Eventos

Etiquetas:
15/11/2023

Esta fin de semana, sábado 18 e domingo 19 de novembro, celebrarase en Ribadeo o primeiro Mercadiño de Troco, iniciativa conxunta de Con Sentidiño e O Ferrado Marelo. Será no centro de ocio infantil Con Sentidiño, que está na rúa Ramón González número 24, de 11 a 14 horas os dos días.

As organizadoras explican que “todas as persoas usamos moitas cousas e roupa. Mercamos moito máis do que precisamos. Xeramos unha chea de residuos téxtiles, electrónicos e plásticos que acabarán esquecidos nun contedor. Temos a responsabilidade compartida de mudar ese modelo lineal de consumo nun modelo de consumo circular. Busquemos formas para darlle unha segunda vida ao que nós xa non precisamos. O I Mercadiño de Troco pretende fomentar a cultura participativa e de intercambio dentro dun ambiente de convivencia e solidariedade como alternativa ao conceptos...

leer más
Etiquetas:
15/11/2023

A Mariña en Ruta seguirá a vindeira fin de semana por Viveiro e por Ourol. 

A Mariña en Ruta é un proxecto que está promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. De outubro a novembro foron programadas 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca ten un papel destacado. 

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explica que “a vindeira fin de semana temos previstas dúas actividades. O 18 de novembro será o obradoiro de cerámica en Viveiro con Otero Regal. Os asistentes terán a posibilidade de coñecer de preto como Regal fai unha peza de cerámica para despois intentalo eles mesmos. E o 19 de novembro terá lugar un paseo polo patrimonio indiano de Ourol, que será guiado por Noela Feal”. 

... leer más
Etiquetas:
15/11/2023

A comparsa Os Fandangueiros celebrará a cuarta edición da súa cea baile no pavillón polideportivo de Alfoz o día 2 de decembro, sábado, ás 21:30 horas.

A cea estará servida polo Catering Chao da Brea e o baile amenizarano  dúo Estrellas e Discomóvil Eventec. Ademais haberá sorteos.

Para anotarse os interesados en participar poden contactar por teléfono con Laura (679.566.111) ou con Natalia (603.670.661). O prazo remata o 28 de novembro.

A organización anuncia que “a partir das 00:00 horas haberá libre acceso a todo aquel que queira acercarse a desfrutar da festa”.

Etiquetas:
14/11/2023

O Concello de Alfoz pon a disposición de cada parroquia do municipio as novas subvencións nominativas de Nadal. O importe das axudas é de 300 euros.

As parroquias interesadas en obter máis información poden dirixirse ao 982 55 80 01

O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de decembro de 2023.

Modelo de Convenio Subvención Nominativa de Nadal https://drive.google.com/file/d/1YcAtRKBXienRSEcDSj4Fmta8Uqy04TXn/view?usp=sharing

Comunicación Liña de Axudas Decoración de Nadal https://drive....

leer más
Etiquetas:
13/11/2023

A asociación Patrimonio Laurentino organiza unha viaxe a Vigo para este sábado, 18 de novembro. O prazo para anotarse e pagar remata este mércores, día 15. O custo, co xantar incluído, é de 22 euros para os membros do colectivo organizador e de 25 euros para os que non o son. O autobús é de balde porque está financiado cunha axuda do Concello de Lourenzá.

Os organizadores explican: “este ano decidimos viaxar a Vigo. Coñeceremos o legado de Del Riego: pinacoteca e fundación Penzol, que nos abren as súas portas o sábado 18. Comeremos no R.C. Náutico e pola tarde desfrutaremos da cidade olívica. Tan só animarvos a participar e renderlle homenaxe a este laurentino como a el lle gustaría: reunirse cos veciños e disfrutar da cidade que o acolleu. Animámosvos a participar nesta visita imprescindible no ano no que se lle dedican as Letras Galegas...

leer más
Etiquetas:
13/11/2023

Riotorto celebra o 126 aniversario do nacemento en Órrea do xornalista e escritor Avelino Díaz. Para iso haberá actividades esta fin de semana, venres 17 e sábado 18 de novembro.

O venres ás 20:00 horas terá lugar na Escola de Órrea a presentación dun disco con doce poemas de Avelino Díaz musicalizados polo grupo A Quenlla.

E o sábado a partir das 16:00 horas haberá unha polavila en Riotorto. No programa de actividades para esta xornada inclúese unha homenaxe ao grupo Hermanos Baltasar, con Armando Clarines; obradoiro de baile a cargo de Víctor e Rebeca, da Pastoriza; exposición de instrumentos musicais, pasacalles, concertos, foliada aberta e degustación de castañas asadas. Haberá carpa.

Esta iniciativa está organizada polos concellos de Riotorto e Meira e a asociación cultural Avelino...

leer más
Etiquetas:
13/11/2023

O Movemento Artístico da Mariña, coa colaboración do Concello de Foz, organiza unha gala solidaria a beneficio dos colectivos Médicos sin fronteras e UNRWA España (comité español da axencia das Nacións Unidas para os refuxiados de Palestina). Será o 18 de novembro, sábado, na Sala Bahía, de Foz ás 20:30 horas.

O evento denomínase Compromiso 2023 pola paz, pola dignidade, pola xustiza. Haberá escultura, música, pintura, poesía e cerámica.

 

Etiquetas:
13/11/2023

O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, organiza a sétima edición da súa gala solidaria. Será o 16 de decembro, sábado, ás 19:00 horas na Sala Bahía de Foz.

O Centiño ofrecerá a obra “Trepa, Tripa e Tropa” e no intermedio da representación actuará o grupo musical Pandereteiras da Subela.

A entrada é gratuíta, pero recolleranse doazóns para Cáritas. Para este evento O Centiño conta coa colaboración da asociación A Subela e do Concello de Foz.

 

Etiquetas:
12/11/2023

La protectora de animales Bigotes, de Burela, organiza una cena benéfica para el día 2 de diciembre, sábado, a las 22:00 horas

Los promotores de esta iniciativa explican “hacía unos años que no se organizaba y nos apetecía retomarla porque siempre lo pasamos muy bien y disfrutamos de vuestra compañía. Habrá dos opciones de menús: vegano y de carne. En ambos se incluye la bebida, café y chupito. También contaremos con DJ para echarnos después unos bailoteos y que no falte la diversión”. 

Será en el hotel Nordés y las entradas estarán a la venta en la Clínica Veterinaria A Marosa, de Burela, por 30 euros (25 de menú más 5 de donativo). El pago se realizará en efectivo. 

Etiquetas:
10/11/2023

A parroquia focega de San Martiño celebra as súas festas patronais desde este venres 10 ata o domingo 12 de novembro.

As actividades empezarán o venres cunha verbena amenizada polo D´Vicio e Conxuro Discomóbil. O sábado a partir das 13:00 horas celebrarase misa solemne e a continuación haberá sesión vermú amenizada polo grupo Mar d’Arousa, que tamén actuará na verbena con Conxuro Discomóbil. E o domingo a partir das 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión. E despois terá lugar a sesión vermú amenizada polo grupo Toxo Guayaba.
No campo da festa haberá carpa con calefacción.