Eventos

Etiquetas:
19/08/2025

O Pereiro (Alfoz) prepárase para tres días de festa e tradición coa celebración das súas festas na honra de Santa María, que se desenvolverán os días 22, 23 e 24 de agosto.

O venres 22, pola noite, actuará o Dúo Belinda e celebrarase a tradicional cea popular con churrasco, chourizo, empanada, viño, gaseosa, sobremesa, auga e café. Os prezos son de 10 euros para nenos/as (de 4 a 10 anos) e de 20 euros para os adultos. A cea será ás 21:30 horas e é necesario anotarse antes do 19 de agosto nos teléfonos 652 079 890 (Fátima) e 699 024 637 (Miguel). 

O sábado 23 haberá misa e procesión ás 13:30 horas, seguida de sesión vermú. Pola noite, a verbena contará coa música do Grupo Lume e a actuación especial da solista Claudia.

O domingo 24 a festa rematará cunha misa ás 13:30 horas, vermú longo e...

leer más
19/08/2025

O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) organiza un evento en memoria do actor e dramaturgo Manuel Lourenzo, recentemente falecido. Será  este sábado, día 23 de agosto, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo do Valadouro.

Nesta actividade, titulada Acto de gratitude a Manuel Lourenzo, haberá un relatorio de Xesús Pisón; lecturas dramatizadas a cargo de Santiago Fernández, Inma Orol, Daniel Otero, Sabela Quirós, Helena Cornide e Moncho da Lomba; e actuacións musicais de Miro Casabella, Ugia Pedreira e Mano Panforreteiro.

Ademais o Seminario de Estudos do Valadouro  vai enviar nos próximos días ás bibliotecas municipais da Mariña e ás asociacións culturais, así como a outros organismos e institucións galegas, a colección de Cadernos que leva publicados desde a súa creación no...

leer más
19/08/2025

A parroquia de Sante, no concello de Trabada, celebrará o domingo 31 de agosto unha xornada de deporte, natureza e gastronomía coa organización da II Ruta de Sendeirismo Voltiña a Sante e unha paellada popular. A actividade está promovida pola Asociación de Veciños San Julián de Sante e Trabada paso a paso, coa colaboración do Concello de Trabada.

A ruta dará comezo ás 11:00 horas desde o Teleclub de Sante, con dúas opcións de percorrido: unha máis curta de 6,04 km e outra longa de 8,36 km, ambas de dificultade media e cunha duración aproximada de 2 horas e media. Recoméndase levar roupa e calzado cómodo.

Tras o sendeirismo, a partir das 14:30 horas, o polideportivo de Sante converterase no punto de encontro para a paellada popular, na que se servirá un menú completo con paella mixta, pan, bebida, sobremesa e café...

leer más
Etiquetas:
18/08/2025

A asociación cultural Airiños do Xunco, de Cervo, organiza unha semana de actividades infantís desde este luns, día 18 de agosto, ata o venres 22 deste mes na Praza do Souto.

Haberá actividades como Laser Tag, colchonetas inchables e festa da auga, entre outras. Todas serán a partir das 18:00 horas, agás o venres, que se levará a cabo ás 20:30 horas.

“Do 18 ao 22 de agosto a Praza do Souto encherase de diversión para os máis pequenos da casa”, anuncia Airiños do Xunco.

18/08/2025

Os Bolechas presentan en Burela O gran reto este venres, día 22 de agosto, ás 20:00 horas na Praza da Mariña.

“Prepárate para unha tarde chea de risas, xogo e moita diversión en familia. Unha actividade do programa FalaRedes, pensada para pequenos e maiores”, anuncia o Concello de Burela.

18/08/2025

Este luns foi presentada a sétima edición da Concentración de Retroclásicos Barreiros, un evento que reunirá aos afeccionados/as dos vehículos históricos este sábado, 23 de agosto, no aparcadoiro da praia de Coto.

No acto de presentación participaron a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; a concelleira de Servizos Sociais, Carmen Veiga, e o concelleiro de Dinamización, Dani García; xunto con membros da asociación Retroclásicos de Barreiros.

Durante a presentación a alcaldesa destacou “a importancia de apoiar iniciativas coma esta, que non só ofrecen unha alternativa de lecer para a veciñanza e visitantes senón que tamén contribúen a dinamizar a actividade local e a poñer en valor o noso concello”.

O Concello de Barreiros anuncia que “a actividade comezará ás 10:00 horas coa recepción e...

leer más
Etiquetas:
18/08/2025

A Feira do Libro de Foz celébrase na Praza Conde de Fontao ata este martes, día 19 de agosto, de 17:30 a 22:00 horas.

Participan as librarías Cartabón, Pedreira, A Gata Tola, Perseida, Agrasar (Monforte), A Libraría de Rosa-Nobel (Boiro), Bahía, de Foz; e o Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Ofrecen un 10 por cento de desconto en todos os libros.

Etiquetas:
18/08/2025

O Concello de Cervo será un ano máis o gran escenario da Queimada Popular, unha das festas con máis identidade da Mariña, declarada de Interese Turístico Galego, que este ano celebra a súa 47ª edición o próximo sábado 23 de agosto cunha programación que mestura tradición, cultura e homenaxe.

Nesta edición tan especial, a Queimada rende tributo a Xosé Vizoso, artista plástico e creador dos carteis que, durante décadas, fixeron desta festa unha icona. Por primeira vez, o cartel non leva a súa sinatura, mais o seu legado continúa a través do seu fillo, Daniel Vizoso, quen asina unha obra cargada de emoción, memoria e futuro.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés destacou durante a presentación da Festa que organiza Airiños do Xunco coa colaboración do Concello que “a Queimada é moito máis ca unha festa: é unha...

leer más
Etiquetas:
15/08/2025

O deputado provincial de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, participou na presentación da XI Feira de Gando de Cangas de Foz, que se celebrará este domingo, día 17 de agosto, na área recreativa dos Castros, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

"Os Cabaleiros de Cangas -apoiados pola comunidade de montes de Cangas e polos colectivos culturais e veciñais da parroquia – organizan unha nova edición desta feira que retomaron fai once anos, recuperando o espíritu da antiga feira de gando que se celebraba o terceiro domingo do mes de agosto. Arredor da feira de gando e do mercado tradicional, a organización programou diferentes actividades para animar o mercado e manter o interese de gandeiros e gandeiras, pero tamén amantes dos animais e visitantes que se acheguen ata a área recreativa ao longo do día. Durante a mañá...

leer más
Etiquetas:
15/08/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta circular pola parroquia focega de Fazouro para o día 23 de agosto, sábado. A saída será ás 09:00 horas desde a área recreativa Ponte de Ferro.

“Nos desplazaremos hasta Fazouro y haremos una ruta circular muy bonita, disfrutaremos del río Ouro, pasaremos por donde la casa del conde, crestearemos y saldremos en Lousada, disfrutando de las magnificas vistas desde allí”, explican os organizadores.

O prazo para anotarse remata o 22 de agosto e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda  levar equipo de sendeirismo.