Lourenzá

Etiquetas:
07/09/2022

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o concelleiro de Cultura e Festexos, Manuel Arango Ron, presentaron o cartel da XXX Festa da Faba, que se celebrará entre o 30 de setembro e 2 de outubro. O cartel escollido este ano polo Concello de Lourenzá é obra da deseñadora gráfica laurentina Codés Lillo Irimia.

Manuel Arango anuncia que “nos próximos días darase a coñecer o contido da programación desta edición, que volverá ter o formato tradicional despois de dous anos nos que non se puido celebrar por culpa da pandemia”.

 

Etiquetas:
06/09/2022

A Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presidiu no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos a sesión extraordinaria deste órgano participativo e consultivo na que se fallaron os terceiros premios á excelencia do turismo e a gastronomía da provincia. Ademais, esta edición recoñecerá tamén a sustentabilidade co premio de Turismo Sostible, exclusivo desta edición ao estar enmarcado dentro das accións que a Deputación de Lugo leva a cabo como antesala do evento Copa España Creativa - Fórum Lugo 2022.

Na categoría Lugo Cambia ao Turismo Lucense, o xurado distinguiu á Asociación Veciños de Vilachá de Salvadur; a Ruta da Faba de Lourenzá; ea Fundación Xosé Soto de Fión, e na de ...E para comer, Lugo á gastronomía lucense gañou o Consello Regulador da DO...

leer más
Etiquetas:
05/09/2022

Concluíron as obras de reforma das instalacións da nave do recinto feiral para a construción dun local multituosos denominado Ponte de Cuñas. O custe desta actuación foi de 262.000 euros, financiada con cargo ao remanente de Tesourería municipal. Será inaugurado este sábado, 10 de setembro, ás 19:30 horas e ás 20:00 horas actuará Purofilin co seu espectáculo titulado De Machín a la Nueva Trova.

A alcaldesa, Rocío López, explicou que “ó logo dos anos vimos dándonos conta de que Lourenzá necesitaba un local multiusos onde poder realizar moitas das actividades que tiñan lugar no municipio. Ata agora contábamos cun Salón de Actos non moi grande e dotado de butacas, o que dificulta poder realizar nel moitos dos eventos que teñen lugar no concello. A creación dun local multiusos onde poder desenvolver moitas das actividades que se veñen...

leer más
29/08/2022

Os festexos en San Adriano comezan o 2 de setembro ás 21:30 horas cunha gran pulpada e churrascada, servida por Constante, seguida pola verbena coas orquestras Costa Dorada e Saudade.

O sábado 3, ás 13:00 horas, será a misa solemne, seguida da sesión vermú amenizada pola orquestra Pontevedra, que repite na verbena xunto con Galilea.

Xa o 4 de setembro, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne e a sesión vermú, esta vez a cargo do grupo de baile Asociación Cultural Osorio Gutierrez de Lourenzá e de seguido a orquestra Solara. A xornada rematará cunha gran verbena con Solara e o Dúo EPO-K.

 

Etiquetas:
25/08/2022

Do 26 ao 29 de agosto celebraranse as festas patronais de Lourenzá, as do Conde Santo.
Comezarán o 26 coa Farra do Conde, unha cea-baile, na que haberá djs e unha actuación de Toxo Guayaba, co patrocinio de Patrimonio Laurentino. Os tíckets para poder asistir pódense comprar nos bares do pobo.

O 27 de agosto haberá sesión vermú amenizada por Distrito 7, que tamén estará na verbena xunto con La Banda de Nash. O 28 de agosto a sesión vermú correrá a cargo de La Favorita, que repetirá na verbena con Nueva Fuerza. E o luns, 29 de agosto, haberá unha última sesión vermú, amenizada por D Vicio.

 

Etiquetas:
24/08/2022

Tras dous anos de parón pola pandemia, o 26 de agosto Lourenzá acollerá o XXIII Día da Bici, organizado polas Escolas Deportivas e o Concello laurentino.

A tradicional celebración contará co paseo de 12 quilómetros á Cazolga e a carreira da tartaruga no Cantón. Ao rematar esta última, haberá máis probas e competicións, así como trofeos e agasallos sorpresa.

Comezará as 19:00 horas coa saída ata A Cazolga dende a Praza Conde Santo. É obrigatorio o uso do casco. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ese mesmo día na praza a partir das cinco da tarde. 

 

Etiquetas:
01/08/2022

En agosto seguen as visitas guiadas ao Mosteiro de San Salvador, en Lourenzá. Teñen lugar de luns a sábado ás 12 da mañá. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono:  982121006, por correo electrónico a lourenzaturismo@outlook.es ou por whatsapp ao 646384124 

O Mosteiro de San Salvador é sen dúbida, o monumento máis importante do concello, un referente do barroco galego. Foi declarado monumento histórico-artístico no 1974.

Os primeiros datos da súa existencia son do 947. A partir do século XII, pasou de mosteiro familiar a mosteiro beneditino. A partir do 1505, intégrase na congregación de San Benito de Valladolid. No 1642, o prestixio da abadía chegou a tal que o rei Felipe IV outorgoulle o título de Marqués de Lorenzana a Don...

leer más
Etiquetas:
28/07/2022

O vindeiro domingo, 31 de xullo, as 19:00 horas terá lugar na Igrexa de Lourenzá un concerto de Hans van der Zanden e Anastasia Goldberg, da man de Peregrinos Musicales e O teu Xacobeo. A cita conta coa colaboración do Concello de Lourenzá. 

Neste concerto os intérpretes tocarán varias pezas de música clásica de diversos autores, como son  L. van Beethoven, P. Dukas, W.A. Mozart e J. Brahms.

 

10/07/2022

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, manifestou que “hoxe é un día de felicidade e de orgullo para todos os laurentinos e laurentinas porque vimos de recibir a marabillosa noticia de que se lle vai dedicar o Día das Letras Galegas do próximo ano 2023 a Francisco Fernández del Riego. Levamos loitando por isto moito anos”.

“En primeiro lugar quero agradecer ás corporacións municipais anteriores que iniciaran este camiño que agora me tocou a min continuar. Agradecer tamén a todos os grupos políticos que forman a actual corporación porque apoiaron sen fisuras esta candidatura. Tamén quero ter unhas palabras de agradecemento para aos concellos veciños que nos apoiaron, á Deputación Provincial, ao Concello de Vigo, á Fundación Penzol e a todas as institucións ás que nos diriximos para que apoiasen esta iniciativa e que o fixeron firmemente”,...

leer más
08/07/2022

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, ofrecerá unha recepción aos dous aventureiros que foron desde este municipio ata Noruega en vehículos clásicos, concretamente nun coche Dyane 6 e nunha moto Vespa 200. O acto será mañá, sábado 9 de xullo, a partir das 11 da mañá na praza do Conde Santo e nos baixos da Casa do Concello, onde os protagonistas desta viaxe (Jorge Aguirre e Cefe Martínez), ofrecerán unha charla coloquio na que contarán as experiencias vividas e proxectarán fotografías da aventura.

Esta viaxe, que serviu de promoción para o municipio, foi organizada polo Concello de Lourenzá en colaboración co club VespaFaba&Clásicos.