Deportes
12/12/2016
A asociación Sendeiros de Foz instala un ano máis o Belén de Cumes. Nesta ocasión diríxese cara a Cornería o sábado, 17 de decembro, e a camiñata, de dificultade baixa, comezará na capela do Carme de San Martiño ás 10:00 horas. Os participantes xuntaranse no Concello para poder levar ao punto de saída a quen non teña medio de transporte. A saída dende o Concello está prevista para as 9:30 horas.
Todo o que queira pode levar unha figuriña para facer máis grande o belén, xa que o ano pasado colocáronse as que se puxeran no Pico da Lebre. Todos os interesados deben anotarse para tramitar o seguro de accidentes, a actividade é gratuíta. As anotacións poden facerse ata o venres 16 nos números de teléfono 676 561 594 (Nelli) e 670 369 017 (Morís), e por e-mail en...
leer más 07/12/2016
A cuarta edición da proba Corre por Nadal terá lugar en Viveiro o 18 de decembro.
A proba dará comezo ás 11:00 horas nos Xardíns Noriega Varela. Terá as categorías de Pitufos para os nados entre o 2012 e 2016 con 150 metros de recorrido, Prebenxamín do 2010-2011 con 300 metros, Benxamín do 2008-2009 con 400 metros, Alevín do 2006-2007 con 800 metros, Infantil do 2004-2005 con 1.250 metros, Cadete do 2002-2003 con 1.250 metros para o feminino e 2.500 metros para o masculino. Ademais as categorías Xuvenil do 2000-2001, Senior do 1977-1999, Veteranos I do 1967-1978 e Veteranos II do 1966 e maiores, todos eles cunha distancia de 3.250 metros.
O percorrido discorrerá nuns casos ata o edificio Neptuno e noutros ata o Conservatorio.
05/12/2016
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, vén de manter un encontro de traballo co responsable de Campus del Basket, Eduardo Pascual, responsable da organización o vindeiro ano dun campus de baloncesto que achegará á localidade a 400 mozos e mozas de todo o territorio nacional.
A iniciativa está deseñada para nenos e nenas desde os 6 aos 18 anos, que entre o 1 e o 16 de xullo convivirán en Mondoñedo ao tempo que aprenderán a modalidade deportiva do baloncesto. Amais, aproveitarán a súa estancia na localidade para facer rutas turísticas pola comarca e coñecer “a fondo” a cidade.
Trátase dunha iniciativa que por vez primeira recunca en Mondoñedo, pero que xa tivo un éxito notable noutras localidade da Mariña...
leer más 02/12/2016
O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, o Director Deportivo da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, Ruben Engroba, o Representante da Federación Galega de Baloncesto en Lugo, Alejandro Alcalde e a Xerente da empresa patrocinadora Ferreiro SuministrosIndustriales, Nadia Álvarez, presentaron no Salón de Actos da Deputación, o 1º Circuíto de Baloncesto Provincial Precadete Masculino. A Deputación colabora na celebración deste proba cunha achega económica de 1.500 euros.
Rivera Capónrecoñeceu a importancia deste tipo de iniciativas “que van encamiñadas a promover o deporte base e á mocidade, xa que son preto 300 xogadores non federados os que poderán participar no torneo, o que supón, ademais, un importante revulsivo económico do que se aproveitarán os cinco...
leer más 01/12/2016
A asociación Amigos de Regalxunqueira organiza un ruteiro o sábado, 3 de decembro, por Reinante e Ribadeo.
A saída da estación de tren de Viveiro será ás 10:00 horas ata Reinante, e alí ás 11:00 horas comezará a camiñata ata Ribadeo onde a comida será no restaurante A Dorada do Cantabrico.
O percorrido discorrerá por As Catedrais, Rinlo, as praias de Areosa, Castro e Olga, a Illa Pancha, o Forte de San Damian e rematará en Ribadeo. A distancia é de 16 quilómetros e é todo chán. Os organizadores recomendan levar bocata para o almorzo e bebida. Non é preciso ser socio para participar.
A volta será ás 18:40 horas dende a estación de tren de Ribadeo ata Viveiro. Ás 22:00 horas está...
leer más 28/11/2016
A Asociación Pasada das Cabras de Burela xunto con Terras de Lourenzá e Amigos do Patrimonio de Castroverde, organizan unha xuntanza na Fonsagrada o 4 de decembro. Durante esa xornada farán unha pequena ruta de dez quilómetros de dificultade baixa.
O prezo para os socios é de 25 euros e 30 euros para os que non o son, inclúe autobús, xantar a base de cocido con butelo típico da Fonsagrada e máis o seguro. Para participar é imprecindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no número de teléfono 982 580 504 antes do venres 2 de decembro ás 14:00 horas.
A saída dende Burela será ás 8:30 horas da Estación de Autobuses.
26/11/2016
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o presidente do CD Lugo, Tino Saqués, presentaron no Concello o Campus de Nadal CDLU CAMP, que este ano se fará na localidade mindoniense.
O CDLU CAMP é unha iniciativa do Club Deportivo Lugo que pretende difundir os valores da entidade deportiva tanto na cidade das murallas como no resto da provincia. De aí o interese do Concello de Mondoñedo porque este ano se celebre na localidade.
É a primeira vez que os CDLU CAMP saen da cidade de Lugo para achegar a solidariedade, o compañeirismo, a igualdade, as habilidades sociais ou o ‘fair play’ como eixo transversal dunha semana de desfrute para todos os participantes.
... leer más 26/11/2016
A asociación Sendeiros de Foz organiza o derradeiro andareiro deste ano por terras dos Oscos. Como todos os anos, nesta ruta que terá lugar o 11 de decembro, os participantes despedirán este 2016 antes das festas do Nadal.
A saída será ás 8:00 horas do Concello. Os interesados deberán anotarse antes do mércores 7 de decembro e poden facelo nos números de teléfono 676 561 594 (Nelli) ou 670 369 017 (Morís). Os organizadores animan a todos a participar nesta fermosa ruta.
22/11/2016
O Concello organiza a primeira edición da Gala do Deporte de Lourenzá, na que serán premiados clubs e deportistas do municipio este venres día 25.
O evento terá lugar no salón de actos da Casa do Concello a partir das 20:00 horas. A alcaldesa, Rocío López, será a encargada de abrir o acto cun discurso de benvida e agradecemento. O acto estará conducido por dous presentadores xoves: Marcos Candia e Claudia Pena. No transcurso da gala iranse proxectando vídeos sobre os deportistas e clubs deportivos galardoados e terá lugar a entrega de premios da man da alcaldesa e do concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva.
O edil de Deportes explica que se trata “dun recoñecemento que fai o...
leer más 07/11/2016
A asociación Pasada das Cabras de Burela xunto coa de Terras de Lourenzá realizarán a 11ª e penúltima etapa do Camiño Norte de Santiago entre Arzúa e O Pedrouzo, o sábado 12 de novembro.
A etapa ten unha lonxitude de 19 quilómetros e a saída ás 7:30 horas é da Estación de Autobuses de Burela. O prezo é de 20 euros para os socios e 25 euros para os non socios, inclúe autobús, comida e seguro.
Para poder participar nesta etapa é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no número de teléfono 982 580 504 antes do 10 de novembro ás 20:00 horas.











