Eventos
Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 18 de setembro unha saída ata o concello das Pontes para coñecermos a súa historia e mailo seu patrimonio. Pola mañá, visitarase a exposición arqueolóxica “Man a man”, continuará cun percorrido pola historia medieval deste concello e rematará coa visita ao Museo Etnográfico Monte Caxado. Tras unha pausa para o xantar, reanudaranse as actividades da tarde achegando aos asistentes á historia industrial das Pontes. As diferentes visitas serán guiadas e dos pormenores da actividade informarase con máis detalle proximamente.
No caso de que haxa un número suficiente de persoas, o desprazamento realizarase en bus e reservarase o xantar polo que as interesadas deberán poñerse en contacto coa asociación canto antes, con límite ata o 14 de setembro. Para anotarse enviarase un correo a...
leer másLos centros Kids&Us se han unido en una iniciativa única para ofrecer de forma simultánea el próximo 17 de septiembre Babies y Kids Experiences para bebés y niños de 1 a 7 años.
La directora de Kids&Us Ribadeo, Laura López Figueroa, explica que “esta iniciativa, conocida como Demo Day, se dirige a todas aquellas familias con niños de 1 a 7 años que quieran descubrir en profundidad y en primera persona el método Natural English. En esta jornada única y exclusiva, el profesorado del centro Kids&Us Ribadeo impartirá una sesión demostrativa de entre 30 y 45 minutos en la que las familias también estarán presentes. De este modo podrán comprobar la eficacia de un método único de aprendizaje de inglés que ya cuenta con más de 150.000 alumnos en el mundo en 9 países”.
Las plazas para el Demo Day son limitadas...
leer másMañá venres, 9 de setembro, ás 20:30 horas no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo, terá lugar a gran gala final da VIII edición de Mamá Quero Cantar.
Este ano coa participación de 12 rapaces e rapazas que agardan con ilusión ofrecer un marabilloso espectáculo. A entrada será libre e gratuíta.
A Caravela Vera Cruz, unha réplica das carabelas portuguesas dos séculos XV e XVI, partiu de Lisboa o 25 de agosto rumbo a Guetaria, co obxectivo de participar no 500 aniversario da primeira volta ao mundo, que finalizou o 6 de setembro de 1522 en Sevilla, por parte de Juan Sebastian Elcano e Fernando de Magallanes. Durante súa singladura ata Guetaria, a Vera Cruz realizou unha parada técnica no porto de Celeiro o 28 de agosto.
Como xa estaba previsto, despois dos actos que tiveron lugar na localidade vasca, no seu regreso a Lisboa, a Caravela Vera Cruz realizará unha nova parada en Viveiro. A previsión é que saia de Guetaria esta mesma tarde e que chegue ao porto de Celeiro no atardecer do venres, quedando atracada no peirao norte de Celeiro.
A embarcación poderá visitarse gratuitamente ao longo da xornada do...
leer másA delegación de Turismo do Concello de Burela informa de que continúan as visitas guiadas arredor do patrimonio mariñeiro da vila durante este mes de setembro e fai unha valoración moi positiva dos datos que deixaron os meses de xullo e agosto.
A aposta pola promoción turística nun dos portos máis importantes do Cantábrico e do país responde á necesidade de dar a coñecer e poñer en valor os oficios tradicionais e artesanais ligados ao porto. A través destas visitas que tiveron un gran éxito ao longo de todo o verán ofrécese a posibilidade a moitos dos visitantes que chegan a Burela de mergullarse nas entrañas da zona portuaria e no seu funcionamento e actividade.
Tanto é así que nos meses de xullo e agosto a Oficina de Turismo ofreceu información a un total de 6.197 visitantes, incrementándose respecto ao ano...
leer másO Concello de Foz está a crear un punto de estudo e consulta sobre o románico no centro de interpretación da Basílica de San Martiño. O concelleiro de Turismo, Chema Linares, explica que “se trata dun pequeno espazo onde calquera que teña interese poida consultar distintas obras sobre o románico. E este é o lugar perfecto para a súa ubicación, tendo unha xoia do románico como é a Basílica”.
Chema Linares engade que o obxectivo “é ter un fondo bibliográfico sobre o románico en xeral e sobre o de San Martiño en particular. Trataremos de recompilar todo o material que poidamos: libros, tratados, escritos, revistas, etcétera; en definitiva, publicacións varias sobre á temática do románico. Xa se están pedindo fondos á distintos organismos e institucións como a Deputación, Estudios Mindonienses, etcétera, e estamos abertos a todo tipo de...
leer másConcluíron as obras de reforma das instalacións da nave do recinto feiral para a construción dun local multituosos denominado Ponte de Cuñas. O custe desta actuación foi de 262.000 euros, financiada con cargo ao remanente de Tesourería municipal. Será inaugurado este sábado, 10 de setembro, ás 19:30 horas e ás 20:00 horas actuará Purofilin co seu espectáculo titulado De Machín a la Nueva Trova.
A alcaldesa, Rocío López, explicou que “ó logo dos anos vimos dándonos conta de que Lourenzá necesitaba un local multiusos onde poder realizar moitas das actividades que tiñan lugar no municipio. Ata agora contábamos cun Salón de Actos non moi grande e dotado de butacas, o que dificulta poder realizar nel moitos dos eventos que teñen lugar no concello. A creación dun local multiusos onde poder desenvolver moitas das actividades que se veñen...
leer másChega a segunda edición de SetembroXNatural, que ten como obxectivo ofrecer un destino vacacional tranquilo e con encanto, no que gozar de diversas propostas en escenarios naturais. A programación foi presentada polo concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, acompañado das edís de Obras e de Cultura, Mónica Freire e Pilar Otero, e pola técnica de Turismo, Begoña García.
O edil ribadense contou que “o Concello de Ribadeo pon en marcha a segunda edición de SetembroXNatural, que ten como obxectivo ofrecer un destino vacacional tranquilo e con encanto, no que gozar de diversas propostas en fermosos entornos naturais como a ría de Ribadeo, a rasa costeira, as praias, etc, a través de distintas iniciativas coas que se pretende desestacionalizar o turismo e favorecer que a tempada alta se alongue”.
Pablo Vizoso explicou...
leer másA celebración será na segunda fin de semana de setembro
O Concello de Viveiro, xunto a Comisión de Festas, presentou o programa das festas de Xunqueira, na honra de Nosa Señora de Valdeflores.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o primeiro tenente de alcalde, Jesús Fernández, acompañaron ao único integrante da comisión de festas na presentación, Jacobo Otero Regal. Dende o Concello de Viveiro agradecen a Jacobo o seu esforzo, xa que decidiu asumir a organización das festas malia ser a única persoa presente na comisión.
As festas celebraranse os días 9, 10 e 11 de setembro, incluíndo verbena, sesión vermú, festa dos callos, así como festa da espuma e toro mecánico, entre outras actividades.
O Valadouro volve a celebrar as Festas do Oito, as súas patronais na honra da Nosa Señora. Aínda que os días grandes sexan do 8 ao 11 de setembro, a programación cultural comezará unha semana antes con diversas actividades culturais.
O 2 de setembro ás 21:30 horas, farase ZumVAL, unha exhibición de zumba dun grupo de veciños e amigos de Alfoz e O Valadouro, na Praza Santa María de Ferreira. Tamén nesta praza o 3 de setembro as 19:00 horas terá lugar a XXXII Mostra Folclórica do Valadouro. Nela actuarán o Rancho Folclórico de Santa Eulalia de Cabanelas, de Portugal, a A.C A Legua Dereita, de O Corgo, e a A.C Amado Lar, de O Valadouro.
Do 4 ao 7 de setembro farase a XXXVI Semana do Teatro Afeccionado. O domingo 4 A Adala Grupo de Teatro (Fazouro) interpretará a obra “Vivan os noivos”. O 5 de setembro o Grupo de...
leer más