Eventos

Etiquetas:
08/06/2023

Desde hoxe e ata o 14 de xuño pódense retirar no Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, os tíckets para asistir á merenda-cea do 50 aniversario, que terá lugar o 21 de xuño ás sete da tarde no recinto escolar. 

Para proceder á recollida dos tíckets o horario establecido é de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 17 horas polas tardes na secretaría do centro. O prezo para os adultos é de 9 euros e para as nenas e nenos ata 12 anos de 3 euros. 

Durante a xornada do 21 pola mañá, e organizadas pola Anpa A Faxarda, haberá unha xincana por diferentes espazos da vila que Gregorio Sanz adoitaba a frecuentar, na que participará alumnado de 3º a 6º de Primaria. As nenas e os nenos de infantil e de 1º e 2º de Primaria participarán noutra xincana dentro das instalacións do colexio e gozarán tamén dun espazo de xogo libre...

leer más
06/06/2023

O Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, celebrará o seu 50 aniversario cun acto conmemorativo no auditorio municipal o vindeiro 19 de xuño. E o día 21 haberá unha merenda-cea aberta a toda a comunidade educativa a partir das sete da tarde. 

O lema escollido para esta importante data é o de Educando co corazón. Nesa cita intervirán, entre outros, Chemy Lombardero, que foi mestre no centro, o ex director Antonio Martínez, a actual directora, Lourdes Marqués, e un bisneto de Gregorio Sanz. Tamén tomarán a palabra o alcalde ribadense e o conselleiro de Educación. O colofón poñerao a Coral Polifónica de Ribadeo. 

A directora do Ceip Gregorio Sanz, Lourdes Marqués, anima “ao alumnado e profesorado, que ao longo destes 50 anos, pasaron polo noso centro a  acudir a esta conmemoración que pretende ser unha homenaxe a...

leer más
06/06/2023

Veciñas e veciños de cinco concellos da provincia participarán esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son en total máis de 170 persoas dos municipios de Antas de Ulla, Lugo, O Valadouro, Pedrafita do Cebreiro e Taboada as que, dende este martes e ata o venres, percorrerán o territorio lucense grazas ás viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro.

Este martes, a Asociación Veciñal e Cultural Casa da Escola, de Antas de Ulla, viaxa ata A Mariña. Comezarán a súa ruta no Mazo de Santa Comba, onde foron recibidos pola Deputada en funciónsPilar García Porto antes de partir ata o concello de Cervo. O grupo coñecerá a fábrica de Sargadelos e percorrerá a vila de San Cibrao, onde fará parada na carpintería de ribeira e o Museo do Mar da Deputación.

... leer más
Etiquetas:
06/06/2023

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Xuventude, Crisitna Iglesias, presentaban hoxe o programa Verán Xove 2023.

As actividades que se van desenvolver darán comezo o día 13 de xuño, con rutas a San Antonio da Rigueira. O prazo para anotarse remata o 12 de xuño.  Ademais haberá Encontros para Saúde: Obradoiro de Memoria, dirixido a persoas maiores de 60 anos que se levará a cabo dos días 3 ao 31 de xullo. As inscricións para esta actividade poden facerse entre o 15 e o 28 de xuño. 

Tamén se celebrará un Obradoiro Tecnolóxico de Verán sobre informática, dirixido a nen@s de 1º de Primaria ata 4º de ESO, do 4 ao 10 de agosto. As inscricións, ata o 28 de xuño, deben facerse na OMIX.

As actividades deportivas inclúen o programa Móvete no Verán, adicado a nen@s e rapaces...

leer más
Etiquetas:
05/06/2023

O evento contará co apoio da Deputación Provincial de Lugo.

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, participou este luns na Casa da Cultura do Vicedo na presentación dunha nova edición da Romaxe Viquinga, que se celebrará os días 28 e 29 de xullo na praia de Area Grande, en San Román,co apoio da Deputación de Lugo.

Unha cita de recreación histórica que chega á súa sexta edición, e da que o Deputado destacou que  é unha “festa emblemática no calendario estival da comarca da Mariña e de toda a provincia de Lugo, que inclúe numerosas actividades e que atrae a milleiros de persoas a este concello, polo que, entre outros beneficios, ten un impacto moi positivo para a economía local”. 

Etiquetas:
03/06/2023

O Concello de Cervo programa unha nova edición de “Cervo Concilia”, unha iniciativa municipal máis que consolidada –que na pasada edición reuniu a máis de 150 crianzas- que pretende ser “esa ferramenta de axuda á conciliación das familias, en épocas nas que pode resultar máis difícil como é o verán”.
O programa está dirixido ás crianzas do municipio de entre 3 e 12 anos e desenvolverase desde o 22 de xuño ata o 8 de setembro “cubrindo á totalidade o período das vacacións escolares, para beneficiar ao máximo ás familias e axudarlles na difícil tarefa de conciliar”, tal e como precisou o rexedor en funcións, Alfonso Villares.

Pola súa banda a edil de Educación en funcións, Dolores García Caramés, que coordina o programa, apuntou que o prazo de inscrición poderase formalizar ata o 19 de xuño na Casa do Concello o una Casa da Cultura....

leer más
03/06/2023

O Concello de Viveiro informa que o luns, 5 de xuño, ábrese o prazo para inscribirse no Programa Corresponsables Campamento Urbano de Verán 2023, que se desenvolverá dende o 3 de xullo ao 31 de agosto de 2023.

As bases de selección e o modelo de solicitude estarán publicadas no taboleiro de anuncios dixital e na paxina web do concello.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 14 de xuño, sendo preferible facelo pola sede electrónica, aínda que tamén poderán presentarse presencialmente no Rexistro do Concello, onde se facilitarán os modelos de solicitude.

O campamento de verán está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2019, ambos incluídos, e realizarase no pavillón do CEP Lois Tobío, de luns a venres, en horario de 8,30 a 14,15, con entrada flexible ata as 10,00...

leer más
Etiquetas:
02/06/2023

O III Ribadeo Ilustrado terá lugar do 9 ao 11 de xuño. Esta edición estará dedicada ao porto comercial e corsario. O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, deu a coñecer detalles da programación esta mañá. 

O edil ribadense explicou que “do 9 ao 11 de xuño chega a terceira edición do Ribadeo Ilustrado, que neste 2023 estará dedicado ao porto comercial e corsario. No salón de plenos do Pazo de Ibáñez vanse desenvolver unha serie de conferencias que incidirán na importancia do comercio marítimo e da pesca no Ribadeo dos séculos XVIII e XIX, do esplendor téxtil do noso concello tamén no século XVIII, así como da actividade corsaria desa época. Sen esquecernos do Ribadeo de hai 300 anos, visto polos ilustrados”. 

Vizoso Galdo contou que “a programación deseñada para esta terceira edición do Ribadeo Ilustrado inclúe,...

leer más
Etiquetas:
31/05/2023

O 10 e o 11 de xuño Ana Pena (Guía tu día), Boris Vilar e Guido Guía organizan dous paseos guiados, en Foz e Xove, que serán un convite perfecto para desfrutar da penúltima fin de semana da primavera por terras mariñás.

Despois das súas primeiras colaboracións xuntos #RedescubrindoViveiro e #RedescubrindoAlfoz en abril e maio, estes tres guías autónomos volven unirse para seguir dando a coñecer xuntos as belezas e riquezas da zona.

O sábado 10 de xuño será o turno de #RedescubrindoFoz, no que Ana Pena (focega) e Guido Álvarez (neto de focega, de Vilaronte, e cun estreito vínculo co municipio) buscarán dar a coñecer os lugares máis emblemáticos da vila sen deixar de lado a intención de sorprender ás propias veciñas e veciños que se animen a vivir a experiencia. Terá lugar de 11h a 14h e o punto de encontro e final...

leer más
Etiquetas:
31/05/2023

Este venres, 2 de xuño, celébrase en Ribadeo o Festival Solidario contra o Cancro. Terá lugar ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval.

Actuarán a Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, o Coro Sagrado Corazón e os grupos Dum Tak de Nur e Maktub. O espectáculo será presentado por Susana Álvarez (Susi).

Organiza a Asociación Española contra o Cancro en Lugo coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.