San Ciprián

22/03/2016
A Festa do Mexillón celebrarase este sábado, 26 de marzo, en San Ciprián. Bares e restaurantes ofrecerán racións e tapas deste produto.
 
A tradicional Festa do Mexillón, de San Ciprián, celebrarase este sábado, día 26, en San Ciprián. Hoxe presentouse o cartel deste evento gastronómico, acto no que estiveron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares; a concelleira de Turismo, Manuela Méndez; e Georgina Pérez, en representación do bar Maruxaina, que é un dos establecementos hostaleiros que participarán no festexo.
 
Bares e restaurantes de San Ciprián ofrecerán racións e tapas de mexillóns elaboradas en diferentes preparacións durante o Sábado Santo, que é o día no que se celebra cada ano este evento gastronómico que ten como principais obxectivos exaltar o mexillón e ofrecer un atractivo máis para os veciños desta zona e para os turistas que a visitan durante a Semana Santa. 
 
21/03/2016
O XIII Encontro de Palilleiras, que se celebrará o 2 de abril en San Ciprián, contará con 600 participantes.
 
O vindeiro 2 de abril terá lugar en San Ciprián o XIII Encontro de Palilleiras con 600 participantes. O evento foi presentado hoxe nun acto que contou coa presenza do alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Igualdade, Pilar Armada.
 
O rexedor municipal salientou que “xa é unha xuntanza de palilleiras que adquiriu unha sona que vai máis alá das fronteiras non só da nosa provincia senón tamén de Galicia. Son moitas as persoas que veñen, mulleres sobre todo, a palillar de Galicia pero tamén moitas doutros lugares, basicamente da veciña Asturias e tamén da zona de León”.
 
Alfonso Villares engadiu que “este encontro de palilleiras reforza moito a...
leer más
18/03/2016
A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá do 21 de marzo ao 2 de abril unha exposición de labores feitas por mulleres do municipio.
 
A Casa de Cultura, de San Ciprián, acollerá a partir do vindeiro luns, día 21, unha exposición de labores feitas por mulleres do municipio, como traballos en ganchillo, bordados ou bolillos. Anunciouno hoxe a concelleira de Igualdade, Pilar Armada Carrete.
 
A mostra, titulada Coas nosas mans, inclúe obras realizadas por socias dos seguintes colectivos: CIT de San Ciprián, Asociación de Amas de Casa Alborada, As Espalladoras, Alumnas de Mari Luz Méndez, Asociación de Veciñ@s Cervo-Sargadelos e Mulleres de San Ciprián. Será inaugurada na sala de exposicións da Casa de Cultura o vindeiro luns ás 17 horas e estará aberta ao público ata o 2 de abril. Poderá visitarse de luns a venres de 11 a 13 horas e de 17 a 20 horas. 
 ...
Etiquetas:
11/03/2016
Tres cociñeiras con estrelas Michelín e un sumiller participarán nas xornadas técnicas da 25ª edición da Festa do Ourizo, de San Ciprián, que se celebra este sábado, día 12.
 
Tres cociñeiras de restaurantes galegos con estrelas Michelín e un sumiller participarán nas xornadas técnicas da 25ª edición da Festa do Ourizo, de San Ciprián, que se celebrará este sábado, día 12.
 
A concelleira de Turismo en Cervo, Manuela Méndez, explicou hoxe que “a inauguración das décimo sextas xornadas técnicas sobre o ourizo será ás 12 da mañá. Dende a súa orixe estas xornadas serven para divulgar diferentes eidos relativos ao ourizo de mar no seu aspecto biolóxico, científico, comercial ou gastronómico, como imos facer este ano e xa se fixo en edicións anteriores, coa celebración dun show cooking, que é cociña en vivo. Este ano contamos coa presenza de tres cociñeiras de prestixio e de renome, galardoadas cada unha delas...
leer más
Etiquetas:
08/03/2016
O grupo Leilía actuará este sábado, 12 de marzo, en San Ciprián para celebrar a 25ª edición da Festa do Ourizo.
 
O grupo Leilía actuará este sábado, día 12, en San Ciprián con motivo da celebración da 25ª edición da Festa do Ourizo, que organiza o Concello de Cervo. Terá lugar na carpa situada na Praza dos Campos ás dez da noite.
 
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, anunciou hoxe que este concerto “organízase porque se cumpre a vixésimo quinta edición da Festa do Ourizo, que é en un evento de interese turístico galego, moi importante para o concello de Cervo e que gusta a moita xente. É unha maneira de celebrar que leve tantos anos e esperamos que siga durante moitos máis”.
 
O grupo Leilía ofrecerá o seu espectáculo titulado CONsentimento, que “é...
leer más
Etiquetas:
02/03/2016
A XXV Festa do Ourizo celebrarase en San Ciprián o 12 de marzo. O programa de actividades inclúe un showcooking.
 
A Casa da Cultura de San Ciprián acolleu esta tarde a presentación do cartel da XXV Festa do Ourizo, que se celebrará o vindeiro 12 de marzo. No acto participaron o alcalde, Alfonso Villares, a concelleira de Turismo, Manuela Méndez, a concelleira de Cultura, Dolores García, e representantes da hostalaría local.
 
Nesta festa de interese turístico galego participarán os seguintes establecementos hostaleiros: Pizzería O Trasgo, Cervexaría Nordesía, Telvi’s Place, A Cerve, Pizzería A Sombriza, Bar Maruxaina, Cervexaría Las Titas, Restaurante Boavista, Restaurante O Noso Lar e Mesón A Bodega. 
 
O programa de actividades da XXV Festa do Ourizo, que se dará a...
leer más
Etiquetas:
20/02/2016
A piscina olímpica e a Casa da Cultura de San Ciprián acollerán o 27 de febreiro un curso de iniciación ao mergullo de competición e outro de árbitros autonómicos.
 
A piscina olímpica e a Casa da Cultura de San Ciprián acollerán o día 27 deste mes, sábado, as actividades dun curso de iniciación ao mergullo de competición e outro de árbitros autonómicos desta especialidade deportiva. Foron presentados na piscina de Lieiro polo concelleiro de Deportes de Cervo, José Ramón Soto Martínez; o presidente do Club de Buceo Costa de Lugo, Julio Vázquez Pérez; e outros membros da entidade. 
 
José Ramón Soto explicou que “a Escola de Buceo Centro de Actividades Subacuáticas Costa de Lugo e o Concello de Cervo, a través da Delegación de Deportes, impartirán un curso de iniciación ao mergullo de competición e outro de árbitros autonómicos, cuxa convocatoria está aberta a nivel nacional. Recentemente firmouse...
leer más
Etiquetas:
30/01/2016
Cervo e San Ciprián acollerán actividades do Entroido do 5 ao 9 de febreiro. Os organizadores premian aos que se inscriban con antelación para participar nos desfiles.
 
As localidades de San Ciprián e Cervo acollerán do 5 ao 9 de febreiro diversas actividades para celebrar o Entroido coa colaboración do Concello. Nos dous casos os organizadores premian aos que se inscriban con antelación para participar nos desfiles.
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, explicou que “a asociación Airiños do Xunco e o Concello traballan nos últimos detalles do Entroido de Cervo, no que se mesturan as actividades infantís cos desfiles e concursos de disfraces. En canto ao actos para os nenos e nenas, en Cervo teñen preparado o tradicional playback infantil para o sábado 6 de febreiro ás 18:30 horas na Casa do Concello. O desfile de Cervo será  durante o Domingo de Entroido, día 7, dende ás 18 horas, partirá do pavillón do CEIP e discorrerá...
leer más
27/01/2016
A piscina olímpica de San Ciprián acollerá do 29 ao 31 de xaneiro o campionato galego de natación junior e infantil de inverno.
 
O concelleiro de Deportes en Cervo, José Ramón Soto, explicou hoxe que a este campionato “prevese a asistencia de cerca de 300 participantes dos 23 clubs de toda a xeografía galega. Dende o Concello de Cervo entendemos que se trata dun gran evento deportivo, que ademais contribúe dunha forma moi positiva á promoción da comarca da Mariña, xa que esta competición arrastra a visita de moita xente e todo fai indicar que o sector hostaleiro da zona se verá moi beneficiado pola cantidade de xente que acudirá a este evento e que, aparte de presenciar a competición, terán a oportunidade de coñecer os numerosos encantos naturais que ten a nosa comarca”.
José Ramón Soto engadiu que o campionato “contará coas mellores promesas da natación...
leer más
Etiquetas:
29/12/2015
A piscina olímpica de San Ciprián acollerá cursos de natación para embarazadas e sesións específicas para niveis medios e avanzado.
 
O vindeiro 4 de xaneiro, luns, celébrase na piscina olímpica de San Cibrao unha nova edición da festa acuática infantil, con actividades e xogos na auga para os rapaces. Así o anunciou hoxe o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, que tamén deu conta da organización de novos cursos para embarazadas e da ampliación dalgunhas actividades para o ano que vén na piscina.
“O vindeiro luns, 4 de xaneiro, a partir das cinco da tarde, como vén sendo habitual durante estes últimos anos, o Concello de Cervo continúa a estar cos mais cativos, neste caso ofrecendo actividades e xogos acuáticos, con inchables na Piscina Olímpica de San Ciprián, con entrada gratuíta para todos os nenos e visitantes do Concello”, explicou o edil.
Soto anunciou...
leer más