Deportes
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polo val de Lourenzá, o vindeiro domingo, 6 de decembro.
A saída será ás 9:00 horas, diante de Cenor en Foz, e tamén ás 9:00 de Ferreira. O desprazamento farase en coche.
O prezo será 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade será gratuíta para os socios federados.
Para asistir é obrigatorio anotarse ata o venres 4 de decembro e as inscricións pódense facer nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla, e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta...
leer másEl fútbol sala regresa esta semana a Vista Alegre con Tarde Laranxa con el nacimiento de Burela FS TV en una maratón televisiva de 7 horas de emisión.
16.30 horas: Primera Femenina Jornada 6, Pescados Rubén Burela FS-Sala Zaragoza
20.30 horas: Primera Masculina Jornada 11, Pescados Rubén Burela FS-Jaén Paraíso Interior
Desde el Club señalan que “este sábado estrenaremos y probaremos por primera vez con “fuego real”, nuestro propio sistema de emisión en directo, cuyos servidores están gestionados directamente por el club. Esta nueva tecnología nos va a permitir emitir con más control y autonomía sobre nuestras emisiones, y crecer en el futuro hacia dónde queramos en este sentido”.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta para este domingo, 15 de novembro, que percorrerá a zona de Ribadeo. Partirá de Acevedo e rematará no mesmo punto, pasando polo alto do Mondigo e o monte de Santa Cruz, onde será o xantar.
A saída será ás 9:00 horas, de Foz, diante de Cenor, e ás 8:45 horas desde Ferreira.
Para participar é preciso anotarse e poderase facer ata o venres 13 nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeirros@yahoo.es.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla, ademais do xantar. O desprazamento farase en coche. A ruta ten un nivel de dificultade medio e unha lonxitude de 15 quilómetros.
A actividade terá un custo de 3 euros para os socios non federados e 4 para o socio...
leer másO debut ligueiro das Guerreiras na casa, previsto para este sábado (18.30 horas) coa xornada 4 ante o UA Alicante, será a porta pechada. A Vista Alegre tan só terán acceso as expedicións de ambas as escuadras, así como o persoal do club e medios acreditados. A cita poderá seguirse en directo por streaming.
Os abonados terán ata o venres, día 30, para solicitar a devolución da cota correspondente a este encontro (4 euros Abono Feminino// 3 euros Abono Mixto). Deberán formalizalo por escrito na oficina laranxa (formulario dispoñible).
Horario de atención:
Luns e venres 10.00-14.00 horas
De martes a xoves 10.00-14.00 // 16.30-19.00
Continúan as rutas de A Mariña en Ruta programadas para este outono, unha iniciativa que a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense puxo en marcha co apoio da Axencia de Turismo de Galicia e da Deputación de Lugo e que coordina a empresa de ecoturismo Maremasma. Este mes de novembro o ente propón descubrir centros históricos, portos baleeiros e bosques autóctonos cheos de cogomelos, coma sempre, da man de guías e axentes locais.
Desde a Mancomunidade explican que “debido á actual situación e ao nivel 2 de restricións no que se atopa Galicia para a organización deste tipo de actividades as prazas dispoñibles tiveron que verse reducidas a 4 persoas mais o guía. Ademais do uso obrigatorio de máscara e da pertinente distancia de seguridade”.
A primeira das rutas de novembro terá lugar o día 7 a partires das 10:30...
leer másA visita do Santa Coloma a Vista Alegre será sen público, tras o estado de alarma anunciado polo Goberno pola Covid-19. Ao recinto tan só terán acceso as expedicións de ambas as escuadras, así como o persoal do club e medios acreditados. A cita poderá seguirse en directo por streaming.
Os abonados terán entre hoxe e o venres, día 30, como prazo para solicitar a devolución da cota correspondente a este encontro (4 euros Abono Masculino// 3 euros Abono Mixto). Deberán formalizalo por escrito na oficina laranxa.
Horario de atención: De luns a xoves 10.00-14.00 // 16.30-19.00 e Venres 10.00-14.00 horas
O Encoro de Ríocobo acollerá o vindeiro sábado, 31 de outubro, a derradeira regata da Copa Deputación de Piragüismo, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
O edil de Deportes, David Rodríguez, o responsable da sección de piragüismo do Club, Iván González e o adestrador do Club Sergio Álvarez, presentaron a proba que arrincará ás 15:30 horas; e na que competirán en representación da Mariña, e ademais da entidade anfitrioa, o Club de Piragüismo Altruán de Ribadeo, o Kayak de Foz e o club de piragüismo Viveiro Urban.
O edil desexoulle moita sorte a todos os deportistas, que competirán nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, nas modalidades K1 e C1;
e especialmente aos representantes do Club Local que participará con 13 palistas; e...
A Asociación Cultural Deportiva Xove anuncia que ten aberto ata o 28 de outubro o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Culturais da tempada 2020-2021.
Para participar nestas escolas é preciso ser socio da entidade e aquelas familias ou alumnos/as que se queiran incorporar como socios deberán poñerse en contacto coa xunta directiva da asociación para tramitar a súa inscrición de alta. A cota de socio é 10 euros ao mes por familia, en pagos semestrais, tendo dereito a participar en todas as escolas ou actividades organizadas pola ACD Xove, así como descontos ou gratuidade nas equipacións deportivas que se poñen á venda.
As escolas que se ofertarán para este curso son: patinaxe artística, xadrez, atletismo, bádminton, surf e pintura. Haberá tamén unha escola de natureza.
Comezarán...
leer másO Concello de Cervo anuncia que está aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais Infantís. A tempada dará comezo o día 2 de novembro e as fichas de inscrición facilitaranse na Casa da Cultura ou na Casa do Concello.
Ofertaranse prazas nas modalidades de Ximnasia Rítmica, Multideporte e Patinaxe. A ximnasia rítmica terá lugar os luns, en horario de 16:00 a 17:00, na Casa do Mar de San Ciprián.
A actividade de multideporte desenvolverase os martes, no pavillón A Veiga de San Ciprián, de 17:00 a 18:00 horas, con fútbol sala, baloncesto, skate, MTB, padel e tenis.
A patinaxe artística será no pavillón do IES Marqués de Sargadelos de San Ciprián, os mércores de 16:30 a 19:30 horas.
O Concello de Cervo advirte que, por motivos de seguridade, o aforo das clases será...
leer másOs días 17 e 23 de outubro volve A Mariña en Ruta con propostas para achegarnos á interpretación dun ecosistema intermareal en Foz e á terra de cervos, entre Mondoñedo e Alfoz.
Desde a Mancomunidade de Concellos de A Mariña, ente organizador desta iniciativa, a súa Axente de Desenvolvemento Turístico, Tania Hermida, lembra que “o pasado 26 de setembro remataban os roteiros programados para agosto e setembro de A Mariña en Ruta cunha moi boa acollida, xa que contaron con 327 persoas que gozaron da oferta das rutas ofrecidas, cubríndose un 92% das prazas dispoñibles”. O proxecto, promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, e coordinado pola empresa de ecoturismo Maremasma, puxo en valor o rico patrimonio cultural e natural da Mariña Lucense con 21 roteiros únicos durante...
leer más












