Charla

Etiquetas:
22/03/2019

O Concello de Ribadeo organiza un ciclo de charlas, que se desenvolverán os días 2 e 4 de abril na localidade e que terán como protagonista ao Camiño de Santiago como dinamizador da economía local. Está destinado a todas as empresas existentes que ofrecen servizos aos peregrinos ou aquelas persoas interesadas na apertura de novos negocios en torno ao Camiño Norte e aos seus camiñantes. A concelleira de Comercio e Turismo, Ana Martínez, fai unha chamada á asistencia a estas charlas que terán lugar na Casa do Mar, a partires das 17:30 horas. 

A edil salientou que “Ribadeo é unha das portas principais de entrada do Camiño a Galicia. Inicialmente esta entrada facíase a través da ría nas barquerías que trasladaban aos peregrinos de Asturias a Galicia e nos últimos tempos isto se fai a través da Ponte dos Santos. Nos últimos anos foi aumentando...

leer más
Etiquetas:
11/03/2019

A Concellería de Medio Ambiente organiza unha charla sobre a vespa velutina que terá lugar o vindeiro venres, 15 de marzo, ás 20:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

Nesta actividade formativa explicarase como evitar que se instalen niños de velutina preto das vivendas, as técnicas de trampeo de raíñas para os cidadás en xeral e para os apicultores, así como atraíntes e tipos de trampas. Tratarase ademais o ciclo da velutina, niños reais e diferenciación.

A charla correrá a cargo de José María Vázquez, xerente de SERPA, control de pragas, inventor e investigador de campo.

A actividade está organizada poloo Concello de Burela, a través da Delegación de Medio Ambiente, coa colaboración de SERPA.

Noelia Mª Ben anima asistir a esta charla de interese para...

leer más
Etiquetas:
13/02/2019

A deportista paralímpica Desireé Vila ofrecerá unha charla coloquio en Ribadeo. Será este venres, 15 de febreiro, no salón de actos da Casa do Mar a partir das 20:00 horas. Está organizada polo Concello e conta coa colaboración do Club de Hockey Isla Pancha.

Desireé Vila é autora do libro titulado "Lo único incurable son las ganas de vivir". Esta deportista viguesa practicaba ximnasia acrobática e por unha neglixencia médica perdeu unha perna. Na actualidade continúa coa práctica deportiva como atleta paralímpica.

 

Etiquetas:
27/01/2019

O xoves, 31 de xaneiro, terá lugar no Cenima, en Foz, un acto sobre “O teatro de Manuel María”. O seu inicio está previsto para as 20:30 horas. 

Está organizado pola Pomba do Arco e no mesmo participarán Pilar García Negro e Alberte Ansede. 

Etiquetas:
10/12/2018

Mañá, 11 de decembro, terá lugar unha charla sobre o sétimo arte, segundo informa a Concellaría de Cultura ribadense. 

A conferencia correrá a cargo da directora e guionista de cine Jaione Camborda, e leva por título Oficio de director de cine. Esta actividade terá lugar na Casa das Letras ás 17:00 horas. Está organizada pola Deputación Provincial de Lugo. 

 

Etiquetas:
30/11/2018

O vindeiro luns, 3 de decembro, ás 20:00 horas levarase a cabo na Casa da Cultura de Foz unha charla sobre a nosa toponimia. Esta actividade está enmarcada dentro do programa Toponimízate! Falámosche dos nomes da túa terra, que ten como obxectivo divulgar a riqueza da toponimia galega.
 
Nesta charla, ademais de coñecer a orixe e o significado dos nomes de parroquias, barrios,… poderemos aprender a usar a aplicación colaborativa que pretende contribuír á preservación e difusión da microtoponimia galega a través da xeolocalización.
 
A Real Academia Galega coordina esta iniciativa, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

Etiquetas:
26/11/2018

A asociación A Pomba do Arco organiza unha mesa redonda sobre a participación dos mariñaos nas protestas de 1968 en Compostela e París. Será o xoves, 29 de novembro, ás 20:30 horas, na Librería Bahía de Foz. Nese acto tamén se presentará unha publicación coordinada por Xosé Ramón Ermida Meilán, titulada Galiza 1968. A consciencia avivada, na que se analizan eses feitos.

Na mesa redonda estarán presentes tres mariñaos que participaron nas protestas de 1968 en Compostela e París. Trátase de Luis Gonçales Blasco “Foz”, que era un dirixente estudantil compostelá que tivera que exiliarse nese ano de 1968 a París; Olga Villarino Rodríguez, natural de Foz e veciña de Barreiros, que era unha estudante da Facultade de Ciencias e participou nas protestas compostelás de marzo de 1968; e Adolfo Paz que era un emigrante en París e participou nas...

leer más
Etiquetas:
16/10/2018

O Concello de Lourenzá conmemorará o Día Contra o Cancro de Mama este venres, día 19, cunha charla, andaina e  merenda solidaria.

A alcaldesa, Rocío López, anunciou hoxe que “o salón do Centro Social Torreón dos Frades, de Lourenzá, acollerá este venres, 19 de outubro, ás 16:30 horas unha charla titulada Impacto psicolóxico do Cancro de Mama, que será impartida pola psicooncóloga Carmen Rubiños López. A continuación terá lugar unha andaina solidaria polas principais rúas de Vilanova e colocaranse tres lazos rosas en tres lugares emblemáticos do pobo. E, xa para rematar, polas 18:30 horas os asistentes volverán ó centro social Torreón dos Frades para merendar chocolate e mantecadas”.
 
As actividades son organizadas pola Concellería de Servizos Sociais. Rocío López e a concelleira Mercedes Dengra invitan “a todos os veciñ@s a...

leer más
Etiquetas:
15/10/2018

O Concello de Cervo, a través da delegación de Sanidade que dirixe Mali Méndez, organiza diversas actividades con motivo do Día Mundial contra o Cancro de mama, que ten lugar cada 19 de outubro.

Méndez explicou que o venres terá lugar unha mesa redonda na Casa da Cultura, ás 18:00 horas, na que participarán o fisioterapeuta Aladino Fernández e a psicóloga da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na zona da Mariña, Carmen Rubiños.

O domingo, 21 de outubro, terá lugar unha andaina popular. Será ás 17:30 horas e o punto de encontro é o peirao de San Ciprián. A continuación haberá unha clase de zumba aberta a todo o público na Casa do Mar.

As persoas participantes nas actividades poden aportar o seu donativo para a loita contra esta enfermidade dirixido á Asociación Española contra o...

leer más
Etiquetas:
15/10/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha palestra sobre a historia da guerrilla antifranquista na Mariña e en Galiza. Será este martes, 16 de outubro, na Casa da Cultura de Foz, ás 20:30 horas.

Neste acto estará presente Francisco Martínez “Quico”, único membro vivo da Federación de guerrillas de Galiza e León, dirixente da guerrilla durante máis de cinco anos e exiliado en Francia entre 1952 e 1976.

O histórico guerrilleiro estará acompañado por Fernanda Cedrón Trigo, neta do mítico guerrilleiro mariñán Luis Trigo Chaos “O Gardarríos”; e Odette Martínez, especialista en memoria e profesora na Universidade de Montpellier.