Exposiciones
Os colexios vellos de San Miguel de Reinante (Barreiros) acollerán do 17 ao 31 de outubro unha exposición que recolle a actividade política e literaria de Castelao desde o ano 1934, cando firma os seus primeiros artigos no desterro estremeño, ata 1944, ano da publicación da primeira edición de Sempre en Galiza e da fundación do Consello de Galiza, goberno galego no exilio do que precisamente Castelao foi o primeiro presidente, anuncia o Concello de Barreiros.
A iniciativa forma parte do programa conmemorativo 75 cabodano de Castelao (1950-2025), do Museo Provincial de Lugo, e conta coa colaboración da Vicepresidenta da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.
A mostra poderá visitarse os luns, martes e mércores de 10:30 a 11:30 horas e os xoves de 12:00 a 13:00 horas.
... leer másDo 15 ao 31 de outubro poderá visitarse en Ribadeo a exposición fotográfica Tan coma ti, da asociación Down Lugo. A mostra estará exposta na Oficina de Turismo. O acto inaugural será o día 15, mércores, ás doce do mediodía.
“Trátase dun proxecto da Asociación Down Lugo que ten como obxectivo amosar a realidade actual das persoas coa síndrome de Down, rompendo estereotipos e reivindicando o seu papel activo e valioso na sociedade. Tan coma ti é unha exposición fotográfica inspirada na campaña homónima lanzada por Down España este 2025 con motivo da celebración do Día Mundial da Síndrome de Down o pasado 21 de marzo. Esta campaña busca sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de construír unha sociedade verdadeiramente inclusiva e desmontar estereotipos, amosando que as persoas coa síndrome de Down senten, pensan e...
leer másO complexo cultural RegalXunqueira, no municipio de Viveiro, acollerá a exposición de pintura contemporánea titulada “Conexiones”, de Costafreda, desde este venres, 3 de outubro, ata o 30 de novembro.
Costafreda naceu en París en 1959, é autodidacta e explica: “la Naturaleza es mi maestra día a día. He experimentado con diversos materiales y técnicas. He aprendido que la disciplina y observación son los mejores aliados para desarrollar tu propia obra. Mi atracción y dedicación con la pintura oriental zen me llevó a aprender en Madrid shodo (caligrafía) y sumi-e (pintura) de la mano de Norié -maestra calígrafa japonesa-. Me licencié en psicología en la U.A.M., especialidad en psicoanálisis infantil. Trabajé como terapeuta y monitora de preparación al parto compaginando con la pintura, hasta que abandoné para dedicarme en exclusivo al arte....
leer másO día 18 de setembro, xoves, ás 12:00 horas na Casa do Concello de Viveiro inaugúrase a exposición fotográfica titulada Misión: Afganistán, organizada pola Subdelegación de Defensa en colaboración co Concello. Estará aberta ao público ata o 28 de setembro.
“Un percorrido a través de 30 imaxes, paneis informativos, uniformes e material que amosan o traballo das Forzas Armadas españolas en Afganistán entre 2001 e 2014: asistencia sanitaria, seguridade, loxística, relación co pobo afgán; e, sobre todo, o compromiso coa paz e a seguridade”, anuncia o Concello de Viveiro.
A entrada é libre e poderá visitarse de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.
A Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro continúa coa aposta pola difusión do patrimonio relixioso e cultural da vila cun novo proxecto artístico: un mural de gran formato que se situará na contorna da Avenida de Lourdes. A obra estará dedicada á figura do Cristo da Agonía, un dos símbolos centrais da Semana Santa viveirense, declarada Festa de Interese Turístico Internacional.
O mural será realizado por Dani Caxete, muralista e fotógrafo galego afincado en Madrid cuxa traxectoria foi recoñecida en varios países. “O seu estilo caracterízase pola forza expresiva e a profundidade simbólica e encaixa á perfección co espírito da Semana Santa de Viveiro”, explica o Concello.
A alcaldesa, Mariña Gueimunde, destaca que “este proxecto é unha mostra máis de como tradición e arte poden unirse para reforzar a nosa...
leer másA Sala de Exposicións do Campo de San Francisco, en Ribadeo, acollerá entre os días 1 e 12 de setembro, unha mostra de pirogravados do artista Antonio Martínez “Pimpelo”, baixo a temática do mundo natural.
A exposición amosa unha coidada selección de obras realizadas coa técnica do pirogravado para dar vida a escenas inspiradas no mundo natural.
Os horarios de visita serán de 11:30 a 13:30 horas pola mañá e de 18:00 a 20:30 horas pola tarde.
A mostra ofrece unha oportunidade única para achegarse á obra deste creador e gozar dunha expresión artística enriquecedora.
A Casa da Cultura de San Ciprián, no concello de Cervo, acollerá unha exposición de pinturas de Xosé López Losada (Xolo) desde este mércores, día 20 de agosto, ata o 30 de setembro.
“O artista Xosé López Losada (Xolo) tráenos unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade. Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Non te perdas a inauguración: mércores 20 de agosto ás 17:30 horas, na Casa da Cultura (San Ciprián). Ven e goza da arte tanto como Xolo o fixo ao creala”, anuncia o Concello de Cervo.
E Xosé López Losada explica: “nacín en Ourol o 8 de abril de 1967. A arte é toda a miña vida. Comeza a miña carreira artística aos 5 anos. Aos 8 anos merco as primeiras acuarelas e fago unha copia dunha obra de Velázquez.
En...
leer másEl artista madrileño Luís Miguel Gallego Blázquez expone una serie de sus pinturas en Ribadeo desde este martes, día 12 de agosto, hasta el 22 de este mes.
El Ayuntamiento de Ribadeo anuncia que la muestra estará en la Casa do Viejo Pancho y podrá visitarse de 19:00 a 21:00 horas.
Coincidindo coas festas patronais, o Concello de Trabada organiza os días 15 e 16 de agosto, venres e sábado, unhas xornadas de portas abertas no Museo Etnográfico Xosé Rocha de 18:30 a 20:30 horas.
O Concello de Trabada anuncia que “durante ambas tardes a veciñanza e visitantes poderán achegarse a este espazo dedicado á memoria colectiva e ao patrimonio cultural de Trabada. Ademais ás 18:30 horas de cada día haberá visitas guiadas, nas que se explicará o contido das exposicións e o valor histórico dos obxectos recollidos no museo. Estas xornadas supoñen tamén unha homenaxe ao legado e á memoria de Xosé Rocha, figura clave para a recuperación e preservación da historia local a través do seu traballo como recompilador e divulgador da cultura popular”.
O alcalde de Trabada, Rubén García, sinalou que “o Museo...
leer másRibadeo acolle dúas exposicións de pintura desde este venres, 1 de agosto, ata o día 10 dese mes. Son dos artistas Nenó Selá e López Castro.
A mostra con obras de Nenó Sela titúlase Paisaxes de Ribadeo: Cen anos de Historia e poderá visitarse na sala de exposicións da Casa de El Viejo Pancho desde 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00.
E a mostra de pinturas de López Castro, titulada O encuadre da ría, estará na sala de exposicións do Campo de San Francisco e abrirá ao público de 18:00 a 21:00 horas.
 
        











