Charla
Para o venres 17 de novembro ás 19:30 horas a Fundación Galiza Sempre organiza no Salón de Usos Múltiples do Concello de Viveiro unha palestra coloquio baixo o título 'A situación enerxética galega', a cargo de tres membros do Colectivo de Debate Enerxético Bidán: Manolo Cabarcos, Quico da Silva e Fernando Branco.
A organización di que é “unha excelente oportunidade para coñecer e afondar no modelo enerxético que Galiza precisa da man de tres especialistas”.
Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado, 11 de novembro, a conferencia “A matanza do porco. Cultura e tradición”, que impartirá o doutor en Antropoloxía Social Xoán Carlos García Porral. O conferenciante ten publicada unha tese na que analiza o proceso de modernización capitalista ao que se viu sometido o sector agropecuario dende a década de 1960, e como na actualidade as comunidades rurais tentan manter a súa identidade social e cultural a través dos antigos espazos agropecuarios.
A actividade, que conta coa colaboración do Concello de O Valadouro e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, desenvolverase no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro a partir das 12.00 e a ela poderán asistir, de maneira libre e gratuíta, todas as persoas que o desexen.
Mariña Patrimonio anima continuar...
leer másA Casa da Cultura do Concello de Burela albergará mañá, venres 3 de novembro, unha charla informativa sobre enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas impartida polodoutor John Guzmán, reumatólogo do Hospital Público da Mariña.
Guzmán será introducido por José León, xefe de proxectos sociosanitarios, que realizará unha breve presentación do movemento asociativoneste ámbitoe dos perigos das supostas medicacións milagrosas que se poden atopar pola rede.
O acto comezaráás 19:00 e a entrada será de balde, non sendo necesario realizar ningún tipo de inscrición previa. Está organizado pola Liga Reumatolóxica Galega, en colaboración co Concello de Burela e a Deputación de Lugo entre outras entidades.
O doutor Guzmán realizará nasúa intervención un repaso sobre a incidencia das enfermidades...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco convida a asistir a unha xuntanza conversa titulada "Situación e futuro da prensa en Galiza", un encontro que organiza Nós Diario para festexar a saída do número 1000 do xornal.
O acto desenvolverase o 10 de novembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Foz e nel intervirán María Obelleiro e Xoán Costa, directora e presidente do consello de administración de Nós Diario, respectivamente.
Desde A Pomba do Arco sinalan: “agardamos a vosa participación nesta xuntanza na que cada quen ten a oportunidade de dialogar e de expoñer a súas opinións sobre a situación e o futuro da prensa en Galiza”.
O venres 27 de outubro estará na Libraría Bahía, ás 20:30 horas, Celia Recarey.
Celia Recarey, ademais de tradutora, é editora de Irmás Cartoné, que publica traducións ao galego de novelas de distintas tradicións literarias e de distintas épocas.
As súas traducións son exquisitas así como a propia edición das mesmas. Conta entre as súas autoras con nomes como Virginia Wolf, Silvia Plath ou Margaret Atwood.
Desde a Libraría Bahía explican que “falaremos con Celia sobre a vida dunha pequena editorial, a tradución literaria nos tempos da intelixencia artificial, a selección de títulos a editar, e moitos outros temas ben interesantes para calquera que ame a literatura”.
O mércores, 14 de xuño, ás oito e media da tarde estará na Librería Bahía Octavio Beares para falar do cómic galego.
Octavio Beares é autor do libro A historia do cómic en Galicia, publicado por Galaxia, no que fai un repaso da contribución galega a esta arte, na que destaca nas últimas xeracións Miguel Anxo Prado ou Isaac Rubín, ambos merecedores de premios a nivel estatal. Ademais é crítico de cómic no Faro de Vigo, cidade na que reside habitualmente e cofundador da revista Cuco, cadernos de cómic.
Beares exerce como profesor no ensino medio e actualmente está dando aulas no Insitituto de Foz.
A agrupación Francisco Lanza, de Ribadeo, está a preparar unha charla coloquio sobre os medios de comunicación públicos galegos “e a súa necesaria neutralidade e profesionalidade. Convidamos ao Comité Intercentros da CRTVG para poder realizar tal charla coloquio e acordaron enviar uns representantes do mesmo para informarnos da situación das radio e televisión públicas galegas”, explican desde a organización.
O acto vaise realizar o vindeiro 5 de maio, na Casa do Viejo Pancho, ás 20:30 horas.
Con Francisco Lanza colabora o Concello de Ribadeo.
O próximo martes, 4 de abril, ás 20:30 horas estará na Libraría Bahía a autora focega Luisa Castro “coa que falaremos da súa última novela Sangre de horchata, que ven de publicar a editorial Alfaguara e do seu poemario Un amor antigo editado por Galaxia a finais do ano pasado”.
Luisa Castro é unha autora fundamental na literatura galega, que iniciou un cambio na poesía dos anos 80 sendo precursora da renovación da poesía galega do momento. Como novelista escribiu sempre en castelán e conta con varios premios do panorama literario español como o premio Azorín ou o finalista do importante premio Herralde. En poesía tamén acadou o premio Hiperión.
Estes últimos anos visitou a poesía en castelán, pero levaba moito tempo sen escribir poesía en galego e sen escribir narrativa, polo que estas dúas obras que sairon ao...
leer másVaise desenvolver o venres, 24 de marzo, Ás 19.30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico. A charla vaina impartir María González Cociña.
María González Cociña, matrona burelense, formada en Barcelona no ano 2014. Acompaña ás mulleres ao longo da súa vida, dende a adolescencia á menopausia e é unha gran apaixonada so seu traballo.
Está formada en solo pelviano e coa súa charla pretende transmitir a importancia do coidado do mesmo, no día a día, para evitar e mellorar posibles molestias do presente ou do futuro, mellorando moito a calidade de vida.
Ela transmite que, ter perdas de ouriña, dor nas relacións sexuais ou infeccións recurrentes non é normal e ten solución.
A charla está aberta a todo o mundo en xeral que essté interesado neste tema.