Eventos

23/03/2026

Dentro do novo contrato de xestión do Ciclo Integrado da Auga, asinado o día 1 deste mes de marzo, o Concello de Foz presentará mañá, martes 24 de marzo, novos canais dixitais (web, Facebook e Instagram) para un servizo de abastecemento de auga máis próximo e transparente e unha oficina virtual para poder facer trámites de forma áxil e segura durante as 24 horas.

A presentación, que é un acto aberto ao público, contará coa presenza do alcalde de Foz, Fran Cajoto, e persoal técnico e de dirección da empresa FACSA, adxudicataria do servizo. Será no salón de actos do CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña) ás 12:30 horas.

Ademais Fran Cajoto anuncia que “durante todo a xornada de mañá, martes, en distintas quendas de mañá e tarde, alumnos de 5º de Primaria dos cinco colexios cos que conta o noso municipio...

leer más
Etiquetas:
23/03/2026

A Asociación de Veciños O Torques de Marzán, en Foz, celebra a súa XXVI Cea Baile de Irmandade este sábado, día 28 de marzo. Será ás 22:00 no restaurante O Rincón do Mis e estará amenizada polo dúo Epo-K.

“Reunímonos para a nosa tradicional cea de irmandade, que se leva celebrando durante 26 anos”, anuncia o colectivo veciñal de Marzán.

As prazas son limitadas e o último día de venda é este luns, 23 de marzo.

23/03/2026

Mondoñedo celebrará a Festa da Árbore este sábado, día 28 de marzo. Este evento, que se leva a cabo na cidade mindoniense, terá lugar nesta ocasión no CEIP Álvaro Cunqueiro.

A Festa da Árbore en Mondoñedo está organizada pola asociación cultural O Pasatempo. As actividades comezarán ás 11:00 horas coa carreira Día da Árbore, promovida pola Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo). Ás 12:00 horas haberá xogos recreativos, ás 13:00 horas levarase a cabo unha plantación de arbores e un recital de poemas con acompañamento musical e ás 13:15 horas entregaranse os premios do XIV Concurso da Árbore e os debuxos participantes neste certame estarán expostos durante a festa.

22/03/2026

Cabarcos, no municipio de Barreiros, celebrará a súa I Comida Popular o día 28 de marzo, sábado. Será no campo da festa cerrado con carpa e estará amenizada por DJ Bombarbero e a charanga Europa. A sesión vermú comezará ás 13:30 horas e ás 14:30 servirase a comida.

Este evento está organizado pola Asociación Cultural San Xulián de Cabarcos, que anuncia: “estamos desexando compartir este día tan especial con todos vós! Recordade que a data límite para coller os tickets é ata o luns 23 de marzo. Non o deixedes para o último momento. Contamos con vós para facer desta primeira edición algo inesquecible”.

Etiquetas:
21/03/2026

O municipio de Cervo será o escenario da III Ruta Cabalar, que se celebrará o vindeiro domingo 5 de abril, organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira coa colaboración do Concello, que anuncia: “a saída está programada para as 10:00 horas desde o polideportivo de San Román, punto de inicio dun percorrido pensado para desfrutar da contorna natural e da afección polo mundo ecuestre. Durante a ruta, haberá un aperitivo para os participantes a metade do traxecto, nunha xornada que combinará deporte, natureza e convivencia”.

O Concello de Cervo explica tamén que “unha vez rematada a ruta a actividade continuará no polideportivo con sesión vermú e baile amenizado por Disco Móbil Conxuro. Ademais celebrarase un xantar aberto tanto ás persoas inscritas na ruta como a quen desexe asistir, con ou sen cabalo. O menú estará composto por paella,...

leer más
Etiquetas:
21/03/2026

A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) organiza un Foro sobre Economía e Turismo, que terá lugar o vindeiro xoves, 26 de marzo, no Cenima, en Foz, a partir das 19:00 horas.

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica: “o que queremos é afondar, ás portas da Semana Santa, na importancia e na incidencia que ten o turismo na economía da comarca da Mariña. A presenza de visitantes leva anos indo a máis, somos refuxio ou oasis climático no verán, e cada vez recibimos tamén máis viaxeiros en tempada baixa. E todo iso ten un peso económico importante en todo o sector turístico e comercial desta zona”.

E subliña: “ao longo dos últimos anos moitas foron as alternativas de ocio creadas arredor da afluencia turística para satisfacer as demandas deses milleiros de persoas que chegan aquí buscando a tranquilidade, o fresco...

leer más
20/03/2026

O Concello de Burela presenta a súa programación de actividades culturais e turísticas con motivo da Semana Santa deste ano que inclúe rutas xeolóxicas e visitas guiadas ao patrimonio histórico e natural do municipio.

Os días 2, 3 e 4 de abril concentrarán o maior número de propostas. “Como novidade este ano, o venres 3 de abril ás 16:30 horas terá lugar unha visita guiada gratuíta ao Molde do Faro. Durante a actividade, as persoas asistentes poderán coñecer a historia da baliza de Pena Burela e acceder ao interior do molde para contemplar a obra artística realizada por David Catá. Para asistir é necesario facer unha reserva previa na oficina de turismo”, anuncia o Concello de Burela, que engade: “as rutas xeolóxicas, xa consolidadas na programación turística do municipio, volverán ofrecer dúas propostas guiadas e interpretadas por unha...

leer más
Etiquetas:
20/03/2026

Vilaseca, no municipio de Riotorto celebrará as festas na honra a San Xosé e Nosa señora os días 21, 22 e 28 de marzo.

As actividades comezarán este sábado, día 21 de marzo, ás 13:00 horas con misa solemne e procesión a continuación. Seguidamente haberá sesión vermo co grupo Los Adrianos, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Triunfo.

O domingo 22 ás 13:45 horas celebrarase misa solemne e procesión a continuación. Despois haberá sesión vermú prolongada co grupo D’Cano.

E o día 28, sábado, ás 28 ás 13:45 horas celebrarase misa solemne e procesión a continuación. Seguidamente terá lugar una sesión vermú co dúo Belinda, que tamén actuará na sesión tarde-noite, despois dun xantar popular.

A organización destaca que o campo da festa estará cuberto con carpa...

leer más
19/03/2026

A asociación Mauro Leivas deu os seus primeiros pasos este xoves, 19 de marzo, nun emotivo acto que serviu para render homenaxe a “un dos creadores máis singulares e comprometidos da plástica galega contemporánea. A cidadanía mindoniense deixou pequena a sala do Pazo de Santo Tomé, onde tivo lugar esta presentación que contou coa presenza do alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero; e o tenente de alcalde de Barreiros Antonio Veiga, que acudiu en representación da alcaldesa, Ana Ermida; a tenente de alcalde de Mondoñedo, Ángeles Rodríguez; o concelleiro de Cultura, Alberto García; representantes do PSOE e do BNG na corporación; así como a comisaria de exposicións da Rede Museística Provincial de Lugo, Silvia Fiallega. Esta iniciativa está impulsada por un grupo de familiares e amizades cun dobre obxectivo: preservar a memoria artística do creador mindoniense e...

leer más
19/03/2026

O Concello de Viveiro presenta un grupo de participación xuvenil, para mocidade de 12 a 17 anos de idade. Será este sábado, día 21 de marzo, de 11:30 a 13:30 horas na Sala Multiusos municipal.

“Se queres facer novas amizades, compartir ideas e participar activamente no que pasa en Viveiro, este é o teu sitio. O Concello de Viveiro invita a toda a mocidade a sumarse ao noso Grupo de Participación Xuvenil. Un espazo pensado por e para vós, onde a vosa voz conta”, anuncia o Concello de Viveiro.