Eventos

Etiquetas:
03/09/2017

O venres 8 e o sábado 9 de setembro celébranse na parroquia de Conforto, no concello de A Pontenova, as súas festas na honra da Nosa Señora.

O día 8 haberá misas ás 9:00, 10:00, 11:00 e 12:00, e ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne e sesión vermú. A noite a verbena estará amenizada por Disco Móbil Blanco y Negro.

O día 9, ás 13:00 horas celebrarase a misa solemne e posterior procesión, e a sesión vermú e a verbena correrán a cargo de M-5 e o dúo D´Cine.

 

01/09/2017

O salón de actos do Concello de Lourenzá acolleu hoxe a presentación da iniciativa denominada Trouleando polo Camiño Norte, que organizan os concellos de Vegadeo,Trabada, Lourenzá e Mondoñedo e as asociacións Asturgalaica e Abrindo Camiño. No acto participaron as alcaldesas de Trabada e de Lourenzá, Mayra García Bermúdez e Rocío López García; o alcalde de Vegadeo, César Álvarez Fernández; a concelleira mindoniense Ángeles Rodríguez Rico; os presidentes dos colectivos que están na organización desta actividade, Luis Fernández Ansedes e Manuel Méndez Vázquez, e outros representantes destas asociacións. 

A iniciativa consiste nun recorrido a pé “de promoción do histórico e orixinal trazado” desde Salave, en Tapia de Casariego, ata Mondoñedo, pasando por Vegadeo, Trabada e o Val de Lourenzá.

Estes itinerarios...

leer más
Etiquetas:
31/08/2017

Chega o remate do verán e con él a clausura da piscina municipal de Alfoz o 3 de setembro; non sen antes despedir a tempada cunha festa acuática infantil organizada polo Concello.

O evento terá lugar nas propias instalacións o vindeiro domingo, día 3, en horario de 16:00 a 20:00 horas e na que haberá hinchables acuáticos, waterball e xogos acuáticos gratuitos.

Etiquetas:
31/08/2017

O Concello de A Pontenova organiza unha Festa Acuática-Fin do Verán o venres, 1 de setembro.

Haberá xogos acuáticos e inchables acuáticos, e terá lugar na Piscina Municipal de A Pontenova.

Esta actividade é gratuíta e desenvolverase entre as 16:00 e as 20:00 horas.

 

Etiquetas:
29/08/2017

A parroquia de Rúa celebra este sábado, 2 de setembro, a Festa da Malla, organizada pola Asociación de Veciños de Rúa Candelaria, coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o tenente alcalde e edil de Medio Rural, Plácido Pérez e varios membros da Asociación de Veciños.

A malla comezará ás 10:00 horas con todo tipo de actividades para todos os públicos: paseos a cabalo, a II ruta de sendeirismo Subida ao Cabaleiro, e xa ao mediodía o Dúo EPO-K será o encargado da sesión vermú.

Pola tarde, dende as 16:00 horas, están programados todo tipo de xogos tradicionais para nenos e maiores; e ás 17:00 horas dará comezo a actividade principal, a malla..

A xornada completarase con exhibición de cetrería ao longo de...

leer más
28/08/2017

A cita, organizada pola Asociación Clan, e que conta coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés e representantes do ente organizador.

O programa comezará o venres ás 17:00 horas cun taller de flauta irlandesa-whistle; e ese mesmo día, ás 22:00 horas, haberá Serán na Praza dos Campos cos grupos A Rebolaxe, de San Ciprián, Airiños do Xunco, de Cervo, Medio Quiñón, de Burela; Ledicia, de Burela; e os alumnos do obradoiro de flauta; e con premios para os mellores bailadores.

Dende as 23:45 horas está programada a actuación da Requinta da Laxeira; e dende a 01:00 horas haberá foliada libre.

O sábado, 2 de setembro, está previsto ás 10:30 horas un taller de corda pulsada; e dende as 12:00 horas haberá Cantos de...

leer más
Etiquetas:
28/08/2017

A comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo, que é a Asociación Cultural Santa María do Campo e San Roque, decidiu ampliar o programa de actividades para o día 6 de setembro, mércores, cun concerto do grupo Claxxon no Cantón dos Moreno a partir das 22:30 horas e actuación da charanga Os Charangos, que percorrerá as rúas da vila desde as seis e media da tarde ata as dez e media da noite. 

Ademais para a xornada do 6 de setembro mantéñense as actividades que xa estaban programadas: o Día Infantil a partir das 16:30 horas no Cantón, co Parque Diverneno, que incluirá tobogán de auga, taller de chapas, inchables e festa da espuma. E ás 20:30 horas no Quiosco da Música do parque de San Francisco presentarase o cuarto disco CD de José Pulpeiro Doval O Gallopín.

O programa dos festexos patronais ribadenses...

leer más
Etiquetas:
28/08/2017

Hoxe, luns, da comezo en Ribadeo o VI Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos no que participarán arredor de 70 persoas ata o vindeiro 31 de agosto. O evento está organizado pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia e ten coma destinatarios a mestres da familia de transportes e mantemento de vehículos, a profesionais do sector do automóbil, a alumnos de Formación Profesional, a alumnado universitario e a afeccionados ao mundo do motor. 

O VI Fórum terá unha duración de 21 horas. Haberá charlas pronunciadas por representantes de empresas como PSA, BMW, Bosch ou ZF, que é a primeira vez que vai participar neste evento. Os asistentes tamén participarán en charlas sobre climatización, soldadura, impresión en 3D, son e equipos didácticos. 

As instalacións do hotel O Cabazo, de Ribadeo, acollen o VI...

leer más
Etiquetas:
26/08/2017

A cidade de Mondoñedo celebra os días 8, 9, 10 e 11 de setembro as Festas Patronais de Nosa Señora dos Remedios que organiza unha nova comisión de festas formada por catro membros en colaboraciónco Goberno local. Os festexos darán comezo o día 8 coa Festa da Xuventude a partir das 23:00 horas na Praza do Concello.

O sábado será a quenda das actuacións musicais de Lecer e Montreal. O domingo a música correrá a cargo de Salsarena e Claxxon e o luns día 11 de Alma Latina.

O programa das Festas Patronais de Nosa Señora dos Remedios inclúe a VII Xuntanza de Cantos de Taberna Cidade de Mondoñedo, así como a actuación do coro mindoniense. Tamén haberá un partido de fútbol o domingo ás 18:00 horas entre o Mondoñedo F.C. e a S.D. Candelaria.

Presentación da Banda Municipal de Música Pascual Veiga...

leer más
Etiquetas:
25/08/2017
O Goberno da Deputación leva á Pontenova, Guitiriz e Trabada durante a fin de semanaa súa programación de actividades fluviais gratuítas, que ofrece a todos os públicos e leva a todas as zonas da provincia, no marco do Plan Estratéxico de Turismo. Así, mañá, sábado, a zona de baño Pozo da Ola da Pontenova acollerá unha nova sesión lúdica dende as 17:00 e ata as 20:00 horas. Tamén mañá terá lugar unha nova actividade na Área Recreativa de Parga, en Guitiriz, entre as 16:00 e as 19:30 horas. Xa o domingo, as actividades continuarán na Ría de Abres, no Concello de Trabada, en horario de 16:00 a 19:00 horas.
 
As actividade sinclúen atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs... animacións musicais ou xogos populares.Cada sesión, que ten...
leer más