Eventos
As Concellarías de Igualdade, Ensino e Mocidade organizan actividades de verán para a rapazada. Trátase de campamentos urbanos, Aventura en Igualdade e o III Orienta Ribadeo.
A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, e máis o concelleiro de Mocidade, David Rivas, comentaron que “a programación de verán é unha iniciativa para que a mocidade ribadense empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc, e un recurso de conciliación da vida familiar e laboral”.
Freire Rancaño sinalou que “mantemos os campamentos urbanos durante o mes de xullo, Orienta Ribadeo no mes de setembro e como novidade recuperamos a oferta de anos anteriores, ofrecendo fóra do municipio, o campamento Aventura en Igualdade, dirixido a rapaces e...
leer másO Concello de Foz conmemora o 25 aniversario da emisora de radio municipal, que se cumpre neste mes de abril. Con este motivo Radio Foz estrea imaxe e emitirá un programa especial en directo este sábado, día 15, a partir das 11:30 horas desde a Festa do Berberecho, concretamente na carpa que se instala no peirao para este evento gastronómico.
A emisora de radio municipal de Foz foi posta en funcionamento polo Concello en 1998 por iniciativa do alcalde e do concelleiro de Cultura, José María García Rivera e Xaime Cancio Rodríguez, para que os veciños e veciñas da vila e das parroquias do concello tiveran información de primeira man sobre a actividade municipal e doutras novas de interese para os focegos.
Ademais de informativos, durante estes 25 anos en Radio Foz emitíronse programas culturais, sobre a emigración...
leer másVeciñas e veciños de seis concellos da provincia participarán esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son en total preto de 140 persoas dos municipios de Outeiro de Rei, Riotorto, Foz, Pol, Samos e Ribas de Sil as que, dende este mércores e ata o venres, percorrerán o territorio lucense con estas viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o turismo de proximidade.
Este mércores, a Asociación Sociocultural e Veciñal A Costoña de Vicinte, de Outeiro de Rei, e a de Pais de alumnos do CEIP de Riotorto, viaxan á Mariña e á Ribeira Sacra. Os primeiros comezaron a súa ruta no Pazo de San Marcos, onde o grupo foi recibido por PabloRivera, Deputado de Promoción Económica e Social, antes de continuar cara Trabada, onde visitan o Museo Etnográfico...
leer másVilanova de Lourenzá acollerá os días 22 e 23 deste mes, sábado e domingo, unhas xornadas para achegar a figura de Francisco Fernández del Riego á xente nova. Están organizadas pola Mesa Coordinadora Don Paco, polas Escolas Deportivas Lourenzá e polo Concello e na presentación participaron representantes destas entidades.
A presidenta da Mesa Coordinadora Don Paco e alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explicou: “estas xornadas, que organizamos os días 22 e 23 de abril, son outras das moitas actividades que están enmarcadas dentro dese calendario de actos do ano dedicado a Francisco Fernández del Riego. Nesta ocasión trátase dunha serie de eventos que van destinados á xuventude e que están moi ligados co deporte. Están organizados pola Mesa Coordinadora Don Paco e polas Escolas Deportivas do Concello e agardamos achegar a figura de...
leer másA parroquia de San Isidoro de Monte, no municipio de Xove, celebrará as súas festas patronais os día 15 e 16 de abril, sábado e domingo.
As actividades dos festexos comezarán o sábado 15 ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú co dúo Belinda. E ás 15:00 horas empezará un xantar, que se celebrará nunha carpa totalmente pechada e para participar hai que inscribirse previamente a través do teléfono 646.647.619. A partir das 17:00 actuarán o dúo Belinda e Tania Veiras e haberá concurso de bailes con trofeos para as tres mellores parellas de pasodoble e para a mellor parella de bachata.
Para o domingo 16 a partir das 10:00 horas está programada unha xuntanza cabalar e unha ruta de sendeirismo. Posteriormente haberá un xantar, no que hai que apuntarse previamente a través do...
leer másO prazo para anotarse permanecerá aberto ata o 20 de abril de 2023.
Os lugares para formalizar a inscrición son a Casa do Concello, en Cervo; e a Casa da Cultura, en San Ciprián
Ademais, xa se empezaron a desputar na Casa do Mar as partidas do Campionato de Tute e Parchís que reúne a unha vintena de parellas. Os premios entregaranse o mesmo Día do Xubilado.
Tras a Semana Santa o vindeiro 15 de abril volven as experiencias de Turismo Slow da Mariña Lucense. A nova edición desta iniciativa da Mancomunidade deu comezo o pasado 11 de marzo e rematará o 23 de abril. En total son oito xornadas, que tiveron e terán lugar en Ourol, A Pontenova, Cervo, Foz, Xove, Ribadeo e Viveiro.
Desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense lembran que “o Turismo Slow Norte de Galicia é un proxecto colaborativo posto en marcha no ano 2015 polas Mancomunidades de Concellos da Mariña Lucense e Ferrolterra – Rías Altas, coa intención de promover un turismo sostible, é dicir, respectuoso coa natureza, coa xente que vive no territorio, coas empresas e traballadores do sector turístico. Así, con esta filosofía, que hoxe en día xa é tendencia, foise desenvolvendo un proxecto escaparate da oferta de ambos...
leer másLlega a Burela el espectáculo de magia más esperado...The Magic Show, un tributo al mago más famoso de la saga cinematográfica!
La magia y los hechizos del mejor mago del mundo los podrás disfrutar en directo, el próximo 10 de junio en la Casa da Cultura de Burela.
Única función a las 18:00 horas. Precio de las entradas: 12 euros más gastos de distribución.
A la venta en: https://www.woutick.es/evento/24852/entradas-the-magic-show-harry-potter...
The Magic Show Tributo a Harry Potter es un espectáculo familiar, mágico y divertido para pequeños y grandes! Tendrás que verlo para poder creerlo...
O vindeiro luns, 10 de abril, terá lugar a Romaría de Santo Estevo do Ermo, que organiza a asociación cultural Camiñantes e Camiños de Barreiros coa colaboración de Barreiros Mar e Monte e o CF Celta.
As actividades programadas darán comezo ás 10:30 horas cunha ruta polo entorno de Santo Estevo. Á unha do mediodía haberá unha misa cantada e procesión. Para as dúas da tarde está previsto o xantar e a partir das 17:00 horas haberá xogos.
O presidente de Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, anima “a veciñanza a participar nesta xornada na honra de San Estevo do Ermo na que combinaremos a andaina, o xantar de confraternidade e os xogos co aspecto relixioso, xa que estamos a falar do Luns de Pascua”.