Eventos
O Concello de Viveiro deu a coñecer a programación completa das festas patronais 2025, que se desenvolverán entre o 6 e o 21 de agosto cunha “ampla variedade de actividades musicais, culturais, deportivas e sociais”. O pregoeiro será o atleta Adrián Ben o 14 de agosto.
“Un dos principais atractivos deste ano será a colaboración do Resurrection Fest, que achegará o espírito do festival internacional á programación oficial das festas coa celebración de dous concertos na Praza Maior. Serán o 13 de agosto: Not Yet, ás 22.00 horas, e No Fun At Al», ás 23.15 horas. A programación musical abrangue propostas para todos os públicos, desde verbenas con orquestras populares coma Suavecito, SuperTop ou Escaparate, ata concertos de artistas recoñecidos como Azúcar Moreno ou dos viveirenses A Trova da Mariña, Dúo Vivarium e Escolma. Tamén se celebrarán...
leer másEste domingo, día 10 de agosto, terá lugar a andaina Viveiro en marcha contra o cancro. O percorrido será desde Os Castelos, no Paseo Marítimo de Covas, ata Celeiro, unha distancia de 5 quilómetros. A saída levarase a cabo ás 11:00 horas.
Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro, que anuncia que o prezo da inscrición con camiseta é de 10 euros. “Se queres colaborar e non podes participar podes sumar cunha doazón, ca achega que ti elixas. A qué esperas? Inscríbete! Online en https://enmarcha.contraelcancer.es/.../viveiro-en-marcha... ...
leer másO espazo cultural Teatro das Cortes, impulsado pola Asociación Cultural Volta e Délle en Cabanas, no Vicedo, acollerá esta fin de semana o Festival Lingua Moza, cunha variada programación arredor da lingua.
A iniciativa conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo na programación, pensada para un público familiar con diferentes propostas culturais e lúdicas para nenas e nenos e foros sobre a situación social da lingua.
O deputado Daniel García acompañado por Pepe Penabade e Jose Ribeira presentaron a axenda destas dúas xornadas que a asociación vicedense presenta como unha “festa para gozar da lingua” e unha oportunidadede “abrir camiños para lingua desde a simpatía, a música, a natureza e a sorpresa”
Daniel Garcia puxo en valor “a iniciativa de Volta e Dalle que recuperoun...
leer másOurol celebrará as festas na honra á Nosa Señora os días 9, 10 e 15 de agosto.
As actividades comezarán este sábado, día 9 de agosto. De 14:00 a 20:00 horas no Edificio Multiusos poderá visitarse a exposición de cadros titulada Serie casas indianas, de José Manuel Hermida Blanco (Senel), con entrada gratuíta. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú con orquestra Supertop e ás 15:00 empezará un xantar popular na carpa situada na Praza do Concello (para participar hai que inscribirse previamente e o prazo para anotarse está aberto ata este mércores, día 6 de agosto, ás 13:00 horas no teléfono 982.55.91.09 ou nas dependencias municipais). A continuación haberá baile de tarde con José Manuel, ex cantante da orquestra Abanico. E ás 22:30 horas comezará a verbena coas orquestras Supertop e Tοkio.
O domingo 10 desde...
leer másDo 8 ao 10 de agosto a parroquia de Vilameá (A Pontenova) converterase no epicentro da música, a gastronomía e a tradición coa celebración das súas Festas na honra da Virxe das Neves e San Roque. Tres días de programación para todos os públicos, organizados pola Comisión de Festas, que combinan actos relixiosos, comidas populares e grandes actuación musicais.
O arranque será este venres, 8 de agosto, coa gran churrascada, servida a partir das 22:00 horas. No menú non faltarán a empanada, o churrasco, o chourizo, a sobremesa, a bebida e o café, cun prezo de 20 euros para adultos e 12 euros para nenos/as de 3 a 12 anos. As entradas poden adquirirse en Orli Lavandera, Sidrería A Mina, Librería Eugenia e Panadería Millán, ou a través dos membros da comisión: Mónica (686 010 078), Diego (666 746 096), Pada (686 207 135) e Modesto (606 178 109)...
leer másA parroquia de Xuances, no concello de Xove, recupera este ano as súas festas na honra a San Pedro Fiz, que se celebrarán esta fin de semana, días 9 e 10 de agosto.
O Concello de Xove anuncia que “o vindeiro sábado 9 de agosto e o domingo día 10 son as festas na honra a San Pedro Fiz e as inmediacións da praia de Esteiro van formar parte do escenario perfecto para estas festas parroquiais”.
A Asociación de Veciños San Pedro, de Xuances, con Daniel Alonso, José Meitín e Eleodora López como membros da directiva desta comisión organizadora, fixeron a presentación do cartel acompañados polo alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, María Dolores Meitín, invitando aos visitantes e a toda a veciñanza “a pasar uns días de convivencia e diversión garantidas”.
As actividades comezarán o sábado ás 14:00 horas con sesión vermú co grupo Lecer. Ás 20:...
leer másPonentes de Colombia e Portugal participarán no XIV Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que se celebrará en Ribadeo do 27 ao 29 de agosto. Está organizado por Apaga.
O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, explicou que “este ano temos un programa de 3 días, que se empezará o 27, coa charla da empresa Robert Bosch, a cargo de Jaime Aguado, que falará da diagnose de vehículos híbridos/eléctricos con kits Bosch. Despois a continuación, esa mañá vai haber unha exposición dos proxectos europeos que levamos feito desde a asociación, desde o proxecto de Theide sobre hidróxeno, que remata agora o 30 de agosto, ata outros proxectos de mobilidades de alumnos e profesores. Xa pola tarde vamos ter unha subida, como outros anos, ata ría de Abres, iremos a ese área recreativa en barco con todos...
leer másVilaframil celebrará os días 8, 9 e 10 de agosto a tradicional festa na honra a San Lourenzo 2025, cun programa que combina gastronomía, relixión e música.
A cita comezará o venres 8 ás 21:00 horas cunha gran churrascada popular servida polo cátering Sarredo da Pontenova, cun menú completo por 25 euros para adultos e 15 euros para nenos entre 3 e 10 anos. Ás 22:00 horas dará comezo a verbena coa orquestra El Combo Dominicano e DJ Alejandro Martínez, poñendo ritmo á primeira noite de festa.
O sábado 9 haberá misa solemne con procesión ás 13:00 horas, seguida dunha sesión vermú coa orquestra Escaparate, que tamén animará a verbena da noite xunto con DJ Conxuro a partir das 22:30 horas.
E o domingo 10 haberá tamén misa con procesión ao mediodía, e a festa pecharase cunha nova sesión vermú...
leer másO 16 de agosto celebrarase a tradicional Marcha Nocturna organizada pola asociación Os Sendeiros de Foz. Trátase xa da 14ª edición desta actividade, que percorrerá o habitual traxecto de aproximadamente 5 quilómetros, cun nivel de dificultade baixo.
A saída será ás 22 horas desde a praza do Concello de Foz, e recomendase levar unha lanterna ou farol para maior visibilidade.
Ao rematar a ruta, os participantes poderán desfrutar dun merecido descanso con chocolate quente, biscoito e mini croissants no chiringuito da praia de Llas, O Arrecife, grazas á colaboración de Xoyma.
A inscrición ten un custo de 5 euros para os non federados con seguro de accidentes e é obrigatorio inscribirse antes do martes 12 de agosto. Pódese facer a través dos teléfonos: 606 718 482 (Laura) e 670 369 017 (Morís...
leer más