Eventos

Etiquetas:
16/03/2023

As festas patronais de Burela celebraranse do 2 ao 5 de xuño. A comisión organizadora comeza coa recollida de donativos. 

A concelleira de Festexos e presidenta da comisión organizadora, Toñi Eijo, explicou que “a comisión organizadora das festas patronais de Burela comeza a recollida de donativos. Ademais dos hostaleiros e comerciantes, esperamos contar coa colaboración da veciñanza, o que lles agradeceríamos porque se non é así hai actividades que non poderemos facer. Temos unha conta aberta en Abanca para recoller as achegas dos particulares. Agradecemos todos os donativos, de calquera cantidade de diñeiro, porque supoñen unha axuda para a recadación que necesitamos para poder incluír na programación todas as actividades que queremos organizar e non ter que suprimir algunhas por non dispoñer orzamento suficiente”.

... leer más
Etiquetas:
16/03/2023

A Delegación de Turismo do Concello de Foz puxo en marcha un proxecto de cartografía e dixitalización integral e contido multimedia “moi ambicioso, que contempla diversos traballos dentro da aposta incondicional do Concello de Foz polo uso das novas tecnoloxías e posta en valor do territorio”. 

O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que “por outra parte estase a elaborar un repositorio de recursos turísticos coa identificación e xeoreferenciación de diversos elementos de interese turístico ou paneis informativos coa incorporación a portal web de consulta (Mapbox) e deseño de plantillas e macros para a creación de mapas pola Oficina de Turismo. Desta forma podemos ter identificados todos os recursos do concello, ir incorporando novos e traballar sobre mapas identificando aqueles segundo as necesidades do momento; por exemplo...

leer más
Etiquetas:
15/03/2023

Esta fin de semana seguen as experiencias de turismo slow da Mariña Lucense. Deron comezo o pasado 11 de marzo e prolongaranse ata o 23 de abril. O de 18 de marzo recalarán en Cervo e en Foz. Dito programa de actividades está organizado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. 

O vindeiro sábado, 18 de marzo, terá lugar un brunch con degustación de marmeladas en A Morena, un obradoiro situado en Sargadelos (Cervo), que elabora marmeladas artesanais elaboradas con ingredientes ecolóxicos e de primeira calidade. E ese mesmo día Os Tres Teixos en San Acisclo (Foz) ofrece unha estancia especial para recibir e celebrar o Equinoccio de primavera cun programa de actividades compartidas coma mindfulness, yoga, danza ou paseos conscientes. 

As experiencias de Turismo Slow continuarán o 25 de marzo con dúas...

leer más
Etiquetas:
15/03/2023
Correos presentó hoy en Viveiro un sello dedicado a Maruja Mallo, una de las mayores exponentes del cubismo y el surrealismo en España.La emisión de este sello se incluye dentro de la serie Mujeres en el arte y pertenece a la colección de #8MTodoElAño, dedicada a mujeres emblemáticas en la lucha por la igualdad. 
 
A la presentación, celebrada en el ayuntamiento de Viveiro, asistieron la alcaldesa de Viveiro,María Loureiro; la concejala de Cultura,Lara Fernández; el cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo,y la directora de Filatelia de Correos, Leíre Díez.
 
Maruja Mallo, nacida en Viveiro en 1902, fue una de las mayores exponentes del cubismo y el surrealismo en España, desarrollando su obra junto a otros creadores como Lorca, Dalí, Neruda,...
leer más
Etiquetas:
14/03/2023

Este domingo, día 19 de marzo, celebrarase en Xove a XXIV edición da ruta cabalar que organiza a asociación equina A Medela coa colaboración do Concello de Xove.

O percorrido empezará ás 10:00 horas desde o campo da igrexa de Sumoas, no medio da ruta por fermosas paisaxes do municipio de Xove haberá pinchos para os participantes e ao rematar terá lugar un xantar na carpa situada no campo da igrexa de Sumoas, comida que estará amenizada por un grupo musical. Tamén se fará un sorteo de agasallos entre os asistentes.

O prezo é de 28 euros por persoa e o prazo de inscrición para participar está aberto ata este xoves, 16 de marzo.

 

11/03/2023

Desde a Concellería de Cultura infórmase de que o prazo de inscrición de postos para participar no Mercado de Primavera remata o próximo 15 de marzo. 

As bases que rexen a participación no devandito mercado están a disposición de todos/as interesados/as na web do Concello do Valadouro e na sede electrónica. 

Para calquera dúbida poden chamar ao teléfono 982 57 15 16 en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

 

Etiquetas:
10/03/2023

Á Área de Turismo pon en marcha unha nova iniciativa baseada no turismo xeolóxico de inverno. Trátase de Mareas Vivas nas Catedrais. Haberá tres días ao mes para realizar visitas guiadas ao areal da man dun xeólogo experto. As primeiras datas serán o 20, 21 e 22 de marzo e 19, 20 e 21 de abril, segundo deu a coñecer hoxe o concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso. 

O edil ribadense explicou que “desde a Área de Turismo do Concello de Ribadeo, presentamos una nova iniciativa Mareas Vivas nas Catedrais,  baseada no turismo xeolóxico de inverno e coa que buscamos mostrar a importancia do monumento natural praia das Catedrais nos mellores momentos do ano, cadrando coas mareas vivas”.

Pablo Vizoso subliñou que “este monumento natural praia das Catedrais representa unha das marabillas xeolóxicas máis...

leer más
Etiquetas:
09/03/2023

Esta fin de semana arrinca unha nova edición das experiencias de turismo slow da Mariña Lucense. Do 11 de marzo ao 23 de abril desenvolveranse oito xornadas, que terán lugar en Ourol, A Pontenova, Cervo, Foz, Xove, Ribadeo e Viveiro. 

O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, lembra que “o Turismo Slow Norte de Galicia é un proxecto colaborativo posto en marcha no ano 2015 polas Mancomunidades de Concellos da Mariña Lucense e Ferrolterra – Rías Altas, coa intención de promover un turismo sostible, é dicir, respectuoso coa natureza, coa xente que vive no territorio, coas empresas e traballadores do sector turístico. Así, con esta filosofía, que hoxe en día xa é tendencia, foise desenvolvendo un proxecto escaparate da oferta de ambos xeodestinos para dar resposta ao perfil do turista que escapa das masificacións e que está cada vez máis...

leer más
Etiquetas:
09/03/2023

As actividades contan coa organización da delegación de Muller e Igualdade, que dirixe Pilar Armada, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade de Cervo.

Este venres, Tito Rober amenizará a tarde a partir das 19:30 horas cun divertido monólogo no Auditorio da Casa da Cultura e a xornada rematará coa presentación do reportaxe “As mulleres de Cervo”, unha homenaxe en forma de vídeo ao incesante traballo de varias das mulleres do municipio.

O sábado 11 terá lugar a xa tradicional cea do Día Internacional da Muller, no restaurante O Noso Lar ás 22:00 horas. Na cea farase entrega dos trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que se están a xogar dende o mes de xaneiro, así...

leer más
Etiquetas:
09/03/2023

O día 18 deste mes, sábado, ás 21:30 horas celebrarase a sexta edición da Festa dos Pepes en Foz. Recupérase así este evento, que non se celebrou durante a pandemia de Covid, e nesta ocasión ocúpanse da organización María José Naray e Josefa de Portela.

Este festexo, que foi creado por iniciativa de José Ramón Vila, celebrase en cada edición nun establecemento hostaleiro de Foz distinto e moitos dos participantes son Josés, Josefas, Pepes e Pepitas do municipio focego pero habitualmente tamén conta con asistentes doutras localidades da Mariña. Na edición anterior congregáronse medio centenar de persoas.

Nesta ocasión terá lugar no restaurante Barrilete e haberá cea, sorteos, contos e algunha sorpresa, como anuncia a organización.

O prezo por persoa é de 35 euros e para participar hai que...

leer más