Eventos
A Fundación Expomar organiza a terceira edición do chamado Día do Orgullo Mariñeiro, que terá lugar en Burela e en toda a Mariña Lucense o xoves 11 de decembro.
A Fundación Expomar anuncia que “volve poñer en valor a importancia da cultura mariñeira de Galicia coa celebración do terceiro Día do Orgullo Mariñeiro, que volverá combinar o próximo xoves 11 de decembro a divulgación nas escolas, a exaltación da cultura mariñeira e a gastronomía do mar para chegar a tódolos públicos.
Esta acción está organizada pola Fundación Expomar coa colaboración do Concello de Burela e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, no marco das axudas do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y Acuicultura (FEMPA).
“O Día do Orgullo Mariñeiro é unha festa que nace da Fundación Expomar hai só 2 anos...
leer másA iluminación de Nadal de Xove será inaugurada este xoves, día 4 de decembro, ás 18:30 horas. No acto, que se celebrará na Praza do Concello, haberá panxoliñas a cargo das voces e instrumentos do alumnado da Escola Municipal de Música de Xove.
O Concello anuncia que “Xove comeza o programa de Nadal este xoves, 4 de decembro, co tradicional acendido das luces, nunha fermosa cerimonia a cargo do alumnado da Escola Municipal de Música de Xove. Un momento máxico para dar inicio a unha das épocas máis especiais do ano Xove”.
A diocese Mondoñedo-Ferrol anuncia que a catedral mindoniense celebrará este venres, día 5 de decembro, ás 19.30 horas a inauguración do seu monumental belén, nun acto que incluirá o pregón a cargo de Valentín Insua, histórico campaneiro do templo mindoniense. O acto, aberto ao público, conta coa organización desde o cabido catedralicio e a colaboración do Concello de Mondoñedo e diversas entidades sociais e culturais da cidade. A bendición do belén faraa o bispo diocesano, monseñor Fernando García Cadiñanos. Tras o pregón poderase escoitar un concerto de música do Nadal, grazas a colaboración da Asociación Sendeiriña de Mondoñedo, a cargo do Coro de Adultos do Conservatorio de Viveiro, na terceira edición do Festival Panxoliñas no Camiño. E como na edición anterior, os visitantes poderán disfrutar das alfombras florais de Nadal que prepararon os membros da...
leer másA campaña de Nadal do Centro Comercial Histórico de Viveiro comeza este luns, 1 de decembro, “cunha morea de actividades, concursos e sorteos. Serán 6.000 euros en premios, repartidos en 2.400 euros no calendario de advento e 3.600 euros no sorteo de 3 soldos de 1.200 euros, que este ano trae novidades.
O primeiro sorteo arranca este luns, 1 de decembro, e durará ata o día 24, co calendario de advento do comercio local, que repartirá un premio valorado en 100 euros cada día. Os clientes poderán participar subindo os tíckets de compra de calquera dos negocios asociados á APP VIVEIROCCH. Para o premio de cada día só serán válidos os tíckets dese día e o sorteo realizarase ó dia seguinte descubrindo o premio que corresponde, polo que cada día será unha sorpresa.
O Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro tamén anuncia: “o seguinte sorteo será o noso clásico de Nadal, o...
leer másHamburguesas e cervexas serán as protagonistas en Foz os días 5 e 6 de decembro, venres e sábado, da DecemBeer & Burguer. Na cita participarán 14 locais hostaleiros.
O presidente de Acia Foz, José Carlos Paleo, explicou: “en Foz queremos iniciar a vindeira ponte festiva cunha proposta gastronómica para a veciñanza e para as moitas persoas que se achegarán a pasar esas xornadas na nosa vila. Os días 5 e 6 celebraremos a DecemBeer & Burguer con diversidade de elaboracións que atoparemos nos catorce locais participantes”.
9 Olas, A Rambla-Pachán, Augas Santas, Bar 78, Café Bar Campos, Cafetería Anduriña, Dandy, Espacio Machete, Las Delicias de Belkis, Marexada, Mexideli, O Muelle Bar, O Tangarte e Xoyma son os establecementos nos que se poderán saborear “exquisitas burguers e cervexas”.
... leer másA sexta edición do Consello Alimentario da Biorrexión do Eo celebrarase o xoves 18 de decembro de 9:30 a 14:00 horas na Casa da Cultura da Pontenova.
Para participar hai que confirmar a asistencia antes do 10 de decembro a través do correo electrónico coordinacion@eoalimenta.org ou chamando ao teléfono 628.84.28.35.
O venres 5 de decembro o Concello de Foz pulsará o interruptor do Nadal e dá comezo a todas as súas actividades. O primeiro paso será acender a iluminación de Nadal instalada. A glorieta de Vilalba, na que está colocado un boneco de neve de máis de 6 metros de altura, será o lugar onde se pulse o interruptor, ás 18.30 horas e coa música da Banda de Música e a Escola Municipal de Música.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, anuncia que “este é o primeiro acto dos múltiples que se organizan este Nadal en Foz. Coa iluminación teremos a visita dun novo personaxe moi coñecido por pequenos e maiores, que irá ao Concello e ao que atoparemos tamén por rúas, prazas e edificios municipais”.
Esa mesma fin de semana, o sábado 6 ás 19.00 horas na Sala Bahía, haberá Noite de Góspel en Foz con Aba Taano. As entradas poden adquirirse...
leer másO Concello de Burela anuncia a programación da Casa da Cultura ata final de ano, que comezará este sábado, 29 de novembro, ás 20:00 horas co musical tributo a Queen e Michael Jackson titulado Leyendas. Ademais deste musical de Diverfest eventos, apto para todos os públicos, haberá representacións teatrais, concertos, espectáculos humorísticos e moito máis ata o día 30 de decembro.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez, sinala que “a programación cultural deste mes de decembro recolle a esencia do que queremos para Burela: variedade, calidade e propostas pensadas para todas as idades. Rematamos o ano cun calendario que combina teatro, música, danza e actividades para o público infantil, ofrecendo opcións para desfrutar en familia e tamén para o público adulto”.
Gómez subliña que “dende o musical tributo...
leer másO concello de Barreiros acollerá o día 3 de decembro, mércores, de 10:30 a 13:30 horas o stand Un mar de diversidade II, “unha proposta aberta á comunidade que invita á veciñanza a reflexionar sobre a diversidade e sobre a necesidade de avanzar cara a contornas máis accesibles”.
O stand forma parte do proxecto educativo Un mar de diversidade, impulsado pola Asociación Guillem Veiga Iglesias, que nos últimos dous anos percorreu centros educativos da Mariña Lucense “co obxectivo de fomentar o respecto, a empatía e o valor da diversidade desde idades temperás. Esta iniciativa puido desenvolverse grazas ao apoio do programa FEMPA da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a través do GALP A Mariña-Ortegal. Nesta nova etapa, o proxecto da un paso máis e abre as súas portas á comunidade, saíndo a rúa e convidando a toda a veciñanza a mergullarse neste mar cheo de...
leer másO Concello de Trabada organiza -xunto coas entidades locais A.C. Veiguello, A.C. O Picato e o Motoclube A Cadeira- para o sábado, 20 de decembro, unha nova edición do Mercadiño de Nadal, que terá lugar na Praza do Concello entre as 11:30 e as 20:00 horas. A xornada inclúe actividades para todas as idades, música en directo, obradoiros, mostra de produtos locais e artesáns, así como propostas especialmente dirixidas ao público infantil.
O Mercadiño comezará ás 11:30 horas coa apertura oficial. Ás 12:00 horas terá lugar unha exposición fotográfica a cargo da Asociación Cultural O Veigello de Villaformán, seguida ás 12:30 horas dun obradoiro de postais de Nadal destinado aos máis pequenos e pequenas.
A música será outra das protagonistas da xornada. Ás 13:00 horas o músico Vadim Yukhnevich ofrecerá unha actuación...
leer más












