Deporte
O Concello de Ribado e BeOne poñen a disposición dos veciños e das veciñas unha aplicación gratuíta para adestrar e manterse en forma desde a casa nesta época de confinamento. Así o anunciou hoxe o alcalde, Fernando Suárez, Barcia.
O rexedor explicou que “desde o Concello de Ribadeo, a parte das outras cuestións nas que traballamos, estamos preocupados por estas medidas de confinamento. Os días van pasando e faise moi longo o tempo, a xente está a vivir entre catro paredes, e temos que poñer en práctica aquel dito latino que dicía mens sana in corpore sano, é dicir para estar ben mentalmente debemos ter o corpo ben. E para iso debemos facer deporte e para facer deporte na práctica totalidade dos casos é necesario saír e como non podemos facelo temos que aproveitar os recursos que a técnica ou a tecnoloxía nos permiten”.
... leer másO concelleiro de Deportes, Jorge Díaz Freije, fai un balance moi positivo da acollida que están a ter as escolas deportivas que organiza o Concello. Nas doce que se ofrecen durante o inverno inscribíronse 447 nenas e nenos. E nas cinco que houbo no verán participaron 94 rapaces.
O edil nacionalista dixo que “ven de pecharse o prazo de inscrición das escolas deportivas de inverno, que son 12 especialidades e en total, entre nenos e nenas, hai 447 inscritos. E nas escolas de verán contaron con 94 participantes en total, repartidos entre as 5 especialidades que houbo. Polo tanto en total, entre as de verán e as de inverno, hai arredor 540 alumnos e alumnas”.
As modalidades das escolas deportivas de inverno que se están a impartir son: atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hoquei liña, natación, pádel, patinaxe...
leer másEn Burela celebrarase a IV Semana do Deporte, que organiza o Concello, do 3 ao 7 de abril. Haberá talleres de iniciación ao atletismo para nen@s e ao xadrez para adultos, un clínic de pádel e outro de baloncesto no que participarán xogadores do Obradoiro, así como charlas e unha ruta de sendeirismo. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, anima á veciñanza a acudir ás actividades programadas e agradece a participación das firmas colaboradoras. Na presentación, que tivo lugar este mediodía, participaron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, xunto a representantes das distintas entidades colaboradoras e o técnico municipal de Deportes, Lucas.
Ramiro Fernández dixo que “desde o Concello, un ano máis, estamos moi orgullosos de que esta actividade siga saíndo adiante. É o cuarto ano e é unha...
leer másO estadio Martínez Otero acollerá o vindeiro domingo, 14 de outubro, a homenaxe que o CD Foz lle renderá ao comercio de proximidade e á hostalaría local. O presidente do Centro Comercial Aberto, José Carlos Paleo, anima a asistir a este acto que terá lugar ás 16:45 horas, durante o encontro que disputarán o CD Foz e o San Tirso.
O CCA focense invitará a café a todos os asistentes a ese partido e sorteará 100 euros en vales en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.
José Carlos Paleo sinalou que “para o comercio de proximidade é un recoñecemento moi importante que se teña en conta o esforzo que aporta a todas as actividades que axuda a financiar como festas, torneos deportivos, etc”.
O presidente do Centro Comercial Aberto lembra que “o comercio fai pobo, como di o...
leer másA Academia Imdecum regresa ao IES Monte Castelo na sétima edición das súas Xornadas do Deporte con ‘Ocio, tempo libre e discapacidade intelectual’, a través de Special Olympics Galicia e a Fundación Eu Son, e o ultrarunning, co mariñán Siro Maseda.
O ciclo arrincará este xoves, 31 de maio, coa presenza da directora técnica de Special Olympics Galicia, Eunice Mosquera, o técnico de Deportes da Fundación Eu Son, Pablo Martínez, e os participantes Pablo López e José Pernas. O xoves 7, será a quenda de ‘Valores e deporte a través da montaña’.
A iniciativa, que conta ademais coa colaboración da Deputación de Lugo e o IES Monte Castelo, está destinada a alumnado e titulados/as do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do centro burelao, monitores deportivos e demais profesionais relacionados co deporte, así...
leer másO vindeiro luns, 2 de abril, ás 20:30 horas terá lugar no pavillón de deportes a IV Gala do Deporte, que organiza o Concello de Ribadeo.
Serán 199 os deportistas locais premiados de 13 modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, billarda, fútbol sala, fútbol, pádel, piragüismo, remo, rugbi, surf, tiro olímpico, tenis de mesa e ximnasia rítmica. Entre todos eles hai campións de España, de Galicia, de Asturias, provinciais ou comarcais, tamén deportistas que debutaron na primeira división da súa modalidade, hai equipos e tamén deportistas individuais.
O acto estará presidido polo alcalde, Fernando Suárez Barcia.
A Delegación de Deportes organiza a III Semana do Deporte que se desenvolverá do 5 ao 9 de abril. Haberá actividades para adultos e nen@s, charlas sobre alimentación saudable e primeiros auxilios no deporte e sobre consellos podolóxicos deportivos. En Burela estará Jordan Bachynski, xogador de baloncesto do Obradoiro, que visitará os colexios e participará nun clínic e nunha mesa redonda. A III Semana do Deporte de Burela foi presentada hoxe no Concello.
O edil de Deportes, Ramiro Fernández Rey, lembrou que “esta iniciativa puxémola en marcha dende o momento que entramos no goberno, e demostra claramente a aposta polo deporte que facemos desde o Concello de Burela. Esta Semana do Deporte vai empezar o xoves 5 de abril e rematará o luns 9 de abril, cunha serie de charlas e actividades que cremos son moi interesantes, e que o que fan é...
leer másO Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto á Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o Concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva Rivas, presentou este luns a II Gala do Deporte de Lourenzá, que terá lugar o vindeiro venres 22 de setembro, a partir das 20:00 horas,no Pavillón Municipal do Concellomariñán. No evento premiarase aos mellores equipos e deportistas laurentinos da tempada 2016/2017.
O organismo provincial colabora co Concello de Lourenzá na organización desta cita cunha achega de 8.000 euros, coa que tamén contribúe á celebración doutros eventos deportivos no municipio como o XXI Día da Bici, a VIII Carreira Val das Fabas 2017, a Marcha Cicloturista ou aMilla Popular Concello de Lourenzá.
Rivera Capón subliñou que “falar de Lourenzá é, sen dúbida, falar de deporte. Ao longo do ano...
leer másA Concellería de Deportes organiza a segunda Semana do Deporte, que se celebrará do 5 ao 9 de abril. O edil Ramiro Fernández Rey presentou esta tarde o programa de actividades xunto ao alcalde, Alfredo Llano, e o técnico municipal de Deportes, Iván Cao “Lucas”.
O responsable de Deportes relatou que “o programa dará comezo este mércores, día 5, cunha charla sobre A influencia dos país na actividade deportiva, que correrá a cargo de Plácido Sánchez, psicólogo do CD Lugo. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas”. Fernández Rey indicou que “ás veces a actitude dos pais nos campos de fútbol non son as máis axeitadas, tal e como vemos case a diario nos medios de comunicación. Queremos facer fincapé en cómo se debe afrontar esa actividade deportiva entre os nenos, que debería ser máis como divertimento e para facer compañeirismo, en lugar de...
leer más