Eventos

Etiquetas:
28/01/2023

A asociación O Noso Foz e o Concello presentaron hoxe, sábado, o cartel do Entroido focego, nun acto no que participaron o alcalde, Fran Cajoto; a concelleira de Cultura, Inés López Couto; e tres representantes de O Noso Foz: Angel Fernández, Fátima Novo e Erea Ben .

A asociación O Noso Foz e o Concello seguen traballando intensamente na organización dun Entroido 2023 que se espera espectacular. Despois dun pistoletazo de saída no mes de outubro coa elección da Raíña nun acto de escolla realizado no Campo da Cabana, chega febreiro con todos os eventos habituais nesta festa, que loita por ser nomeada Festa de Interese Turístico Galego.

O presidente de O Noso Foz, Ángel Fernández Neira, anuncia: “comezamos o día 11 coa cea de coroación, coa apertura de portas a partir das 21 horas na carpa situada na sala Bahía....

leer más
26/01/2023

Concello de Ribadeo e Acisa traballan na organización do Entroido 2023. Os actos desenvolveranse do 17 ao 25 de febreiro.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “visto que non existía unha comisión organizadora do Entroido como tal desde o Concello e Acisa puxémonos a traballar coa intención de programar unha serie de actividades que sexan do agrado de todas e todos. Levamos días de encontros, de chamadas e estamos a pechar os últimos flocos do Entroido 2023”.

A edil ribadense dixo que “podemos adiantar que os actos terán lugar do 17 ao 25 de febreiro e que haberá pregón, festa infantil, o desfile e a Queima, que recuperamos despois de varios anos sen celebrarse por mor da covid”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “agardamos a vindeira semana poder presentar...

leer más
Etiquetas:
25/01/2023

Este sábado, 28 de xaneiro, ás 17:30 horas na Sala Bahía de Foz celebrarase o XIII Festival Infantil da Subela, no cal renderán homenaxe á figura da pescantina.

A organización anuncia: “ademais teremos o pracer de desfrutar da música e baile da asociación Falcatrueiros, de Monterroso. Anímate a vir e colabora co Banco de Alimentos de Foz facendo unha doazón de alimentos non perecedoiros. Haberá biscoito e chocolate”.

Etiquetas:
25/01/2023

A parroquia de Rúa celebrará as festas da Candelaria os días 3, 4 e 5 de febreiro.

A programación arrinca o xoves 2 de febreiro, Día da Patroa, cunha misa solemne ás 12:30 horas e seguida da procesión.

O venres día 3, a partir das 23:00 horas, a verbena correrá a cargo das orquestas Fania Blanco Show e Los Coleguitas, seguida do DJ Conxuro na disco móbil Level Show.

O sábado, tamén ás 12:30 horas, terá lugar unha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida da procesión e sesión vermouth a partir das 14:00 horas coa orquestra Trébol, que repetirá pola noite a partir das 23:00 horas xunto ao Grupo Beatriz. A noite rematará ao ritmo do DJ Litainer.

O domingo ás 13:00 horas darase a última misa solemne, cantada de novo polo Coro Parroquial de Cervo,...

leer más
Etiquetas:
25/01/2023

Desde o Concello de Xove informan que Con respecto a anos anteriores, a edición deste ano conta cunha novidade xa que  o venres 17 de febreiro, premio ao gran Desfile,  imos ter no Pavillón Municipal uun BAILE INFANTIL DE DISFRACES  amenizado pola DISCO MÓBIL CONXURO.

O  sábado 18 de febreiro imos desenvolver as actividades centrais do Entroido, co seguinte programa:

    -17:00 horas.- DESFILE DE ENTROIDO polas rúas de Xove, con saída do entorno do  Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. Durante o desfile  e ao remate do mesmo contaremos coa amenización e actuación da MEKÁNIKA ROLLING BAND.

   -Unha vez rematado o Desfile e a actuación da Mekánika Rollíng Band, imos ter festa rachada no Pavillón ata altas horas da madrugada. Esta festa rachada, que vai ser tamén un baile de...

leer más
Etiquetas:
25/01/2023

Chévere, Carlos Blanco, Cándido Pazó ou Leilía son algunhas das propostas da Concellaría de Cultura de Ribadeo para o primeiro trimestre deste 2023. A axenda foi presentada por Pilar Otero Cabarcos. Seguirán os ciclos O Concello cos Coles e Cultura nas Parroquias así como as actividades do Apego para as crianzas. 

A edil ribadense dixo: “comezamos a presentación xa cunha cita para este venres, 27 de xaneiro, no auditorio municipal. A compañía de teatro Chévere, que leva 35 anos enriba dos escenarios e como din eles, na retagarda do teatro, un teatro que sempre é crítico, ao fío da actualidade, experimental nas súas formas, ameno e que sempre conta co favor do público. Nevermore, concibida como reflexión da catástrofe do Prestige e destinada a espazos máis grandes, logo de cumprida esa etapa está agora en xira por espazos coma o Hernán...

leer más
Etiquetas:
24/01/2023

A asociación cultural O Pasatempo, de Mondoñedo, organiza a unha cea baile con cocido para o 4 de febreiro, sábado, en Finca San Antonio.

O menú está composto por sopa, cocido completo, filloas, viños tinto e branco, auga e refrescos, café e chupito. 

O evento empezará ás 21:15 horas coa actuación do dúo Epo-K, ás 22:00 iniciarase a cea e a partir das doce da noite celebrarase o baile de disfraces, tamén amenizado polo dúo Epo-K.

O prezo é de 30 euros e as entradas véndense ata o 1 de febreiro en O Palique, O Rincón de Mondoñedo, Bar Castro e Vinoteca Segundo.

 

Etiquetas:
24/01/2023

O Concello de Viveiro xa ten lista a programación cultural para o Teatro Pastor Díaz nos meses de febreiro, marzo e abril, cunha oferta variada de música, danza e teatro para todas as idades. 

No vindeiro mes subirá ao escenario do Pastor Díaz a compañía Chévere, que co seu espectáculo ‘Nevermore (A Caixa negra do Prestige)’ reconstrúe a catástrofe ecolóxica que viviu Galicia hai dúas décadas e a conecta coa pandemia. Tamén Titzina Teatro presenta en Viveiro ‘Búho’, unha peza que se mergulla no concepto da identidade. 

En marzo será a quenda de ‘A música das beguinas’ co folk tradicional de Mamá Cabra e Bellón Maceiras e dunha dobre cita co teatro da man, primeiro, de Culturactiva, que representará ‘As alumnas’, e despois do Teatro Andazas que porá en escena ‘Baile de huesos’. 

En abril o...

leer más
Etiquetas:
21/01/2023

O Concello focego e a asociación O noso Foz anuncian que a cea de coroación da raíña do Entroido celebrarase o día 11 de febreiro e a Festa do Berberecho será o 15 de abril.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “a comisión de festas O noso Foz e o Concello están inmersos nos preparativos do próximo Entroido. É unha das festas máis importantes do municipio e que despois do ano 2021 e súa edición dixital por mor do COVID19 volveu o ano pasado con restricións, pero de forma segura e, sobre todo, con moito ánimo por parte de participantes e público. Este ano as datas clave desta festividade en Foz son a cea de coroación, que será o dia 11 de febreiro na gran carpa situada na Sala Bahía, como se ven celebrando os últimos anos (atrasada a data debido á celebración do San Blas); a cea de comadres, que será o xoves 16 (...

leer más
21/01/2023

Febreiro é o mes gandeiro no Valadouro. As actividades a desenvolver están organizadas polo Concello e pola Área de Medio Rural da Deputación de Lugo. 

O 4 de febreiro terá lugar a IV Feira de Razas Autóctonas, que dará comezo ás 10 da mañá e que vai repartir máis de 5.000 euros en premios. A inscrición está aberta ata o día 1.

O 11 están programadas conferencias agrogandeiras desde as 10 da mañá. Tamén haberá competicións de cabalos: concurso de andadura galega. E desenvolverase unha Ruta de Tapas con carne de razas autóctonas. 

E o 18 celebrarase a Feira de Gando, tamén a partir das 10 mañá. O evento repartirá máis de 1.000 euros en premios. A inscrición pódese facer ata o 15 de febreiro. 

Desde o Concello sinalan: “vai chegar febreiro, o mes gandeiro por...

leer más