Eventos

Etiquetas:
02/03/2023

Dende a Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración realizará unha serie de actividades de sensibilización para nenos e nenas e uns concursos de lemas e debuxo para conmemorar o Día internacional para a Eliminación da Discriminación Racial, que se celebra o vindeiro 21 de marzo.

A concelleira de Integración, Noelia Mª Ben, contou que “organizaremos unha nova edición da Ocainmigrante para o alumnado de 3º de Primaria dos Ceips municipais, Ceip Virxe do Carme e Ceip Vista Alegre, coa colaboración da aula de Medio Ambiente Gaia. Serán os días 23 e 24 de marzo. Con esta actividade preténdese sensibilizar aos máis novos sobre esta temática e ensinarlles a ver o mundo dende outra perspectiva, así como facelos conscientes das necesidades existentes no mundo que nos rodea. Mediante distintas probas van coñecendo aspectos como o racismo,...

leer más
02/03/2023

Gandeirías de Barreiros, Muras, Lourenzá, Valadouro e do Occidente asturiano participarán na Feira de San Rosendo, que se celebra esta fin de semana en San Miguel de Reinante, en Barreiros. 

A área de Medio Rural da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros colaboran coa comisión organizadora desta feira tradicional que terá o seu día grande o domingo, co mercado gandeiro e vinte postos de artesanía e produtos agrogandeiros na Praza de San Miguel.

A apertura do mercado iniciará unha xornada na que, ademais da entrega de 2000 euros en premios aos mellores exemplares e lotes, acollerá outras actividades paralelas ligadas ao mundo do cabalo, como un certame morfolóxico, organizado por Puraga, que puntúa para o campionato galego, e unha xincana de xogos ecuestres, que conta coa colaboración de Xinetes de Remourelle...

leer más
Etiquetas:
01/03/2023

A concelleira de Muller e Igualdade, Noelia Mª Ben, presentou hoxe as actividades organizadas para conmemorar o Día Internacional da Muller. A próxima semana haberá unha exposición, a iluminación da fachada da Casa do Concello de cor violeta, lectura de manifesto, unha charla e unha representación teatral. 

A edil burelesa explicou que “o primeiro que faremos será iluminar de violeta a fachada da Casa do Concello. O luns, día 6, ás sete da tarde na Casa da Cultura será a inauguración da exposición dos traballos realizados por mulleres  nos cursos de tempo libre. Esa mostra poderá visitarse ata o venres en horario de 11 a 13 horas polas mañás e de 18 a 20 horas polas tardes. O martes ás 12 do mediodía no auditorio da Casa da Cultura teremos unha mesa redonda con mulleres da Garda Civil, que nos relatarán a súa experiencia profesional. Esta...

leer más
Etiquetas:
01/03/2023

O Concello de Barreiros encherá de cor as árbores e demais mobiliario urbano  da súa praza para conmemorar o 8 de marzo, día internacional das mulleres. 

A iniciativa promovida desde a administración local consistirá  en “ vestir” unha das árbores situada na Praza do Concello e parte dos enseres urbanos con pezas tecidas principalmente polas mulleres barreirenses  que, de xeito interxeracional,  colaborarán entre si para lograr o obxectivo común de embelecer  e humanizar os espazos públicos.

A concelleira de igualdade, Montse Porteiro, explica que “esta actividades está enmarcada dentro do programa  + Igualdade Barreiros e pretende facer das nosas prazas e espazos públicos lugares máis cálidos e acolledores, enchelos de vida e ao mesmo tempo conmemorar este día poñendo no centro ás mulleres.” Segundo explica...

leer más
28/02/2023

A Concellería de Cultura ultima os detalles do XVII Mercado de Primavera que se celebrará o 25 de marzo. 

Desde o Concello sinalan: “queda un mes... moi pouco tempo para o gran evento que levas esperando todo o ano: O Mercado de Primavera no Valadouro!!! Anímate, vai preparando as zocas, a indumentaria e as gañas de pasalo ben. Esperámoste o sábado 25 de marzo”.

O mercado, a tradición e a música serán os protagonistas da xornada. 

Etiquetas:
27/02/2023

A Delegación de Servizos Sociais do Concello de Foz organiza a comida anual dos maiores para o día 11 de marzo, sábado, na Sala Bahía. 

A concelleira Ana Rojo anuncia que “un ano máis o Concello de Foz organiza a comida dos nosos maiores. Dende Área de Servizos Sociais volvemos cos preparativos para levar a cabo esta xuntanza tan esperada. Poderán disfrutar dunha comida totalmente gratuíta á vez que especial, onde os verdadeiros e únicos protagonistas son eles. Deixamos atrás anos duros de pandemia con restricións, prohibicións, separacións e protocolos de actuación. Agora toca volver xuntarnos e relacionarnos de maneira normal e tan ansiada por todos, especialmente polas persoas maiores. Lembramos que eles foron os grandes prexudicados por ese virus tan letal, afectándolles en gran medida na súa saúde e facéndoos vulnerables, dadas as...

leer más
27/02/2023

A Xunta de Galicia impulsa a posta en marcha do festival Mil primaveras, unha proposta arredor do universo creativo e o escenario vital do escritor Álvaro Cunqueiro, que se celebrará o sábado 11 de marzo en Mondoñedo. Trátase, ademais, dunha das 14 iniciativas subvencionadas pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través do programa Territorio Cultura para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas.

A presentación tivo lugar hoxe na Delegación Territorial de Lugo e contou coa participación do delegado territorial, Javier Arias; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil; a xefa do Servizo de Coordinación Cultural de Lugo, Ana Mel; o concelleiro de Cultura de Mondoñedo, Alberto García; e Irene Sineiro e Xosé Aldea en representación de Ouvirmos.

A...

leer más
Etiquetas:
25/02/2023

O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM), celebra o próximo 11 de marzo a tradicional Cea-Baile de Irmandade con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller.

Esta iniciativa, que se viña celebrando dende os últimos 17 anos, pero que foi suspendida nas últimas dúas edicións por mor da pandemia, supón un punto de encontro entre as mulleres de Viveiro fomentando as relacións sociais e o seu tempo de lecer.

“Esta cea supón un acto de unión e de solidariedade entre as mulleres de Viveiro”, subliña a alcaldesa, María Loureiro.

“Cremos que é moi importante celebrar esta Cea-Baile. Dende a Concellería da Muller vémolo como un paso importante para estar unidas e loitando porque se faga xustiza por un mundo realmente igualitario...

leer más
24/02/2023

O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, participou este venres na Cidade da Cultura de Santiago no acto de presentación do programa do Día das Letras Galegas 2023, que chega á 60 edición rendéndolle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego, natural de Lourenzá. 

A Deputación de Lugo colaborará co Concello de Lourenzá para a posta en marcha dun completo programa que inclúe no seu conxunto máis dun cento de actividades e accións que servirán para dar a coñecer e poñer en valor a vida e obra do homenaxeado. As iniciativas desenvolveranse ao longo de todo ano, con especial atención no propio Día das Letras Galegas 2023, o17 de maio. 

Etiquetas:
24/02/2023

O Concello de Cervo prepara unha axenda cargada de eventos para celebrar o Día Internacional da Muller a fin de semana do 10, 11 e 12 de marzo.

As actividades contan coa organización da delegación de Muller e Igualdade, que dirixe Pilar Armada, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade de Cervo.

O venres, día 10 de marzo, Tito Rober amenizará a tarde a partir das 19:30 horas cun divertido monólogo no Auditorio da Casa da Cultura e a xornada rematará coa presentación do reportaxe “As mulleres de Cervo”, unha homenaxe en forma de vídeo ao incesante traballo de varias das mulleres do municipio.

O sábado 11 terá lugar a xa tradicional cea do Día Internacional...

leer más