Eventos
Os Reis Magos chegan a Foz cumprindo o convenio que asinaron no 2020 co alcalde, Fran Cajoto. “Sempre cumpren co acordado e o ano que vén tocará renovar este convenio para que continúen acudindo á cita”, explica o rexedor municipal. O percorrido sairá ás 18.30 horas do Paseo da Rapadoira, pasando pola praza Conde Fontao, a rúa Valle Inclán, a avenida da Mariña e Álvaro Cunqueiro ata chegar ao consistorio, momento no que as súas maxestades pasarán polo Belén vivinte, que se realiza coa colaboración do Colexio do Pilar, e saudarán dende o balcón do Concello. Os Reis desprazaranse ata a Sala Bahía, na que se realizará a tradicional recepción con chocolatada con churros e roscón.
A delegación de Cultura agradece a implicación de todos as veciñas e veciños que axudan, así coma os establecementos da vila Xoyma, Anduriña, Amarena e Churrería...
leer másEste venres, 5 de xaneiro, os Reis Magos de Oriente visitarán O Valadouro: ás 19:00 horas sairá a comitiva oficial desde o local social do parque Concepción Arenal cara o Belén Vivinte, situado na Casa da Cultura, pasando pola praza de Santa María, A Ponte, Avenida de Viveiro, ... Nenos e nenas do Valadouro realizarán unhas ofrendas no Belén Vivinte.
Despois da recepción oficial farase entrega da chave do concello para que as súas Maxestades podan acceder con maior comodidade ós fogares dos veciños. Ó rematar poderán sacar fotografías coas súas Maxestades e depositar as cartas en cadanseu buzón. Entre todos os asistentes repartiranse porcións de roscóns e chocolate.
Está organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro e colabora a asociación cultural Amado Lar, do Valadouro.
... leer másOs Reis Magos non faltarán á súa cita cos nenos e nenas do concello de Cervo a tarde do venres, 5 de xaneiro.
En San Ciprián a saída da Cabalgata está prevista para as 18:00 horas desde o Pavillón da Veiga, con posterior recepción no auditorio da Casa da Cultura. Colaboran a ANPA do Ceip Península da Paz e a asociación Mulleres de San Ciprián. Tamén durante esa tarde de venres repartirase chocolate da man da Comisión de Festas de Lieiro, na carpa da Praza dos Campos.
En Cervo a saída da comitiva real está prevista para as 19:30 horas, desde as Escolas Vellas, e a recepción será na carpa instalada na Praza do Souto, onde tamén haberá un Belén Vivente, da man da asociación Airiños do Xunco.
O Concello de Burela recibe mañá venres, 5 de xaneiro, a visita das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, cunha gran xornada de festa dirixida á rapazada da vila e as súas familias.
A cabalgata de Melchor, Gaspar e Baltasar sairá ás 19:00 horas da rúa do Ril e o percorrido terminará na praza da Mariña, onde celebrarase a recepción das súas maxestades. Haberá rosconada con premios e chocolatada, ademais do gran sorteo do chupachup de ouro valorado en 3.000 euros.
“A deste venres será unha tarde chea de maxia, antes da noite máis especial do ano para os máis pequenos da casa. Animamos a toda a veciñanza a achegarse á cabalgata, desfrutar e saudar aos Reis Magos na carpa da praza da Mariña", sinala Carmela López, alcaldesa de Burela.
No caso de que a meteoroloxía sexa moi adversa, o...
leer másDesde o Concello de Xove explican que “a Cabalgata está previsto que comece ás 19:00 horas, pero antes, os Reis farán unha visita, coma en anos anteriores, á Residencia da 3ª Idade, visitando aos nosos velliños. Rematada esta actividade, os Reis partirán en cabalgata ás 19:00 horas dende a nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol, continuando a súa andaina pola Rúa Acceso Grupo Escolar, pasando despois á Avenida Deputación, que recorrerán en boa medida, cortarán despois por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real ata chegar ao Pavillón de Deportes. Despois os Reis inda estarán un bó rato con tódolos nenos no Pavillón, recollendo cartas, sacándose fotos, etc. Para rematar, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar dunha festa infantil no pavillón cunha discoteca móbil. e despois,….. a esperar os Reis”.
... leer másAínda sen finalizar unha programación de Nadal chea de eventos en Foz (este venres chega a gran cabalgata dos Reis Magos e o domingo Os Bolechas), o Concello de Foz prepárase para un Entroido que celebrará o seu primeiro ano como festa de interese turístico. A comisión de festas O Noso Foz e o Concello de Foz preparan os próximos eventos do mes de xaneiro e febreiro. A primeira data do calendario é o 27 de xaneiro, no que se coroará a raíña elixida no mes de outubro, Carlota Fernández del Riego.
O Entroido de Foz virá con novidades: a primeira delas a nova situación da carpa para a celebración das actividades, que será colocada na rúa Atalaia (As Torres) grazas á colaboración de varios veciños de Foz. O alcalde, Fran Cajoto, agradece “o xesto de colaboración desinteresada dos veciños, que non puxeron inconveniente ningún para que o...
leer másA programación especial comeza a partir das 19:00 horas coa tradicional Cabalgata dos Reis Magos, organizada pola Asociación Ledicia. A continuación, a partir das 20:00 horas chega a cita máis doce do Nadal, a Rosconada e Chocolatada que terán agachados 70 premios que son: 5 patinetes, 10 balóns de fútbol, 12 balóns de fútbol sala, 10 balóns de baloncesto, 1 tablet, 2 kits gaming, 1 silla gamer, 10 botellas de aceite, 2 bufandas, 1 Nintendo Switch, 6 mini batidoras e 10 cascos. Ademais, haberá roscón sen gluten e chocolate sen lactosa para que ninguén se perda esta cita. Os tíckets para degustar esta Rosconada e Chocolatada estarán á venda a partir das 18:00h, o prezo será de 2 euros por ración.
Dende Acia Burela queren amosar o seu profundo agradecemento a Distribuciones Carreira pola doazón do chocolate, e facer unha especial mención á...
leer másO Concello de Xove vai celebrar mañá, 4 de xaneiro, o día da infancia con inchables durante todo o día na piscina municipal e no pavillón de deportes.
INCHABLES NA PISCINA MUNICIPAL. Haberá un número máximo de 30 persoas por quenda, e poderase entrar ata 20 minutos despois de comezado o turno, sempre que haxa sitio.
MAÑÁN: (Nen@s e rapaces-zas).
De 10:30 h: de 5 a 8 anos.
De 11:30 h: de 9 a 11 anos.
De 12:30 h: de 12 a 15 anos
TARDE: (Nen@s e rapaces-zas).
De 16:30h. a 17:30h: de 12 a 15 anos.
De 17:30h. a 18:30h: de 9 a 11 anos.
De 18:30h. a 19:30h: de 5 a 8 anos
INCHABLES NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES. Aquí non hai límites de persoas.
As actividades van comezar ás 15:30 horas. De 15:30 a 16:00 h. van poder entrar nenos e nenas con necesidades especiais....
A cabalgata dos Reis Magos en Lourenzá, que se celebrará este venres, 5 de xaneiro, sairá ás 16:30 horas desde o recinto feiral de Vilanova para percorrer todas as parroquias do municipio. E ás 19:00 horas os Magos de Oriente recibirán aos nen@s nos baixos da Casa do Concello.
Está organizada polo Concello de Lourenzá.
O Edificio Multiusos de Ourol acolle un curso de autodefensa para mulleres os días 8 e 10 de xaneiro
O Concello de Ourol organiza un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. Será os días 8 e 10 de xaneiro, luns e mércores, de 16 a 20 horas no Edificio Multiusos.
A organización explica que é unha actividade “enmarcada no acordo de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación de Galega de Municipios e Provincias. Trátase dun curso dirixido a mulleres cunha condición física normal e consistirá nun adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación de cara a diversas situacións de violencia de xénero. Será impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita”.
Para anotarse as interesadas poden chamar ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (Teléfonos 982.55.91.09 e...
leer más