Certámenes

Etiquetas:
29/12/2018

A nena Nathalia Cabanas Jiménez, de 11 anos de idade, foi a gañadora do concurso de carteis da Cabalgata de Reis 2019, que organiza o Concello de Lourenzá.  Recibirá como premio un lote de material didáctico no transcurso da Cabalgata, que se celebrará o sábado 5 de xaneiro.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “a Cabalgata sairá ás 17:30 horas do recinto feiral de Vilanova para percorrer as parroquias de San Xorxe, Santo Tomé e San Adriano. Ás 19:30 horas chegará a Vilanova, percorrerá as rúas e chegará á carpa situada no Campo dos Bolos, onde os Reis Magos recibirán a todos os nenos e nenas que ata alí se acheguen”.

Dentro da programación de Nadal do Concello de Lourenzá tamén haberá cine infantil. O mércores 2 de xaneiro proxectarase a película Richard, la cigüeña e o xoves 3, El reino de las...

leer más
24/12/2018

O Festival da Mariña Imaxiña 2018 levou ao realizador audiovisual Xaime Miranda ao IE Alfoz-O Valadouro para compartir co alumnado de 4º ESO a súa experiencia cun obradoiro de vídeo.

O estudantado coñeceu máis de preto o proceso de creación dunha curta, seguindo os pasos de presentación da personaxe, aparición do conflito, acción ante o conflito e resolución. A partir de títulos como ‘Hipo’, ‘Invisible’ e ‘Cambio de Notas’ desenvolveron a historia e gravaron as imaxes, para a posterior edición e montaxe.

O obradoiro de Xaime Miranda é o segundo desta oitava edición do Festival Audiovisual da Mariña, que conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo. A comezos de mes a fotógrafa Sabela Blanco impartiu outro de fotografía destinado aos usuarios da Fundación Eu Son de Burela. 

...

leer más
Etiquetas:
19/12/2018

O Concello de Alfoz convoca o II Concurso “A túa decoración de Nadal” que consiste en fotografar decoracións de Nadal propias e compartilas na páxina de FacebookCultura Turismo ALFOZ. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías e o traballo debe  levar título e o nome do autor. 

 O prazo para participar e votar as fotografías será dende o xoves 20 de decembro ata o venres 4 de xaneiro ás 00:00 horas. A medida que cada participante comparta a súa fotografía, a páxina Cultura Turismo ALFOZ irá engadindo ao álbum II Concurso de Nadal: “A túa Decoración de Nadal” todas as fotos e soamente dende aí se poderán votar. Contabilizaranse os “me gustas” recibidos en cada foto do álbum.

 Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos que lle teñan dado a “me gusta” á páxina Cultura Turismo ALFOZ e...

leer más
Etiquetas:
12/12/2018

Acisa Ribadeo convoca o concurso Queridos Reis Magos no que poderán participar todos os nenos e nenas con idades de 0 ata 12 anos. Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos animan aos nenos e nenas dos colexios de Ribadeo, Gregorio Sanz e Sagrado Corazón, a participar nesta cita e a levar as súas cartas e debuxos ao carteiro real que estará en Ribadeo os días 3 e 4 de xaneiro no Teatro de 12 a 14 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes. 

Cada participante deberá entregar o seu debuxo ou carta orixinal realizado con calquera material ou técnica. O debuxo presentarase nunha folla de papel de tamaño A4 o DIN A3. Os traballos terán que ser entregados no buzón do carteiro real que estará os días 3 e 4 de xaneiro na entrada do Teatro. Para identificar os traballos terán que levar escrito o nome do concurso,...

leer más
Etiquetas:
12/12/2018

Burela acolle unha exposición fotográfica titulada No colo da esperanza, do fotoxornalista Felipe Carnotto que se pode visitar  ata finais de decembro en horario de luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas na Casa da Cultura. 

Segundo explican desde a Concellería de Inmigración e Cooperación “a mostra foi realizada polo fotoxornalista Felipe Carnotto en 2015 na denominada Ruta dos Balcáns. As fotografías están protagonizadas principalmente por rapazas e rapaces que foxen da guerra en Siria canda as súas familias, na busca dun futuro próspero en Europa”. 

O vindeiro 18 de decembro o propio reporteiro guiará ás e aos estudantes a través da exposición. Na mesma xornada a partir das 11.30 horas desenvolverase o espectáculo teatral O valo, creado o ano pasado por Pallasos en Rebeldía para o Fondo Galego...

leer más
Etiquetas:
03/12/2018

O Concello de Alfoz, a través da Biblioteca Pública Municipal, convoca o XVI Concurso de Postais de Nadal Alfoz 2018.

As bases do certame recollen que poden participar todos/as rapaces/as que o desexen, a temática é o Nadal e a técnica a empregar será a do debuxo a lapis, rotuladores, ceras ou collage, sempre e cando non leven elementos que sobresaian. As postais serán feitas sobre cartolina de tamaño aproximado DIN A4 dobrado pola metade.

O prazo de presentación de traballos remata o 12 de decembro, debendo ser entregados polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal. O fallo do xurado darase a coñecer días posteriores.

O primeiro premio consistirá a reprodución da postal como felicitación oficial do Concello de Alfoz para o Nadal 2018, elixida entre todas as categorías: Infantil A...

leer más
Etiquetas:
28/11/2018

Un xurado profesional vén de fallar o terceiro concurso de fotografía ‘O meu recuncho de Mondoñedo”, que anualmente convoca o Concello e que este ano suma xa a súa terceira edición. A fotografía gañadora é de Andrea Gacio, na que se reflexan os cabalos, de tanta relevancia en Mondoñedo, pastando nos montes da localidade.

O xurado, integrado por fotógrafos dos xornais El Progreso e La Voz de Galicia, así como por estudantes de fotografía; fallaron o segundo e o terceiro premio para José Antonio Pasarón e Marcos Candia, respectivamente. 

Ademais, de entre o total de fotografías recibidas, tamén se seleccionaron 13 instantáneas coas que se elaborará dende o Concello o calendario para o vindeiro ano 2019. Os autores das instantáneas que ilustrarán o calendario son os seguintes:

Xaneiro: Xián...

leer más
Etiquetas:
25/11/2018

O Concello de Mondoñedo continúa a promover distintivos que potencian aínda máis o atractivo turístico da cidade durante o Nadal. O concelleiro de Educación, Xuventude e Novas Tecnoloxías, Alberto García, anuncia tanto a inauguración da iluminación de Nadal o próximo sábado 8 de decembro, como a convocatoria dun novo Concurso de Adornos de Nadal.

O edil, que asegura que o actual Goberno “segue a apostar por embelecer e engalanar a nosa cidade despois da súa inclusión na rede dos Pobos máis Bonitos de España”, destaca a implicación do Concello “por mellorar a iluminación de Nadal tanto nas prazas como nas rúas co obxecto de facela máis atractiva”. Neste senso, Alberto García informa que “de novo colocaremos unha árbore de Nadal na Praza da Catedral, pero de maior altura e noutras tonalidades, ademais de que as principais rúas contarán con...

leer más
Etiquetas:
21/11/2018

A santiaguesa Berta Dávila Fernández obtén o primeiro premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Deputación de Lugo. A obra que resultou gañadora na XIX edición deste certame leva por título ‘Limiar’.

O primeiro premio neste certame, que ten por finalidade estimular a creación poética entre os mozos e mozas, recoñécese con 1.500 euros, placa e diploma.

O segundo premio foi para Alexandre Fernández Peón de Pontevedra, pola creación ‘Crónica bélica da devastación en cinco minutos’. O pontevedrés recibe 600 euros, placa e diploma. Mentres, Laura López Esteban, de Lugo, acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, placa e diploma, coa obra ‘Renacer’.
O xurado que fallou os premios estivo integrado por Aurea Ramil, Armando Requeixo e José María...

leer más
Etiquetas:
13/11/2018

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Cultura e Educación, vén de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.

Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.

Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.

Establécese un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos.

O prazo de recepción remata o 30 de novembro. E o fallo do xurado farase público o 3 de...

leer más