Eventos
Durante este año 2025, bajo el lema 60 años anunciando la esperanza, Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol celebra seis décadas de actividad. Con este motivo, el sábado 31 de mayo en el Seminario mindoniense y coincidiendo con la asamblea anual de la entidad se celebrará un encuentro que reunirá a una amplia representación de la familia diocesana de Cáritas. El acto estará presidido por el obispo Fernando García Cadiñanos.
La jornada comenzará a las 10:00 horas con talleres de formación sobre diversos temas, en los que los participantes se distribuirán según su función en la entidad. Los temas a abordar incluirán el acompañamiento en salud mental y emocional a jóvenes, el cuidado del voluntariado, el proyecto textil de Cáritas, el ABC de Cáritas y la creación de espacios socioeducativos seguros para niñas, niños y adolescentes....
leer másA Peña Madridista Vallibria, de Mondoñedo, celebrará o seu 30 aniversario cun evento que terá lugar na Finca San Antonio o día 30 de maio, venres, desde as 21:30 horas. O prazo para inscribirse remata o luns 26 de maio.
A organización conta coa presenza do xornalista deportivo Tomás Roncero e cun representante do Real Madrid. Tamén haberá animación musical a cargo do dúo Zafiro.
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, anuncia: “o xoves 29 de maio ás 12:00 horas teremos con nós a Raquel Queizás para homenaxear ás cantareiras e á poesía popular oral”. Será co espectáculo de narración oral para nenas e nenos titulado A touporroutou, que terá lugar na Casa da Cultura de Alfoz.
Ademais a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo convocou un ano máis o certame de narración e debuxo polo Día das Letras Galegas e explica: “a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens. Nenos e nenas ata os 16 anos, estamos esperando as vosas obras! Podedes...
leer másA Asociación de Veciños San Pedro da Ribeira, de Saldoira (A Pontenova), organiza unha excursión a O Grove e a Illa da Toxa para o día 6 de xuño, venres. Esta actividade inclúe percorrido en catamarán e merenda de mexillóns e viño.
O prezo para os socios do colectivo organizador é de 32 euros e os participantes que non formen parte da asociación deberán pagar 40 euros.
O prazo para anotarse remata o luns 26 de maio.
A parroquia de Vilameá, no concello da Pontenova, celebrará a súa Festa das Flores este sábado, día 24 de maio.
As actividades empezarán ás 19:45 horas con misa e despois procesión. Ás 22:00 horas comezará unha cea veciñal e rematará a xornada festiva cunha verbena na que actuarán a cantante Verónica Cambón e DJ Bombardero.
O día 25 de maio segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. Este vindeiro domingo o cantautor asturiano Pablo Valdés actuará na rúa San Francisco a partires das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila.
O Domingueo en Ribadeo continuará os días 15 e 29 de xuño e o 6 de xullo por diferentes localizacións da vila.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou en calquera outra xornada”.
A asociación Tecedeira vén de presentar o programa completo das III Xornadas Etnográficas da Mariña (XEAM), que se desenvolverán en Barreiros do 30 de maio ao 1 de xuño, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros.
Tras o concerto da cantora galega Su Garribo Pombo o pasado venres na Praza do Concello a modo de antesala das xornadas, a asociación deu a coñecer o programa completo deste encontro, que se reafirma como “un referente para a posta en valor da cultural tradicional galega na Mariña lucense”.
O deputado de Mocidade, Daniel García, encadrou “o apoio á organización das Xornadas na colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén co tecido asociativo para estender a actividade cultural por todo o territorio” e celebrou “a consolidación destas xornadas sobre a...
leer másA asociación Xuventudes Chilindrinas organiza a segunda edición da súa churrascada popular en Celeiro (Viveiro) este sábado, día 24 de maio, para recadar fondos destinados ás festas patronais de Celeiro. Será na Casa do Forno a partir das 20:00 horas.
A cea estará amenizada polo grupo Espera que vou mexar, a partir das 22:30 horas haberá baile a cargo de Los Indecisos e para rematar a festa actuará Discomobil DMX.
A asociación Xuventudes Chilindrinas anuncia: “gran Churrascada Popular en apoio ás Festas de Celeiro 2025. Unha xornada para gozar entre amizades, familia e boa comida, co mellor ambiente do noso pobo. Por que vir?: churrasco do bo; música, sorteos e sorpresas; bo rollo asegurado. E todo por unha boa causa. A túa colaboración é clave para que as nosas festas sigan sendo inesquecibles. Ven, desfruta e...
leer másA décimo primeira edición da feira ribadense do libro Letras no Campo terá lugar desde este venres, día 23 de maio, ata o domingo 25 de cun amplo programa de actividades. O horario de visita ás sete casetas instaladas no Campo de San Francisco será de 11:30 a 13:30 horas e de 17 a 20:30 horas.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “a undécima edición da feira ribadense do libro Letras no Campo celébrase esta fin de semana con varias liñas temáticas. A primeira, as homenaxeadas este ano no 17 de maio: as cantareiras, protagonistas dun concerto didáctico celebrado o martes, dun obradoiro de reciclaxe e da actuación de Xeitosiñas este venres e da presentación colectiva do libro Somos Cantareiras por Mercedes Peón e Ana Romaní, entre outras, o domingo ás 12:00 horas”.
A edil ribadense contou que “a segunda temática é o galego de Asturias. Coa lectura...
leer másGozar de experiencias de calidade e conectar co destino dunha maneira máis profunda, pero tamén máis respectuosa e sostible, en calquera época do ano e superando o concepto tradicional do turismo. Ese é o obxectivo que se marca a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense e no que traballa a diario para posicionar o territorio como un destino que ofrece, máis que actividades, experiencias. Nesta liña, o xeoturismo e o turismo ornitolóxico están a converterse en alternativas singulares na Mariña Lucense, captando o interese por parte das persoas que nos visitan.
Con este potencial está a traballar para estruturar un catálogo de produtos e experiencias enriquecedor tanto para as persoas que nos visitan, como para aquelas que viven aquí. “Concibimos o turismo como unha actividade que xera valor, non só económico, senón tamén para a...
leer más