Eventos

Etiquetas:
03/06/2025

A décima edición da Ruta Cabalar do Vicedo celebrarase este sábado, día 7 de xuño. A organización corre a cargo da Asociación de Cabaleiros Rías Altas, que anuncia: “a saída será ás 10:00 horas desde Mesón O Remo (Casa da Cultura)”. O xantar será ás 15:00 horas e estará amenizado por un dúo musical.

A inscrición para participar poderá facerse ata o día 4 de xuño nos teléfonos de contacto 677.452.735 (Alejandro) ou 652.399.628 (Óscar).

02/06/2025

A oitava edición da Foliada A Chocolateira celebrarase na Pontenova esta fin de semana, o venres 6 e o sábado 7 de xuño. Está organizada pola asociación Eco das Minas, que anuncia que haberá “obradoiros, xogos tradicionais, mercadiño artesanal e concertos para todas as idades. Unha xornada para bailar, cantar e disfrutar da música e da cultura tradicional”.

A VIII Foliada comezará o venres ás 19:30 horas coa actuación de A Chocolateira. Ás 20:00 horas terá lugar a proxección do documental Lévame a Idea, que “reivindica cunha óptica feminista o papel fundamental das mulleres na preservación da poesía, o canto e a cultura popular de Galicia, piar esencial da nosa identidade colectiva”. É unha produción de Navíos e Folerpas dirixida por Laura Varela, Iria Villares e Vanesa Siso.

O sábado abrirase o mercadiño...

leer más
Etiquetas:
02/06/2025

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha viaxe a Tui e a Valença (Portugal) para este sábado, día 7 de xuño.

As actividades programadas son visitas á catedral e ao casco antigo de Tui e tamén á fortaleza de Valença. Os participantes xantarán en Tui.

A saída será ás 8 da mañá desde a estación de autobuses de Viveiro.

O prezo para os soci@s do Seminario de Estudos Terra de Viveiro será de 40 euros, mentres que as persoas que non pertencen ao colectivo deberán pagar 45 euros.

02/06/2025

A parroquia de Bacoi, no concello de Alfoz, celebrará as festas na honra a San Antonio este domingo, día 8 de xuño.

As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne, procesión e sesión vermú, amenizada polo dúo Matices, que tamén ofrecerá unha sesión de tarde, a partir das 18:00 horas.

Ademais haberá comida campestre na carpa instalada no adro da igrexa. Os tíckets para participar no xantar están á venda ata o martes 3 de xuño.

02/06/2025

La Asociación Sendeiriña, de Mondoñedo, organiza una visita cultural a Lalín para este domingo, día 8 de junio.

La salida desde la avenida de Buenos Aires, de Mondoñedo, será a las 08:30 horas. La actividad incluye visitas al santuario Virxe do Corpiño y al museo etnográfico Casa do Patrón y comida de cocido de Lalín en el restaurante.

El precio es de 35 euros para soci@s de Sendeiriña, mientras que las personas que no pertenecen al colectivo tendrán que pagar 45 euros.

Las inscripciones se cerrarán este miércoles, día 4 de junio.

01/06/2025

O xoves 5 de xuño terá lugar a xornada titulada Mulleres do medio rural en acción. Será en Barreiros, concretamente na Escola Indiana de San Miguel de Reinante, dende as 11 da mañá até ás 18:30 da tarde.

Na xornada intervirán a secretaria xeral do Sindicato Labrego, a laurentina Isabel Vilalba Seivane; Marta Vázquez Rouco, da asociación A Estruga, de Vilalba; Dolores Carmen Tourón Río, da asociación As Espigadoras; e Lola Cancio Álvarez, da asociación asturiana NIA.

Esta actividade forma parte do programa Tecendo Redes no Rural: Mulleres, PAC e Titularidade Compartida, organizado pola Confederación de Mujeres del Mundo Rural) e a Asociación Labregas, que conta co financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).

As persoas interesadas en máis...

leer más
01/06/2025

A parroquia do Cadramón, non concello do Valadouro celebrará as festas na honra de Santa Filomena o día 7 de xuño, sábado.

As actividades comezarán ás 12:30 horas con misa solemne na capela seguida de procesión. Despois haberá sesión vermú co dúo Venús, que tamén actuará na verbena, desde as 20:30 horas.

Estas festas están organizadas pola asociación veciñal Santa Filomena do Cadramón, que anuncia: “o próximo 7 de xuño agardámosvos no Cadramón para celebrar a festa de Santa Filomena. Haberá a posibilidade de quedarse a comer no campo da festa, sempre e cando se faga reserva previa. As prazas son limitadas e poden facerse as reservas ata o 2 de xuño. Recinto cuberto con carpa. Contaremos coa actuación de dúo Venus, para a sesión vermú e a verbena á noitiña; e Fol do Raxal, de Cervo, que poñerá o son tradicional na...

leer más
01/06/2025

A cea baile para clausurar a tempada 2024-25 das Escolas Deportivas de Lourenzá celebrarase o día 7 de xuño, sábado, no Multiusos Ponte de Cuñas desde as 22:00 horas.

“Chega o momento máis esperado do ano! O sábado 7 de xuño despedimos a XXIX edición das Escolas cunha gran cea baile, con música, diversión e moita emoción. Os nen@s das Escolas están convidados, pero deben anotarse antes do antes do luns 2 de xuño. Para familias, socios e público en xeral podedes mercar os tickets en Morrigan (Lourenzá) e Carnicería Ben&Vior (San Cibrao). Prezos: adultos, 15 euros; e nenos que non forman parte das Escolas, 10 euros. A data límite para mercar os tickets é o luns 2 de xuño”, anuncian as Escolas Deportivas de Lourenzá.

01/06/2025

A partir deste domingo, día 1 de xuño, e ata o 30 de setembro amplíase o horario para poder visitar a Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo, a máis grande de Galicia.

Despois dun gran comezo de campaña nas visitas guiadas á Cova do Rei Cintolo, cun incremento de algo máis do 6% entre os meses de marzo e maio, posto este dato en relación as mellores cifras rexistradas en anos previos, dende o Concello de Mondoñedo e a Federación Galega de Espeleoloxía comunican a ampliación da oferta de visitas á Cova do Rei Cintolo durante estes meses de verán. Agora, a partir do día 1 de xuño e ata o 30 de setembro, a visita á Galería Central da Cova do Rei Cintolo poderase facer de luns a domingo, ambos incluídos, en tres horarios: 11, 16 e 18:30 horas.

O Concello de Mondoñedo explica que “as visitas que se levan a cabo na galería...

leer más
Etiquetas:
31/05/2025

Ribadeo acollerá o día 6 de xuño, venres, a proxección do documental titulado Se canto é porque quero e un coloquio sobre este traballo audiovisual producido pola Real Academia Galega co gallo do Día das Letras Galegas deste ano. Será no Cine Teatro ás 20:30 horas. E despois, a partir das 22:00, haberá unha foliada aberta na rúa Pasarón y Lastra, na zona vella ribadense.

Estas actividades están organizadas polos colectivos locais As Vacas Fracas e Agrupación Cultural Francisco Lanza.