Eventos
O Concello de Barreiros xa está ultimando os preparativos para recibir ás Súas Maxestades de Oriente o mércores, 5 de xaneiro, de 19:00 a 20:30 horas na Praza do Concello, sempre e cando o tempo o permita. No caso de inclemencias meteorolóxicas a recepción farase no pavillón municipal anunciando con antelación o cambio de ubicación por este mesmo medio.
Instalado o buzón real no Concello
Mentres non chega o día, os e as máis impacientes poden achegarse á Casa do Concello a depositar as súas peticións onde xa se atopa instalado o Buzón Real, que quedará dentro do Concello cando este se atope pechado para resgardalo do tempo.
Tamén, a cativada que queira, pode descargar a carta “oficial” para dirixirse os Reis Magos de Oriente desde a seguinte ligazón.
...
leer másPor segundo ano consecutivo os Reis Magos saudarán ás nenas e aos nenos de Ribadeo desde o quiosco da música o vindeiro mércores, 5 de xaneiro, entre as seis e as oito e media da tarde. Melchor, Gaspar e Baltasar contactaron co Concello para comunicar que atenderán as recomendacións da Xunta, polo que non haberá desfile, pero si se poderá ver aos Reis Magos en Ribadeo. Así llo indicaron ao alcalde, Fernando Suárez, e á comisión organizadora da cabalgata.
O rexedor dixo que “todo o mundo é sabedor das circunstancias actuais ás que nos temos que enfrontar por mor da pandemia que aínda temos e acabamos de saber, por fontes da Consellería de Sanidade, que a día de hoxe temos en Ribadeo 110 casos activos, na liña de moitos outros concellos da Mariña e do país”.
Suárez Barcia explicou que “á vista disto debemos tomar...
leer másDesde o Concello indican que “tendo en conta o aumento de contaxios nos últimos días, desde o Concello de Cervo tomouse a precaución de suspender as actividades previstas para a tarde de hoxe e para mañá. Cancélanse a Festa Infantil, prevista para a tarde de hoxe, e a Festa Acuática de mañá, martes 4 de xaneiro”.
Debido a razóns sanitarias cos contaxios por Covid-19 aumentando en forma exponencial, dende o Concello de Xove “considérase que o mellor, e para protexer a saúde de todos nós, é suspender as actividades do Programa de Nadal previstas para os próximos días”.
Debido a isto:
-Suspéndese o Día dos Nenos, que estaba previsto para mañá martes, 4 de xaneiro, con inchables na Piscina e no Pavillón.
-E suspéndense tamén a Cabalgata de Reis e todas as demais actividades previstas para o mércores, 5 de xaneiro.
Dende o Concello “agradecemos a comprensión dos nosos veciños e veciñas, desexándolles que poidan disfrutar igualmente dos Reis Magos, doutro xeito distinto, pero máis seguro”.
Desde a organización explican: “os do grupo Humorístico Trípode adoitamos organizar unha gala solidaria polo Nadal. Este ano, aínda que estamos inactivos no aspecto teatral, xuntamos a 6 cantantes amigos para que creen espectáculo e arte musical no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro. Será o vindeiro sábado, día 8 de xaneiro, ás 19,00 horas, seguindo escrupulosamente as normas Covid ditadas para esa data. No transcurso da Gala musical recolleranse donativos para a agrupación de Cáritas de Alfoz e O Valadouro. Manifestámoslle o noso sincero agradecemento aos cantantes participantes, así como á sección de Cultura do Concello do Valadouro pola súa axuda e a cesión do local da Casa da Cultura para actuar”.
Juan Novás é o autor do cartel. E os artistas participantes son:
ÁLEX BARREIRA.
...
A Xunta de Galicia ilumina 15 edificios emblemáticos da provincia de Lugo para darlle a benvida ao Ano Santo 2022, nunha edición ampliada da iniciativa Acende o Xacobeo a desenvolver nas fins de semana do Nadal e que comezou o pasado día 23.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, volverá iluminar entre o 30 de decembro e o 2 de xaneiro as localizacións seleccionadas, coa frecha frecha amarela e o logo do Xacobeo 21-22 sobre un fondo azul. Con respecto ao ano pasado, sumáronse tres novos puntos en Triacastela, Monterroso e Palas de Rei.
Así, no Camiño Francés ilumínanse a Igrexa de San Miguel de Monterroso, as Casas Consistoriais de Palas de Rei e Triacastela, a igrexa de Santa María A Real do Cebreiro, a de San Nicolas...
leer másO Concello de Cervo felicita á veciñanza do municipio co seu tradicional calendario de Nadal.
En total editáronse 2.200 exemplares que xa se están a repartir fogar por fogar.
Tal e como explicou o rexedor Alfonso Villares, “este calendario é xa é todo un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e cremos que é unha ferramenta moi útil para os nosos veciños porque recolle todas as datas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festividades e días importantes que se conmemoran e celebran a nivel nacional; ademais da táboa de mareas e os teléfonos de interese do noso Concello”.
Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial, xa que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de grupos de amigos, familias, de paisaxes, de xuntanzas ou de celebracións...
leer másLa iglesia de San Salvador, en Vilanova de Lourenzá acoge un belén que puede visitarse en horario de 11.30 a 13 y de 16.30 a 19 horas. Está formado por figuras muy antiguas, de los años 40, y algunas anteriores, que proceden del siglo XIX.
Los organizadores explican que “este belén lo componen figuras tan antiguas que algunas formaron parte del convento de la orden benedictina y otras fueron incorporadas en el año 1954 por el entonces cura párroco Cesar Chavarría Pacio, algunas de las cuales compró al artesano de A Devesa Lorenzo Molejón, herrero y artesano que hizo muchas figuras de este tipo. Este belén, con figuras en movimiento y el río por el que discurre el agua continuamente, se ubica en el ala derecha de la iglesia de San Salvador, fue realizado a petición del actual sacerdote, Xosé Miguélez, al igual que en años anteriores, y de...
leer másTras a semana de Noiteboa, o Concello de Viveiro continúa co seu programa de Nadal estes días.
Para mañá, martes, 28 de decembro, o programa inclúe un espectáculo de maxia ás 20:30 no Teatro Pastor Díaz. Cómpre reservar a entrada no teléfono 982560162 ou no e-mail: rbg.cultura@viveiro.es
O mércores, 29 de decembro, organízase o pasarrúas da Banda Naval de Viveiro, a partir das 19:00 horas nas rúas da vila.
O xoves, 30 de decembro, celébrase o concerto da Banda de Música de O Landro, ás 20:30 horas na Igrexa de San Francisco.
E para despedir o ano o venres, 31 de decembro, organízase a troula de fin de ano con “Los Alcántara”, na Praza Maior de 13:30 a 15:30.
O martes 28 ás 17:00 horas, na OMIX, terá lugar o escape room virtual El robo del Toisón, dirixido á rapazada a partir de 6º de Primaria. A inscrición pódese facer no centro xuvenil ou chamando ao 982 57 18 16, antes do día 28. Tamén o martes 28, de 18:00 a 20:00 horas, no salón de actos do centro cívico, celebrarase un baile infantil de disfraces por Nadal.
O mércores 29 ás 18:00 horas, no salón de actos do centro cívico, o Mago Charlangas presentará @Temporal. O xoves 30, ás 19:00 horas, no salón de actos do centro cívico, ofrecerá un concerto Sons de Celeiro. O venres 31 ás 11:00 horas, no pavillón municipal de deportes, haberá unha festa infantil de fin de ano....
leer más