Eventos
A parroquia de San Román celebrará as Festas na Honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carmen do 12 ao 14 de outubro.
Os diferentes actos previstos foron presentados pola rexedora, Dolores García Caraméns, e por unha representación da Comunidade de Montes de Vilaestrofe, entidade que organiza a festa, coa colaboración do Concello de Cervo.
O programa arrinca o xoves 12, cunha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo, ás 13:00 horas, seguida da sesión vermú da man do Grupo Fénix, que repetirá a partir das 23:00 horas na verbena, que terá lugar no Pavillón de Deportes da parroquia.
Xa o venres, 13 de outubro, será o SanroDance 2023 a partir das 23:00 horas e que contará coa participación de DJ Pablo Conxuro, DJ Roquiño e DJ Robert Morr.
O sábado 14, volverá...
leer másOs días 16 e 17 de outubro, luns e martes, celebrarase en Mondoñedo, concretamente, no Pazo de Santomé, a oitava edición da Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, que está dedicada a o cabalo e a conservación do medio natural.
A participación na reunión é de balde, pero é preciso inscribirse antes do 13 de outubro, indicando día e a intención de xantar ou non, chamando aos teléfonos 686.62.01.54 (Eloi) ou 628.71.32.63 (Víctor).
Do 12 ao 14 de outubro celebrarase en Foz a October Fest, que organiza AciaFozCCA.
Na cita participarán sete locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Dandy Restaurante, Marexada, Namarinos, O Muelle Bar e O Tangarte.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que “a cervexa vai ser a protagonista desas tres xornadas de festa, que se desenvolverán durante a ponte de outubro. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas posibilidades desde as clásicas ata as artesás e de autor”.
Paleo subliñou que “o obxectivo é dinamizar esa ponte na que a Foz e á comarca da Mariña se achegará moita xente aproveitando o inicio do outono e o bo tempo do que seguimos a gozar”.
O presidente de AciaFozCCA dixo que “a nosa asociación participa na campaña do Bono...
leer másA asociación veciñal cultural San Adriano, de Lourenzá, organiza unha excursión a Vilanova de Cerveira (Portugal), Vigo, Combarro e Pontevedra para os días 25 e 26 de novembro
O prezo por persoa son 129 euros e inclúe viaxe ida e volta en autobús, comida, cea baile, almorzo, hotel en pensión completa, guía os dous días e seguro de viaxe. A data límite para anotarse é o 15 de novembro.
Para máis información e reservas os interesados poden contactar cos organizadores a través dos teléfonos 677.85.53.21 ou 606.50.40.00.
A asociación cultural deportiva Pequenos Pasos, de Landrove (Viveiro), organiza a sétima edición da Festa Labrega os días 13 e 14 de outubro, venres e sábado. O campo da festa estará no atrio de Landrove, onde se instalará unha gran carpa.
As actividades empezarán o venres ás 21:00 horas co prendido da chama olímpica. A partir das 21:30 repartirán boliños preñados gratis e ás 22:00 horas actuará Amigos do Folk.
O sábado os actos comezarán ás 13:00 horas con sesión vermú amenizada polo trío Zafiro e os asistentes poderán degustar pinchos labregos de tortilla, que venderán a 3 euros para os socios do colectivo organizador da festa e a 4 euros para os que non pertencen á asociación. Ás 16:00 horas comezarán as sextas Olimpíadas Rurais e ás 20:30 actuará o grupo Espera que vou mexar. A partir das 21:00 horas...
leer másA preocupación polo cambio climático é un dos motores do programa Onda ODS, que o vindeiro luns, 9 de outubro, comezará a emitir Radio Foz, conxuntamente con outros 240 medios locais do Estado.
A emisora municipal de Foz explica que “os contidos pretenden achegar ao local os Obxectivos de Desenvolvementno Sustentables (ODS) definidos pola ONU en 2015. Poñerase especial atención á igualdade de xénero, turismo sustentable, promoción da agricultura ecolóxica e da pesca, redución de residuos plásticos e á loita por unha educación de calidade. Ademais dos programas -con formato reportaxe e duns dez minutos de duración- a iniciativa Onda ODS Empeza por ti tamén propoñerá aos oíntes de Radio Foz a formulación de retos individuais que vaian na liña dos obxectivos marcados. Ademais do espazo radiofónico e dos podcast, os retos individuais irán...
leer másO programa desta xornada inclúe diversas exposicións fotográficas, proxeccións de vídeos, visitas e xornadas de portas abertas na Igrexa de San Francisco, e un concerto da Banda Naval no propio templo.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca que con estas celebracións “Viveiro camiña da man con outras localidades destacadas a nivel europea pola súa Semana Santa, aumentando cada vez máis a proxección internacional da nosa festividade”.
En horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:30 poderán realizarse numerosas visitas. Por unha banda, a Igrexa de San Francisco acollerá unha exposición permanente da Semana Santa de Viveiro, así como dúas exposicións fotográficas nos seus dous claustros. O claustro principal do templo estará engalanado con indumentarias das diferentes confrarías e irmandades para a ocasión...
leer másO sábado, 7 de outubro, terá lugar en Xove o XII Encontro de Palilleiras.
Con ánimo de que este encontro sexa unha demostración do encaixe de bolillos, desde o Concello xovense invitan a todas as asociacións de palilleiras e vendedores artesanais “a que nos acompañen ese día. A día de hoxe temos algo máis de 350 palilleiras inscritas (procedentes das 4 provincias galegas, Asturias e León) e uns 25 vendedores anotados”.
O Encontro, que se vai desenvolver no Pavillón de Deportes, vai comezar pola mañá ás 10:30 horas coa recepción de todas as palilleiras. O horario de apertura ao público vai ser de 10:30 a 13:00 horas pola mañá e der 16:30 a 19:00 horas pola tarde. A entrada, como sempre, vai ser libre e gratuíta para todos.
A organización corre a cargo da Concellería de Servizos Sociais a...
leer másVeciñas e veciños de seis concellos lucenses participarán esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación. Son en total preto de 140 persoas dos municipios de Meira, Riotorto, Guitiriz, Begonte, Barreiros e Paradelaas que, dende este martes e ata o venres, percorrerán a provincia con estas viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro, co obxectivo de fomentar o coñecemento do propio territorio e favorecer o turismo de proximidade.
Este martes, membros da Asociación Local de Pensionistas e Xubilados de Meira, e da Asociación de Veciños de Santa Marta de Meilán, de Riotorto, viaxan á Mariña e á Ribeira Sacra. Os primeiros comezaron a súa ruta no Pazo de San Marcos, onde o grupo foi recibido por PabloRivera, Deputado de Promoción Económica e Social, antes de continuar cara Pantón e...
leer másA comparsa Ruxe Ruxe, de Vilaronte, organiza unha festa de Samaín para o día 28 de outubro, sábado, na Sala Bahía, de Foz.
De 16:00 a 20:00 horas terá lugar unha festa infantil con actividades como pintacaras, xogos populares e animación musical, colchoneta, etcétera. Ademais o mago Martín Carmiña presentará o espectáculo ‘Ilusións sen azucre industrial’ e haberá tamén scape room, mesa doce e concurso de cabazas.
E a partir das 23:30 horas será a Noite Tenebrosa amenizada polo DJ Pedro Brmudz, na que haberá sorteos e sorpresas.