán lugar o domingo. Ás 11:00 horas comezará a procesión polas parroquias do municipio dos vehículos participantes, que posteriormente serán bendicidos; outorgaranse premios aos mellores de cada categoría.
O programa inclúe verbenas todas as noites desde o venres, e sesión vermú o sábado e o domingo. Haberá unha zona de acampada e carpa con mesas e toma de corrente eléctrica para os que queiran desfrutar alí dos tres días de festa.
O venres na...
leer másBurela acolle un encontro para crear o Recuncho Multicultural da Biblioteca este venres, 1 de agosto
Este venres, día 1 de agosto, ás 11:00 horas a Casa da Xuventude de Burela será escenario dunha actividade aberta coa participación de representantes de colectivos, asociacións e comunidades que forman parte da diversidade cultural do municipio. O obxectivo principal do encontro é “deseñar e dar forma ao Recuncho Multicultural, un espazo que se integrará na Biblioteca Municipal como lugar de memoria, coñecemento e convivencia”, anuncia o Concello de Burela.
Ao longo da mañá traballarase na recollida e posta por escrito da tradición oral das distintas culturas presentes en Burela, sen esquecer a riqueza da cultura popular galega. “Este material servirá para achegar ás novas xeracións os relatos, saberes e valores que enriquecen a nosa comunidade, favorecendo a transmisión cultural e o respecto pola diversidade”, explica o Concello de Burela...
leer másA iniciativa de divulgación científica itinerante A Ciencieneta estará en Barreiros este xoves, día 31 de xullo, ás 12:00 horas na Praza do Concello.
O Concello de Barreiros anuncia que “este xoves, 31 de xullo, a curiosidade vai encher a Praza do Concello cunha visita moi especial: A Ciencieneta, un laboratorio sobre rodas cargado de experimentos, obradoiros e moita diversión chega a Barreiros. As nenas e nenos que vos acheguedes converterédesvos en auténticas científicas e científicos por un día participando nos obradoiros prácticos e nos retos científicos. En xeral, todo un espectáculo lúdico-cientifico cheo de humor para espertar o interese pola ciencia desde as idades máis temperás”.