Eventos
O Concello de Viveiro informa que, durante este mes de agosto, o mercado semanal que se celebra todos os xoves na Praza Maior trasladarase provisionalmente aos Xardíns Noriega Varela.
Ademais, con motivo da celebración das Festas de San Roque, o mercado correspondente ao xoves 14 de agosto adiántase ao mércores 13.
O concello de Cervo celebrará este sábado, día 9 de agosto, a cuadraxésima edición da Festa da Maruxaina, unha cita declarada de Interese Turístico Galego, que “converterá San Ciprián nun auténtico fervedoiro de tradición, cultura mariñeira e participación veciñal. Con motivo do seu 40 aniversario a programación inclúe propostas para todas as idades, mantendo viva a esencia desta festa que une o pobo co mar e coa lenda da Maruxaina”, anuncia o Concello de Cervo.
As actividades comezan xa o mércores 6 e o xoves 7 de agosto coa celebración da II Experiencia Sereas e Tritóns, unha actividade acuática na piscina de Río Cobo dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 13 anos (de 10:00 a 14:00 h). As persoas interesadas en participar poden anotarse e recibir máis información no teléfono 629.08.35.48 (o custe da actividade é de 10 euros por neno/a)....
leer másA asociación cultural O Picato organiza o Día do Nen@ na Pista Multideporte de Trabada para este xoves, día 7 de agosto, de 16:00 a 20:00 horas.
“Contaremos con música, inchables acuáticos, festa da espuma...e moito máis. Agardamos por vós. Non te esquezas do bañador”, anuncia a asociación O Picato.
A parroquia de San Xusto, no concello de Barreiros, está de festas os días 6 e 7 de agosto, mércores e xoves.
Os festexos, na honra a San Xusto e San Pastor, comezarán o mércores ás 13:00 horas con misa solemne e despois procesión de 14 imaxes, acompañada polos gaiteiros de O Arco da Vella, de San Miguel, seguida de sesión vermú coa orquestra D´Noche, que tamén actuará na verbena xunto a orquestra Capitol.
E o xoves ás 13:00 horas celebrarase misa solemne con procesión de 14 imaxes, acompañada polos gaiteiros de O Arco da Vella, de San Miguel, seguida de sesión vermú co grupo Mar de Arousa, que tamén amenizará a verbena xunto ao Grupo Beatriz.
A organización destaca que o campo da festa estará cuberto con carpa e haberá amplos aparcamentos gratuítos.
A parroquia de Vilacampa, no concello do Valadouro celebra a festa na honra a Santo Domingo e feira de gando anual o luns 4 de agosto
As actividades comezarán ás 13:30 horas con misa solemne e despois haberá sesión vermú amenizada polo grupo Lume, que tamén actuará de 19:00 a 22:00 horas.
Entregarán premios para os lotes máis numerosos de gando vacún e cabalar, para as mellores vacas e para os mellores cabalos ou bestas.
Haberá degustación gratuíta de produtos elaborados con porco celta.
O recinto estará cuberto con carpa.
O Iberia Club de Fútbol celebra a IV Festa do Bolo Preñao o día 8 de agosto, venres, en San Miguel de Reinante. Será na Praza do Souto a partir das 19:00 horas
“Chega a Festa do Bolo Preñado, un evento xa consolidado no verán sanmigueleño, que nos permite ademais de degustar os boliños , facer clube e facer equipo, en todos os sentidos. Coma sempre moita música, cos grandes Pandeireteiros do Inferno e DJ da casa á fronte, gran ambiente, merchandising do clube, sorteos, sorpresas e sobre todo a vosa compañía”, anuncia o Iberia CF.
O festival Osa da Mar, que organiza a asociación Fanto Fantini, celebrarase en Burela do 5 ao 7 de setembro.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na presentación do festival, que conta co apoio do Goberno galego.
A Xunta de Galicia anuncia que “o festival programa unha vintena de actuacións de diferentes estilos musicais, mesturando grupos consolidados con outros emerxentes da escena galega e nacional. Están confirmados artistas como Baiuca, Viva Suecia, Siloé, Marlena ou Grande Osso, entre outros”.
Arias felicitou á asociación cultural Fanto Fantini por “presentar un ano máis un gran cartel, que vén a completar a oferta cultural e turística da comarca da Mariña e contribúe a consolidar a provincia como un dos territorios con máis e mellores festivais de...
leer másA edición número 41 da Feira de Artesanía de Viveiro celebrarase do 8 ao 17 de agosto nos Xardíns Noriega Varela. “Contará cunha ampla representación de oficios tradicionais e propostas contemporáneas. Ademais disporá de preto de corenta expositores e incorporará este ano unha programación específica de demostracións artesás no posto denominado Encontros”, anuncia o Concello de Viveiro, que organiza este evento xunto á Asociación Proa, coa colaboración da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia. A inauguración terá lugar o día 8 ás 17.30 horas.
As actividades comezarán o sábado 9 cunha mostra de cantería (de 17.30 a 21.30 horas), á que seguirán o cartón pedra o domingo 10 (de 17.30 a 21.30) e o gravado en vidro o luns 11, tanto en horario de mañá (de 11.00 a 14.30) como de tarde (de 17.30 a 22.00). O xoves 14 será a quenda da...
leer másO Concello de Viveiro anuncia que o luns 4 de agosto abrirase o prazo para inscribir aos nenos e nenas que desexen participar acompañando aos cabezudos nas tradicionais saídas polas rúas durante as festas patronais, do 11 ao 15 de agosto.
“A actividade está dirixida a pícaros e pícaras de entre 7 e 12 anos, que levarán as cabezas de enanitos e formarán parte do pasarrúas xunto aos cabezudos. Cada neno ou nena poderá participar un só día. A inscrición poderá realizarse no Teatro Pastor Díaz, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá anotar un máximo de 4 nenos/as. As prazas estarán dispoñibles ata cubrir o límite establecido, e adoitan completarse en poucas horas, polo...
leer másA parroquia de Nois, no concello de Foz, celebrará as festas na honra á Virxe do Carme esta fin de semana, o sábado 2 e o domingo 3 de agosto.
As actividades comezarán o sábado ás 12:30 horas con misa solemne e despois procesión arredor da igrexa acompañada por un grupo de gaitas. A continuación, sesión vermú co grupo Montreal. Ás 20:00 horas haberá churrascada e ás 22:30 empezará a verbena amenizada polo grupo Montreal. E desde as 00:00 horas haberá Noite meiga con queimada e sorteo.
E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne cantada polo coro e procesión ata o porto. Tamén haberá sesión vermú co grupo Lecer.