Eventos
O Concello de Viveiro presenta un grupo de participación xuvenil, para mocidade de 12 a 17 anos de idade. Será este sábado, día 21 de marzo, de 11:30 a 13:30 horas na Sala Multiusos municipal.
“Se queres facer novas amizades, compartir ideas e participar activamente no que pasa en Viveiro, este é o teu sitio. O Concello de Viveiro invita a toda a mocidade a sumarse ao noso Grupo de Participación Xuvenil. Un espazo pensado por e para vós, onde a vosa voz conta”, anuncia o Concello de Viveiro.
Este xoves, día 19 de marzo, ás 12:00 horas no Pazo Santo Tomé, de Mondoñedo, presentarase publicamente a Asociación Mauro Leivas, que “busca catalogar a obra dun creador único e activar os valores sociais, ecoloxistas e de diversidade que sempre defendeu”, anuncian os creadores deste novo colectivo, que explican tamén que será “un acto aberto á cidadanía que servirá para render homenaxe a un dos creadores máis singulares e comprometidos da plástica galega contemporánea. A iniciativa está impulsada por un grupo de familiares e amizades co dobre obxectivo de preservar a memoria artística do creador mindoniense e de manter vivo o seu compromiso social e cultural”.
Durante o evento presentarase o propósito da asociación e as liñas de traballo tanto para a catalogación da súa obra como para a difusión dos valores que sempre defendeu, engaden...
leer másA orquestra Panorama presentará a súa nova xira, Time Tour 2026, para a Mariña lucense e o Occidente asturiano o vindeiro 2 de abril en Ribadeo, no Camiño Norte Fest, que organiza a Comisión de Festas ribadense.
O evento desenvolverase no aparcadoiro municipal. O recinto estará cuberto con carpa, que contará con servizo de bar e food trucks. A apertura das billeteiras será ás 20:30 horas e a o recinto ás 22:30 horas.
Polo escenario do Camiño Norte Fest pasarán tamén os djs Alejandro Martínez e Litainer.
O custe das entradas o día 2 de abril será de 15 euros, mentres que na venda anticipada é de 12 euros. Xa se poden adquirir a través de...
leer másO Concello de Xove colabora e patrocina un ano máis a celebración da XXII Festa do Polbo, “unha cita gastronómica xa consolidada que organizan os hostaleiros da localidade e que ten como obxectivo poñer en valor un dos produtos máis representativos das nosas costas. Nesta edición participarán oito locais de hostalería de Xove, que ofrecerán aos asistentes diferentes elaboracións de polbo para destacar a versatilidade e calidade deste produto tan apreciado na gastronomía galega. Os locais participantes son: Bar Pepe, Cafetería A Roda, Cociña, O Cabaliño, A Fuga, A Cívica, O Refugio e Cafetería Antoxo. A festa terá lugar o vindeiro Xoves Santo, 2 de abril, a partir das 13:00 horas. Durante a xornada os establecementos participantes servirán cazolas de polbo elaboradas de distintas formas a un prezo de 15 euros, co obxectivo de que veciños e visitantes poidan gozar...
leer másLa Estrategia Eo Alimenta invita a la ciudadanía, entidades y personas vinculadas a la agroecología y el desarrollo rural a participar en la jornada pública de presentación e impulso de TestEo, que se celebrará el viernes 27 de marzo en el Centro Sociocultural de Ría de Abres (Trabada). Y explica que “el encuentro busca compartir los avances del proyecto, visibilizar el trabajo realizado hasta la fecha y reforzar el compromiso colectivo con un sistema alimentario más justo, sostenible y arraigado al territorio”.
Eo Alimenta “es una estrategia colectiva que busca transformar el sistema alimentario de la biorregión del Eo, promoviendo la producción agroecológica, los circuitos cortos de comercialización y el relevo generacional en el sector agrario. En este marco, se están desarrollando dos proyectos principales: ComerEo, centrado en la...
leer másA Asociación A Magdalena, da parroquia de Xudán (A Pontenova) organiza unha xornada de sendeirismo pola Ruta das Minas, “para gozar da natureza e da historia mineira”. Será o sábado 4 de abril con saída desde a Praza dos Fornos as 10:30 horas para facer un percorrido de 5 quilómetros e unha comida campestre no Forno do Boulloso.
O prezo desta actividade é de 10 euros, as prazas son limitadas e os tickets para participar poden recollerse en Librería Eugenia ata este venres, 20 de marzo.
O Concello de Xove volve poñer a disposición das familias o servizo de conciliación por Semana Santa, dirixido a nenas e nenos de 3 a 10 anos.
“Unha oportunidade para facilitar a conciliación familiar e laboral durante estas datas, cun espazo de lecer, convivencia e actividades adaptadas ás crianzas”, anuncia o Concello de Xove.
As prazas son limitadas e as inscricións están abertas ata este sábado, 21 de marzo, a través da Sede Electrónica ou na OMIX do Concello de Xove.
Este luns presentouse a terceira edición de Burela En Marcha Contra o Cancro, unha actividade lúdico-deportiva para todas as idades que se celebrará este domingo, 22 de marzo, con saída dende a Praza da Mariña ata a praia A Marosa, ida e volta, anuncia a Asociación Española Contra o Cancro, que agradece o apoio do Concello de Burela; empresas patrocinadoras, Garsán e Solán de Cabras; e empresas colaboradoras, Eroski Center, Ambulancias Burela, Sixto Eijo SL e o Cluster Galego do Deporte.
As inscricións para participar poden facerse a través da web...
leer másA presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López Moreno, participou este luns na Casa da Cultura do Vicedo na presentación do II Serán, a cita que se celebrará no campo da festa da parroquia de Negradas este sábado, día 21 de marzo. O evento, que “inclúe unha ampla e variada programación, está organizado pola Asociación Cultural Os do 21, entidade coa que a institución provincial mantén un importante compromiso achegando 21.000 euros para financiar actividades coma esta e colaborar cos gastos de mantemento do colectivo”, anunciou a Deputación.
Carmela López puxo en valor que “a Deputación é o concello dos concellos” e destacou que “apoiar o rural é unha das principais liñas de acción que vertebra o noso goberno. Por iso, estamos ao carón de entidades coma esta, para que poidan desenvolver actividades que dinamicen as nosas parroquias e...
leer másO mago e pianista Nacho Samena presentará en Ribadeo o seu espectáculo titulado Suxestión. Será este venres, día 20 de marzo, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval.
O Concello de Ribadeo anuncia: “a mente xoga. A música guía. Nada acontece por casualidade. Nacho Samena presenta un espectáculo diferente: maxia e música mesturadas nunha experiencia coidada ao detalle, sorprendente e elegante. Non é só un show, é algo que tes que vivir en directo”. Ademais explica que Suxestión “é o novo espectáculo de Nacho Samena onde a maxia e o piano se dan a man nunha experiencia familiar, sorprendente e chea de humor. Un show participativo no que o público xoga, decide e se deixa sorprender cos números de maxia, a música en directo e o humor de Nacho Samena, que é subcampión de España de cartomaxia e pianista internacional...
leer más












