Eventos
A Casa da Cultura de Burela acollerá o día 11 de abril, sábado, a I Gala Solidaria Síndrome de Tourette Galicia, unha iniciativa impulsada pola asociación Tourette Galicia co obxectivo de dar visibilidade a esta condición neurolóxica e apoiar ás persoas afectadas e ás súas familias, anuncia o Concello de Burela, que engade: “baixo o lema Xuntos visualizamos o Tourette, o evento ofrecerá unha programación cultural e solidaria aberta a toda a cidadanía, na que se combinarán actuacións musicais, sorteos e outras propostas pensadas para todos os públicos.”
A gala conta coa colaboración do Concello de Burela, ACIA Burela e ABSA, así como coa participación de diversos grupos e colectivos que actuarán de forma altruísta. Entre os participantes confirmados atópanse ACM Arume, o alumnado do CEIP Os Castros, Grupo de Cordas, Sen Límites,...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza para o día 21 de Marzo, sábado, un percorrido polo municipio asturiano de Grandas de Salime. A distancia a percorrer son 14 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán e despois visitarán o Museo Etnográfico de Grandas de Salime.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 18 de marzo. O prezo é de 50 euros para os socios do colectivo organizador e de 55 euros para os que non o son.
Este sábado, día 14 de marzo, se celebrará en Mondoñedo un encuentro sobre la Cova do Rei Cintolo, evento titulado 150 años de exploración, investigación y topografía. La entrada es gratuíta.
El colectivo CETRA explica: “celebramos el Encuentro: 150 años de exploración, investigación y topografía, dentro del proyecto Rei Cintolo: Objetivo 11.000 m. El objetivo es celebrar el récord de 11.457 metros de desarrollo total conseguido en Cova do Rei Cintolo tras 178 sesiones de trabajo en cavidad, organizadas en 79 expediciones en el período 2018 - 2026. Pero sin duda alguna, este resultado ha sido posible gracias al esfuerzo altruista de muchas generaciones de exploradores y topógrafos que estarán representados por los 52 inscritos en el encuentro y que desarrollaron su actividad espeleológica en GESIC Trevinca, GES...
leer másO club de trail A Fume de Carozo, coa colaboración do Concello de Cervo, organiza a IV Gran Festa das Xeracións, “unha iniciativa pensada para reunir persoas de distintas idades nunha xornada de convivencia e celebración interxeracional”. O evento celebrarase o sábado 4 de abril nunha carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián. A programación comezará cunha sesión vermú ás 14:00 horas e continuará co xantar ás 15:00 horas.
A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, xunto con varios membros do club organizador, que destacaron “o carácter aberto e participativo desta proposta, pensada para fomentar os reencontros e fortalecer os lazos entre xeracións”.
O Concello de Cervo explica que “a festa manterá o formato que caracterizou as anteriores edicións, cun xantar no que os...
leer másO ilusionista Marcos Waldemar, campión de España de Maxia 2025 e semifinalista da décima tempada de Got Talent, presentará o seu espectáculo Inherente o sábado 21 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Burela.
O Concello de Burela explica que “Inherente trátase dun espectáculo de maxia unipersoal no que o artista percorre o seu propio camiño dentro do ilusionismo e introduce elementos relacionados coa historia e a figura do Conde de Waldemar, un dos grandes magos do século pasado do que Marcos é herdeiro. A función incluirá diferentes disciplinas da maxia, entre elas cartomaxia, mentalismo e ilusións participativas. Un espectáculo dirixido a público familiar que combina recursos de maxia, humor e teatro para contar unha historia única e emocionante. As entradas anticipadas con desconto xa están...
leer másO Concello de Trabada pon en marcha unha nova edición das rutas de sendeirismo organizadas en colaboración coa asociación Trabada paso a paso. Contará con cinco actividades ao longo do ano 2026. A primeira das rutas terá lugar o domingo 29 de marzo e consistirá nun percorrido polo Camiño Norte de Santiago, cunha distancia aproximada de 8 quilómetros e dificultade media.
“A actividade partirá do concello veciño de A Veiga (Asturias) e rematará na parroquia da Ría de Abres, seguindo o trazado do Camiño de Santiago. A saída está prevista ás 10:00 horas desde o centro social da Ría de Abres. A inscrición é gratuíta e poderá realizarse ata o 26 de marzo nas oficinas do Concello de Trabada ou a través do teléfono 982 135 011. Desde a organización lembran tamén que será obrigatorio o uso de chaleco reflectante durante o percorrido. Ao finalizar a...
leer másO Concello de Burela, a través da Área de Inmigración, organiza varias actividades arredor do 21 de marzo, Día Internacional contra a Discriminación Racial, co obxectivo de promover a reflexión sobre a diversidade e a convivencia intercultural no municipio. Dentro desta programación o venres 20 de marzo ás 18:00 horas inaugurarase na Casa da Cultura unha exposición composta por traballos presentados nas últimas edicións do concurso que se viña celebrando arredor desta conmemoración. “A mostra recolle creacións moi diversas realizadas por veciñas e veciños de Burela, con participación de persoas de distintas idades e procedencias”, anuncia o Concello de Burela, que engade: “entre as obras expostas atópanse pezas de autores e autoras que participaron de maneira habitual nestas iniciativas. Un dos exemplos é o da artista de orixe indonesia Shiva, cuxo traballo xa fora...
leer másA Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, fará a Ruta dos Grobos, no municipio lucense de Becerreá, este domingo, día 15 de marzo. O prezo é de 30 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 08:00 horas desde a estación de autobuses de Burela.
É unha ruta de dificultade moderada, con 9 quilómetros de percorrido. A organización recomenda levar bastón e calzado apropiado.
As persoas que queiran participar deben anotarse antes deste xoves, 12 de marzo.
A Asociación Equina A Medela, de Xove, organiza a súa 27ª Ruta Cabalar este domingo, día 15 de marzo.
As actividades comezarán ás 10:00 horas coa saída desde o Campo da Igrexa de Sumoas (Xove) e a media ruta haberá pinchos para os participantes. Ás 14:30 horas empezará un xantar na carpa situada no Campo da Igrexa de Sumoas, que estará amenizado por un grupo musical. Tamén haberá sorteo de agasallos entre os asistentes á ruta. Para participar hai que inscribirse previamente e o prazo está aberto ata este mércores, 11 de marzo.
Nesta actividade colabora o Concello de Xove.
Este luns, 9 de marzo, celebrouse Escola de San Adriano o taller titulado Ao son das mulleres, unha actividade participativa impartida pola musicoterapeuta María Fuente, dentro da programación organizada polo Día Internacional da Muller. Continuará con dúas sesións máis: este venres, día 13 de marzo, no Local Social de San Xurxo de 17:00 a 18:00 horas e o vindeiro luns, 16 de marzo, no Multiusos Ponte de Cuñas (Vilanova) de 19:00 a 20:00 horas.
A alcaldesa, Rocío López, fai un balance positivo das actividades celebradas ata agora en Lourenzá para conmemorar o 8M porque “houbo bastante asistencia de xente, que acolleu moi ben os actos”.












