Música

04/12/2024

A décima edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo rematará esta fin de semana cos concertos da galega Ángeles Dorrío Band, que será o venres, e dos estadounidenses Bridget Bazile New Orleans Gospel Choir, que actuarán o sábado. Nos dous casos o escenario é o auditorio municipal Hernán Naval e empezarán ás 20:00 horas. As entradas están á venda en ataquilla.com: https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/conciertos_blues2fjazz/616-auditorio-municipal-hernan-naval-/x3agrm33-x-festival-de-jazz-26-blues-de-ribadeo?fbclid=...

leer más
02/12/2024

O Conservatorio Profesional de Música de Viveiro celebra as primeiras Xornadas de Violonchelo do 4 ao 9 de decembro.

As actividades comezarán o mércores día 4 ás 19:00 horas cun concerto de violonchelo e piano en colaboración coa Asociación de Violonchelistas de Galicia.

O venres 6 ás 10:30 horas haberá un Obradoiro de iniciación ao violonchelo. Está pensado para nenos e nenas de 7 a 13 anos que queiran descubrir o violonchelo. A actividade é gratuíta, con prazas limitadas. É imprescindible inscribirse a través do teléfono 622.933.307 (chamada ou WhatsApp). E ás 12:00 horas terá lugar un concerto co grupo de violonchelos do CMUS de Viveiro.

As actividades rematarán o luns 9 ás 19:00 horas cun concerto de violonchelo e piano en colaboración coa Asociación de Violonchelistas de Galicia.

01/12/2024

A asociación mindoniense Sendeiriña organiza o II Concerto de Nadal Panxoliñas no Camiño o domingo 15 de decembro ás 19:00 horas na Catedral de Mondoñedo.

“Tras o éxito da Primeira Edición do Concerto de Nadal Panxoliñas no Camiño en 2023, temos o pracer de anunciar a segunda edición deste evento tan especial, organizado pola Asociación Sendeiriña en colaboración coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol. Contaremos coa participación da Coral Polifónica de Ribadeo e da Coral da Asociación Amigos del Camino de Santiago de la provincia de Lugo, que nos deleitarán cun repertorio de fermosas panxoliñas para celebrar estas datas tan sinaladas. Unha ocasión perfecta para gozar da música coral nun escenario único e máxico. Non volo perdades”, anuncia a asociación Sendeiriña, de Mondoñedo.

Etiquetas:
27/11/2024

O grupo británico JP Bimeni and The Black Belts actuará no décimo Festival de Jazz&Blues de Ribadeo este sábado, día 30 de novembro, ás 20:00 horas, no auditorio municipal Hernán Naval. As entradas están á venda en ataquilla.com: https://entradas.ataquilla.com/es/ventaentradas/conciertos_blues2fjazz/616-auditorio-municipal-hernan-naval-/x3agrm33-x-festival-de-jazz-26-blues-de-ribadeo?fbclid=IwY2xjawGz7stleHRuA2FlbQIxMAABHY11O9OtiiBwo0jM1qZ9YcAQJZYrRUX41POEdrE7GehhkeWIyo_nSuvPjw_aem_UzG1zgh5pqoFSoky_6-9qw

A promotora deste festival, Game Over...

leer más
Etiquetas:
27/11/2024

En Foz celebrarase un Festival de Nadal con concerto de panxoliñas o día 14 de decembro, sábado, ás 20:00 horas na igrexa parroquial da vila focega.

Este evento musical está organizado pola Coral Polifónica de Foz, que actuará xunto ao grupo local Mar Aberto.

26/11/2024

O Concello de Lourenzá conmemora este sábado, día 30 de novembro, o día contra violencia de xénero cun concerto pola igualdade titulado Las Sinsombrero, do cantautor Paco Damas, que estará acompañado de nove nenos e nenas de Lourenzá que lerán poemas das poetas da xeración do 27. Será no Multiusos Ponte de Cuñas ás 19:00 horas.

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que “con este concerto pretendemos dar visibilidade á muller na cultura e na educación e sobre todo defender a igualdade e a non violencia de xénero. Las Sinsombrero é un proxecto do compositor granadino Paco Damas, producido e arranxado por Ludovico Vagnone e Pepe Dougan. A actuación resume ese espírito de compromiso coa igualdade, a visibilidade da muller e a loita contra esa lacra da nosa sociedade que é a violencia de xénero. Este concerto forma...

leer más
25/11/2024

La acogida de la comunidad de Resurrection Fest EG vuelve a ser única. Tan sólo unas horas después de arrancar la venta general de abonos para la edición especial XX Aniversario, ya se han vendido el 80% de los todos los abonos disponibles del festival. 

El anuncio de Slipknot, KoRn y Judas Priest, a los que se sumarán próximamente numerosos artistas más, unido a la increíble respuesta del público, convertirán la edición XX Aniversario en la más épica de la historia del festival. 

Desde la organización agradecen el apoyo: “gracias por acompañarnos una vez más en Viveiro. ¡Empieza la cuenta atrás! Resurrection Fest Forever!”.

 

25/11/2024

A Banda de Música de Foz celebrará a patroa dos músicos, Santa Icía, con un concerto que será este sábado, día 30, de novembro, na Sala Bahía, ás 20:00 horas.

Para esta actuación a Banda de Foz contará con José García é Álvaro Fernández como artistas invitados.

22/11/2024

A Coral Polifónica de Ribadeo celebra a patroa da música, Santa Cilla, cun concerto na igrexa ribadense do convento de Santa Clara este domingo, día 24 de novembro, ás 13:00 horas.

Será unha actuación en lembranza do primeiro director da Coral Polifónica de Ribadeo, Carlos Álvarez Fernández-Cid, no 40º aniversario do seu pasamento.

Etiquetas:
20/11/2024

A asociación cultural Amigos da Troula organiza, en colaboración co Concello de Cervo, a sexta edición do Callo Fest, o venres 27 de decembro. Trátase dun festival máis que consolidado no panorama musical da Mariña nunhas datas tan sinaladas como o Nadal, que serve, tamén, como un ensaio das badaladas de fin de ano, explica o Concello de Cervo, que tamén anuncia que “o principal cabeza de cartel desta edición será o grupo Me Fritos And The Gimme Cheetos, un grupo que nace no ano 2016 para facer versións das mellores cancións a ritmo de punk-rock melódico, con moitas ganas de facer festa”.

O Concello de Cervo engade que “outro dos principais alicientes desta cita será o grupo portugués Foo Riders, tributo do mítico grupo americano de rock alternativo Foo Fighters, que interpretarán sobre o escenario temas clásicos da banda, que conta con...

leer más