Deportes

Etiquetas:
21/04/2017

O Pescados Rubén Burela FS iniciou onte a Xira Laranxa 2017 ‘Descubre o Fútbol Sala’ polo centros de ensino da Mariña no CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove, co fin de promover a práctica deportiva en igualdade do fútbol sala entre a xuventude de dentro e fóra da bisbarra. 

Representado por Lara Balseiro e José Carlos, xunto ao técnico de Primeira LNFS Tomás de Dios e o preparador físico Alfonso Mera, o club burelista deu a coñecer algunhas das súa singularidades a través dunha proxección audiovisual e compartiu experiencias e pista co alumnado de 5º Primaria.

A Xira Laranxa 2017, que se prolongará ata finais de maio, tamén terá paradas en Ribadeo, Muras, Foz, O Vicedo, Mondoñedo, Covas e Burela.

 

Etiquetas:
19/04/2017

O Presidente, Darío Campos Conde, presentou este mércores no Pazo de San Marcos a XXXIV edición da Copa Deputación de Fútbol Memorial Pedro Tapia, que organiza o Executivo Provincial coa colaboración da Federación Galega de Fútbol. Fíxoo xunto ao Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, ao Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol en Lugo, Carlos Méndez Moreira, ao Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández Méndez, e ao exfutbolista lucense ao que se dedicao torneo, Pedro Tapia. O organismo provincial inviste nesta iniciativa 100.000 euros. Son uns 15.000 euros máis que nas anteriores edicións pois, en resposta as peticións dos clubes, a institución tamén asume os custos de arbitraxes e desprazamentos. Durante a presentación do torneo, realizouse o sorteo de emparellamentos que terán lugar durante os meses de maio e xuño por toda a provincia. 

... leer más
Etiquetas:
19/04/2017

Presentada en Barreiros a V Carreira Popular das Praias, proba que terá lugar o 28 de maio ás 11:15 para carreiras infantís, e ás 12:30 para adultos.

Ao acto de presentación acudiu o alcalde, Alfonso Fuente Parga, membros da organización e varios corredores da zona, que despois aproveitaron para facer o percorrido a modo de adestramento.

Este ano como novidade estrease un novo percorrido para adultos. A saída será dende a praia de Arealonga e recorreranse todas as praias de mar do concello,  Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Fontela-Balea, Coto, Remior, San Bartolo e Altar. Así mesmo pasarán polo Castro de San Miguel de Reinante, carreiros de pescadores e paseo marítimo, “algo que fai desta carreira algo especial”, segundo a organización. Os participantes contarán con servizo de traslados (a partires das 11:45 horas...

leer más
Etiquetas:
18/04/2017

O Concello de Trabada organiza cinco roteiros de pequeno percorrido durante os meses de abril, maio e xuño.

Neste mes de abril segue coa actividade iniciada o pasado día 15 como ocio alternativo, e organiza para o domingo 30 a ruta da Fraga da Becerreira.

No mes de maio está programada unha ruta para o domingo 14 por Teixido no Roxal. Esta programación continúa no mes de xuño con dúas rutas, o domingo 4 é a do Vento, e o domingo 25 pola Fraga da Vilapena.

A saída destas rutas é ás 10:00 horas, dende o Concello de Trabada.

 

Etiquetas:
15/04/2017

A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organizan este mes de abril unha fin de semana de andainas polas Rías Baixas.

O sábado, 29 de abril sairán de Lourenzá ás 6:15, para dirixirse ata as Illas Cíes, onde pasarán a xornada realizando andaina no entorno. 

O domingo, 30 de abril, a ruta escollida comezará despois dunha visita a unha adega da zona, e levaraos ata o Monte Aloia, onde xantarán un picnic. Pola tarde, completarán as actividades do día coa visita á fábrica de chocolate Antoxo e cafés O Noso.

Finalmente, e aproveitando o festivo do luns, 1 de maio, desprazaranse ata Ribadavia, onde gozarán dunha xornada na Feira do viño do Ribeiro; para, xa pola tarde, regresar a Lourenzá.

Xa está aberto o prazo de inscrición (ata o xoves, 20 de abril como data...

leer más
Etiquetas:
13/04/2017

O Celta Barreiros disputará o vindeiro domingo, 16 de abril, un partido amistoso contra o Deportivo Cristal. Será ás cinco da tarde no Cascabeiro. O equipo lugués recada fondos estes días entre as empresas da Mariña para colaborar coa repatriación do cadáver do xoven senegalés Mousse Cissé, que morría afogado o pasado luns no Orzán, na Coruña. Este rapaz era xogador do Deportivo Cristal. O Concello colabora co Celta Barreiros nesta iniciativa solidaria, que foi presentada esta mañá na praia de Altar por directivos e polo adestrador do club local e polo alcalde, Alfonso Fuente.  

O adestrador do Celta Barreiros, José Moñita, sinalou que “estamos fomentando entre las empresas de A Mariña una fila cero para enfrentarnos en un partido amistoso al Deportivo Cristal, equipo de Coruña al que le murió un jugador ahogado en Orzán, con el fin de...

leer más
Etiquetas:
10/04/2017

O Torneo Triangular de Semana Santa de Fútbol Sala Base da Fundación Imdecum volverá este ano á axenda deportiva coa súa cuarta edición, reunindo o Xoves Santo, en Vista Alegre (Burela), ás categorías prebenxamín, benxamín e alevín dos Meigallos Sarria, ACD Xove e Pescados Rubén Burela FS.

A cita inaugurarase ás 10.00 horas cun enfrontamento alevín entre xovenses e burelaos e despedirase ás 20.00 horas co compromiso prebenxamín entre Os Meigallos e Xove. A entrega de trofeos porá o broche final ás 20.50 horas.

 

Etiquetas:
07/04/2017

O Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde do Concello de A Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, o Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Múñiz Nieto, e o Presidente do Club Ciclista Cidade de Lugo, José María Seijas Fernández, presentaron este xoves a III edición da Volta Ciclista ás Comarcas de Lugo. Fixérono acompañados polo exciclista profesional Ezequiel Mosquera Míguez, na Praza dos Fornos de A Pontenova, lugar de saída da segunda etapa deste desafío cicloturista.

O organismo provincial é o principal patrocinador desta proba deportiva,consolidada como a única Volta Cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia, pois achega 65.000 euros para a súa celebración, promovendo deste xeito o deporte na provincia de Lugo e dando...

leer más
Etiquetas:
05/04/2017

A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza a 4ª etapa do Camiño do Cantábrico o vindeiro 8 de abril.

Esta etapa de 17 quilómetros de percorrido, vai desde Barreiros á praia de Llás. A saída será ás 9:00 horas da estación de autobuses de Burela.

O prezo é de 20 euros para os socios e de 25€ para os que non o son. Inclúe autobús, comida e seguro. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504, antes do xoves 6 de abril ás 20:00 horas.

Por outra banda o domingo 9 de abril, dentro dos actos da Semana do Deporte do Concello de Burela, imos facer unha ruta circular por Burela de 5 quilómetros aproximadamente que sairá ás 11:00 horas da praza do Concello pasando polos lugares máis emblemáticos de Burela.

 

Etiquetas:
03/04/2017

A Concellería de Deportes organiza a segunda Semana do Deporte, que se celebrará do 5 ao 9 de abril. O edil Ramiro Fernández Rey presentou esta tarde o programa de actividades xunto ao alcalde, Alfredo Llano, e o técnico municipal de Deportes, Iván Cao “Lucas”. 

O responsable de Deportes relatou que “o programa dará comezo este mércores, día 5, cunha charla sobre A influencia dos país na actividade deportiva, que correrá a cargo de Plácido Sánchez, psicólogo do CD Lugo. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas”. Fernández Rey indicou que “ás veces a actitude dos pais nos campos de fútbol non son as máis axeitadas, tal e como vemos case a diario nos medios de comunicación. Queremos facer fincapé en cómo se debe afrontar esa actividade deportiva entre os nenos, que debería ser máis como divertimento e para facer compañeirismo, en lugar de...

leer más