Eventos
O Concello de Viveiro presentará a súa Semana Santa e o Camiño do Mar no mes de novembro en Londres.
O Concello de Viveiro ven de dar un importante paso a nivel internacional no seu labor de promoción da Semana Santa e o Camiño do Mar por todo o mundo.
Gracias ao esforzo e o constante traballo realizado dende a concellería de Turismo e pola súa concelleira, Marisol Rey, os contactos que se iniciaron hai tempo coa Confraternidad de Saint James para levar a cabo unha presentación que promocione ambos recursos no Reino Unido xa ten data.
Deste xeito, o sábado 18 de novembro de 2023 será unha xornada especial para dar un novo pulo turístico a Viveiro, pois será o día no que a Semana Santa de Viveiro e o Camiño do Mar acaparen o protagonismo desta prestixiosa organización que traballa na promoción do Camiño de Santiago dende hai máis de 40 anos.
“É un paso adiante importantísimo para Viveiro...
leer másO sábado 3 de xuño celebrarase na Pontenova a súa sexta Foliada.
As actividades comezarán ás 11:00 horas cunha aproximación aos bailes da Fonsagrada a cargo de Adrián Méndez.
Ás 13:00 horas actuarán os gaiteiros da zona Desiderio, Nela, Modesto e amigos e despois o cuarteto Ponte da Pedra.
Despois da comida ás 17:00 horas haberá xogos tradicionais e despois actuación infantil de maxia e globoflexia a cargo de Ian Richard Hamilton.
Ás 19:30 horas actuarán A Chocolateira e un grupo de gaitas de A Pastoriza e a partir das 22:00 horas tocará o grupo Tanto nos ten.
O vindeiro 30 de maio o Concello de Trabada recupera a Feira de San Fernando.
A programación para esta xornada será a seguinte:
- Ás 12:00 horas misa na Capela de San Fernando en Valboa.
- Dende as 12:00 horas exposición de gando.
- Ás 14:00 horas comida campestre servida polo Catering Chao dos Navais. A venta dos tickets será ata o 21 de maio nos locais de hostalería do Concello.
Toda a xornada estará amenizada polo Cuarteto Illa Pancha.
Desde o Concello sinalan: “agardámosvos a todos e a todas para desfrutar desta feira que durante moitos anos serviu de encontro de veciños e veciñas de diferentes parroquias do noso concello e tamén de concellos limítrofes”.
Preto de 140 integrantes de seis asociacións participan esta semana no programa Coñece a túa provincia, a terceira edición dunha iniciativa de viaxes gratuítas organizada pola Deputación de Lugo. Este martes, o xoves e o venres, veciñanza de Antas de Ulla, Meira, Guntín, A Fonsagrada, Begonte e Portomarín visitarán o patrimonio natural e cultural das comarcas da Mariña e a Ribeira Sacra.
A Asociación de Amas de Casa Dorra-Senande, de Antas de Ulla, e a Asociación Cultural Airiños do Miño, de Meira, son as primeiras entidades en viaxar esta semana. O colectivo ulloán fixo a primeira parada no Pazo de San Marcos e despois puxo rumbo ao concello de Cervo, onde visitou a Fábrica de Sargadelos ou a vila de San Cibrao. Os de Meira visitaron o Centro de Interpretación Terras do Miño para, posteriormente, desprazarse a Taboada e Chantada, onde...
leer másCervo celebra as Letras Galegas con varias actividades os días 17 e 19 de maio.
Mañá, día 17, ás 12 do mediodía na Praza do Souto terá lugar unha lectura da viva e obra de Francisco Fernández del Riego; despois actuará o grupo Cordenaia; e haberá a representación teatral de “Asdomare”, a cargo de Rilo & Penadique. Estas actividades están organizadas por Airiños do Xunto coa colaboración do Concello de Cervo.
Xa pola tarde ás 18:00 horas na Escola de Rúa actuarán os Acordeonistas da Mariña. Organizan: As Espalladoras. Colabora: Concello de Cervo.
E xa o venres, día 19, a Casa da Cultura de San Ciprián acollerá unha charla sobre Del Riego na que participarán Paco Rivas e Bernardo Penabade. Tamén será presentado o poemario “Posdata: Quérote”, de Paco Rivas, seguido dunha lectura...
leer másO 28 de maio terá lugar en Burela unha nova edición do rastrillo popular solidario, que organiza a Delegación de Cultura. A inscrición para participar está aberta.
O concelleiro José Díaz explicou que “abrimos las inscripciones para el rastrillo popular solidario que va a celebrarse aquí, en Burela, el día 28 de mayo entre las 10 y las 14 horas en la Praza da Mariña”.
O edil de Cultura dixo: “el mecanismo es el de siempre: llevar un kilo de productos para donar al Banco de Alimentos del Concello. Se venderán diversos objetos a precios asequibles y para inscribirse hay que llamar al teléfono de la Casa da Xuventude de Burela, que es el 982 58 11 41, o al 608 158 170, con el que también se puede contactar por whatsapp y enviando el nombre completo y el número de teléfono ya quedan inscritos para el rastrillo”....
leer másA Concellería de Dinamización de Barreiros presentou a axenda cultural “Barreiros ConVídate”, que terá lugar nas distintas parroquias do municipio durante os meses de maio, xuño e xullo. Este programa ten como obxectivo achegar a cultura a todos os recunchos de Barreiros, ofrecendo unha variada selección de actividades para todos os públicos.
A programación dará comezo este domingo, 21 de maio co III Recital Poético Versos na Baixamar que terá lugar nas escolas de Reinante. Este evento marcará o inicio dunha serie de actividades culturais que se desenvolverán ao longo dos próximos meses nas que destacan, entre outras moitas, as sesións de cine con Matria, o monologuista Avelino González, música en vivo con Dani Royo e a actuación de Superheroe de Fran Rei.
O concelleiro de dinamización, Dani García, comenta que: "...
leer másO Concello de Viveiro anuncia o programa de actos previstos para o próximo mércores co gallo do Día das Letras Galegas, unha xornada especial e festiva na vila que neste 2023 está dedicada a Francisco Fernández del Riego.
A xornada do día 17 comezará ás 12:00 horas coa interpretación do Himno de Galicia no balcón da Biblioteca Municipal a cargo de David Bellas, artista e profesor do CMUS de Viveiro. De seguido, na Praza Maior, celebrase un baile tradicional e xuvenil a cargo de Bágoas da Terra.
Ás 13:30 horas, na Praza da Fontenova, terá lugar a iniciativa “Música e Libros” coa colaboración da Libraría Porta da Vila e de África Copias, que inclúe un concerto do coro infantil do colexio Lois Tobío.
Xa pola tarde, ás 18:30 horas, o Teatro Pastor Díaz acolle a actuación de Magín Blanco “...
leer másEsta fin de semana sairá en diferentes plataformas dixitais o Libriño das Festas de Burela, elaborado pola Concellería de Cultura en colaboración coa comisión organizadora dos festexos, segundo deu a coñece este sábado o concelleiro José Díaz.
O edil burelés explicou que “este fin de semana sacaremos en diferentes plataformas de las redes sociales y grupos de whatsapp el formato digital del libro de las fiestas patronales de Burela 2023. Una vez más lo desarrolla la Delegación de Cultura en cooperación con la comisión de fiestas, como llevamos haciendo desde el año 2016, y seguimos con esa filosofía de que el libro sea algo vistoso, que la gente lea, que tenga contenido y que homenajee a las fiestas de Burela y a nuestro propio concello”.
José Díaz subliñou que “este año hay que agradecer la colaboración de...
leer másNos actos do Día das Letras Galegas dedicado a Francisco Fernández del Riego o vindeiro mércores, día 17, en Vilanova haberá as actuacións musicais de Luar na Lubre, Treixadura, Souto Xímaro, o Coro Mestre Pacheo, a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez e a Banda de Música de Lourenzá.
As actividades empezarán ás 10:00 horas cunha actuación da Banda de Música de Lourenzá polas rúas de Vilanova. A partir das 11 e media da mañá desenvolverase na Praza do Conde Santo o acto institucional da Xunta de Galicia, no que actuará o grupo musical Luar na Lubre.
Ás 12:30 horas no Multiusos Ponte de Cuñas terá lugar unha sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega, acto no que participarán o grupo musical Souto Xímaro e o coro Mestre Pacheco.
Ás 15:00 horas empezará un xantar...
leer más












