Burela
A Concellería de Cultura organiza un rastrillo popular solidario que se celebrará o 29 de maio, na Praza da Mariña, en horario de dez da mañá e tres da tarde. As inscricións poden realizarse xa chamando aos seguintes números de teléfono: 982 581 141 ou 608 158 170.
A cita terá lugar na fin de semana na que se desenvolverían as festas patronais de Burela.
Desde a Concellaría de Cultura sinalan que “xa vos podedes anotar chamando ao numero que aparece no cartel. A única condición é doar un quilo de alimentos para o Banco de Alimentos”.
Neste rastro solidario de Burela pódense atopar libros, discos, roupa, accesorios, decoración e artesanía. Todo a prezos populares.
Imdecum segue coa celebración das XI Xornadas Formativas para os alumnos do Ciclo Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva.
Este xoves, día 19 de maio, organiza unha xornada titulada Xadrez, primeiros pasos, que será impartida por Julio Delgado. A actividade terá lugar na aula de usos múltiples do IES Monte Castelo, a partires das 12:20 horas.
A Vicepresidencida da Deputación de Lugo, a través da súa Área de Deportes, colabora na organización deste evento.
A Concellería de Cultura anuncia que hoxe abre o prazo de inscrición para participar no Gran Karaoke que se celebrará no marco das Festas Patronais. O Auditorio Municipal dará cabida a este evento o mércores día 1 e o xoves día 2 de xuño, agardando a boa acollida que tivo en pasadas edicións.
Os participantes distribuiranse nas categorías infantil e xuvenil, que interpretarán as súas pezas o mércores a partir das 20:30 horas, e na categoría senior para adultos, que comezará o xoves ás 21 horas.
Para poder inscribirse, as persoas interesadas poderán empregar distintas modalidades, ben achegándose presencialmente á Casa da Xuventude sita na rúa do Cancelo nº 1, chamando por teléfono ao 982 58 11 41, ou ben enviando un correo electrónico á dirección casaxuventude@burela.org...
leer másO Domingo 15 de Maio ás 19:00 horas dentro do programa de dinamización lingüística #FalaRedes será representado na Casa da Cultura de Burela "Tras os vieiros de Florencio", espectáculo da compañía Fantoches Baj que mostra a traxectoria, a obra e máis a poética do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán.
Esta peza de teatro de obxectos dirixida preferentemente a público adolescente e adulto parte dun documento excepcional sobre a vida do poeta valdeorrés, que é a longa entrevista que él lle concedeu a Dolores Pla en Agosto de 1979 na súa casa de Guadalaxara (México) para o "Archivo de la Palabra". Os textos desta entrevista mestúranse en "Tras os vieiros de Florencio" cos poemas do autor, os cales xiran arredor de tres eixes: poesía galeguista, poesía festiva e paisaxística e poesía intimista....
leer másAs festas patronais de Burela na honra da Virxe do Carme e San Xoan Bautista darán comezo o 27 de maio coa estrea do alumeado festivo e a baixada da Vila do Medio. Ás 21:00 horas celebrarase a misa na honra da Virxe do Carme e a procesión desde a Igrexa da Vila do Medio ata a parroquial acompañada da Banda de Gaitas Dambara.
O sábado 28 ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura Antonina Semedo pronunciará o pregón das festas. O domingo 29 ás 13:30 horas, na rúa do Hórreo, haberá unha actuación de Acordeonistas da Marinha. O martes 31 ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura proxectarase o documental de Paco Salgueiro titulado Burela: referentes do lecer no século XX.
O día 1 de xuño ás 20:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura terá lugar o Gran Karaoke Infantil e Xuvenil. O xoves 2 de xuño ás 21:00...
leer másTras máis de 15 anos en escena CantaJuego chegará o próximo sábado, 14 de maio, á Casa da Cultura de Burela na súa xira 2022/2023 para presentar en dobre sesión ás 16:30 e ás 19:00 horas o novo espectáculo infantil "Viva mi planeta", unha divertida e entretida historia onde foron preseleccionados para outorgarlles un premio por ser a aldea ecolóxica máis proactiva e creativa.
Para conseguilo deberán demostrar as súas capacidades e seguir realizando as tarefas para protexer o planeta. Nesta hilarante historia que nos fala do coidado do planeta a través do humor e do entretemento os CantaJuegos estarán acompañados polos seus inseparables amigos Coco, Pepe e Buby e moitos outros cos que e xunto a vós cantarán e bailarán as súas cancións e éxitos de sempre.
Cantajuego é un proxecto pedagóxico musical en formato...
leer másLas XXIX Xornadas Técnicas de Expomar se celebrarán entre la tarde del jueves 19 y la mañana del viernes 20 de mayo en el puerto de Burela (Lugo).
La Fundación Expomar presentó este viernes a bordo del Barco Museo Boniteiro “Reina del Carmen” una nueva edición de sus Xornadas Técnicas y Encontro Empresarial, que se celebrarán el 19 y 20 de mayo en el puerto de Burela para abordar las nuevas dificultades y desafíos que afronta el sector pesquero.
En la presentación participaron el presidente de la Fundación Expomar y alcalde de Burela, Alfredo Llano, el gerente de Expomar, José Manuel González ‘Brais’, y otros miembros del Patronato de la Fundación y representantes del GALP A Mariña Ortegal.
El foro será como siempre abierto al público en el salón de actos de la Cofradía de Pescadores de...
leer másA pintora madrileña Costafreda Ángeles, asentada desde o inicio da pandemia na parroquia viveirense de Galdo, exporá na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela as súas obras realizadas ca técnica xaponesa sumi-e nunha mostra chamada "Pinceladas de Primavera".
A exposición será inaugurada o vindeiro venres, 6 de maio, ás 19:30 horas e poderá ser visitada ata o 3 de xuño de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
Somos Unidos por el Cáncer organiza o próximo 31 de maio a partir das 19.00 horas no Salón de Actos do Hospital Público da Mariña, unha conferencia titulada ‘El sujetador y su función para la salud’.
A charla será impartida por Bego Bermúdez, asesora de roupa íntima.
As persoas interesadas en acudir poden inscribirse chamando ao teléfono 699925296.
Será este venres, 6 de maio, ás nove da noite no auditorio municipal. O prezo das entradas, que están á venda en ataquilla.com é de 9 euros.
SINOPSE:
Un salón. Dúas persoas. Unha actriz. Un director. Moito alcohol. Deus. O diaño. Unha proposta… Todo Nunha noite é a nova montaxe teatral de Abismo Caracol dirixida por Darío Autrán (Salamandra, Relatos Negros, El cuarto de Mona) escrita por Manuel Manquiña e interpretada por el mesmo e Ángela Andrada. Sesenta minutos de risas, emoción e reflexión sobre a sociedade e as súas contradicións.












