San Ciprián

14/07/2015
A oficina de turismo instalada en San Ciprián está aberta todos os días, de luns a domingo, ata o 31 de agosto.
 
A oficina de turismo instalada en San Ciprián, concretamente no antigo Quiosco de Juana, está aberta ao público todos os días da semana, de luns a domingo, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas. 
A concelleira de Turismo, Manuela Méndez Álvarez, explicou que este servizo municipal “está en marcha dende o día 1 deste mes e abrirá ata o 31 de agosto. Na oficina ofrécese información turística do municipio de Cervo, pero tamén dos atractivos que hai en toda a zona. Está funcionando ben, con moita afluencia de visitantes, no que inflúe que está moi ben situada”.
 
Etiquetas:
30/06/2015
A foliada Nordestía levará a San Ciprián aos grupos Treixadura e Riobó e a Ce Orquestra Pantasma.
 
Os días 10 e 11 de xullo San Ciprián reunirá a numerosos grupos de música folk e popular galega na Foliada Nordestía, coincidindo ademais coa celebración das Festas do Carme. 
 
O  alcalde de Cervo, Alfonso Villares, os membros da Asociación Clan, Ricardo García e Marcelino Bermúdez, que organiza esta iniciativa, e o presidente da Comisión de Festas do Carme, José Ramón Soto, presentaron o cartel e os detalles deste evento musical. 
 
A primeira actividade terá lugar o venres día 10, a partir das 19:30 h. con “Cantos de taberna”, que inclúe a degustación de tapas a 1 euro con acompañamento de música tradicional en directo da man de numerosos grupos...
leer más
26/05/2015
San Ciprián será a sede da concentración de coches Vag que se celebrará este sábado, 30 de maio. A quedada terá lugar na praza dos Campos.
 
A praza dos Campos de San Ciprián acollerá este sábado día 30 unha concentración de coches Vag, é dicir, vehículos das marcas Volkswagen, Seat, Audi ou Skoda entre outros. Membros da entidade organizadora, Vag Lugo, e o Concello de Cervo, que colabora, presentaron o cartel e o programa. 
 
Unha concentración que se vén celebrando hai un ano de forma mensual en diferentes puntos de Galicia, que adoita a convocar centos de persoas, e que nesta ocasión chega ao seu primeiro aniversario. 
 
A quedada iniciarase a partir das 11 horas, cando comezarán a chegar os vehículos e que se reunirán na praza dos Campos, onde se concentrarán a maior parte das actividades...
leer más
Etiquetas:
08/04/2015
Veladas de Teatro 2015 en Lieiro (San Ciprián) los días 11 y 18 de abril. Están organizadas por la Asociación de Vecinos de Lieiro.
 
La Asociación de Vecinos de Lieiro (San Ciprián) organiza las Veladas de Teatro 2015, que tendrán lugar en el local social de Lieiro los días 11 y 18 de abril.
En las mismas participarán dos grupos de teatro del municipio: O Bordelo y Ardora.
O Bordelo pondrá en escena una obra escrita y dirigida por Francisco Piñeiro el próximo sábado, 11 de abril, a las 19 horas. Y Ardora representará “Soños Cumpridos”, el 18 de abril a las 19 horas. La obra está dirigida por Mª Paz Rodríguez Silva y escrita por Francisco Piñeiro. 
La entrada es libre. La Asociación de Vecinos de Lieiro cuenta con la colaboración del Concello de Cervo para organizarlas Veladas de Teatro. 
 
02/04/2015
Concello e hostalería de San Ciprián convidan a veciños e visitantes a participar na festa do mexillón que se celebra o 4 de abril.
 
O Concello e os bares e restaurantes de San Ciprián deron a coñecer hoxe o programa e o cartel da Festa do Mexillón, que se celebra o próximo sábado, 4 de abril. Unha nova edición na que a hostalería preparará este produto galego en variadas receitas, dende as máis tradicionais ata as máis innovadoras co obxectivo de “exaltar el mejillón y al mismo tiempo convertirlo en un reclamo turístico durante las vacaciones de Semana Santa”, asegura a edil de Turismo, Begoña Alonso. 
A Festa do Mexillón faise coincidir todos os anos co Sábado Santo, de forma que se ofrece unha “opción más de ocio degustando un producto de sabor casi universal, y que admite todo tipo de ingredientes y acompañamientos”, explica Alonso.
A edil de Turismo aproveitou para agradecer aos bares e...
leer más
31/03/2015
O Concello de Cervo abre a Oficina de Turismo durante a Semana Santa. Está situada fronte á Casa da Cultura de San Ciprián.
 
O Concello informou hoxe de que a Oficina de Turismo, situada no antigo quiosco de Juana, permanece aberta ao público durante a Semana Santa. Este servizo estase prestando dende onte e manterase ata o sábado co obxectivo de atender e asesorar aos visitantes “para ayudarlos a conocer nuestro concello y darles información sobre alojamiento, restauración y comercios, pero también sobre medios de transporte, infraestructuras y servicios como el área de autocaravanas”, explica a edil de Turismo, Begoña Alonso. 
Ao mesmo tempo, ofrécese información sobre as actividades e eventos que se van celebrar nestes días, como é o caso da Festa do Mexillón deste sábado. Un servizo que tamén pode ser de utilidade para os veciños, que poden solicitar información sobre actividades. 
... leer más
Etiquetas:
04/03/2015
A asociación Mulleres de San Ciprián inaugurará unha escultura en homenaxe á muller, coincidindo coa celebración do 8 de marzo.
 
A Asociación Mulleres de San Ciprián organiza para o próximo domingo un acto de homenaxe á muller coincidindo coa conmemoración do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora. O evento principal será a inauguración dunha escultura deseñada e elaborada polo artista local Telmo Cao Farré e financiada pola asociación, que se instalará de forma permanente na praza dos Campos de San Ciprián. Unha obra que se descubrirá por primeira vez ese mesmo día, con temática relacionada coa muller e 2 metros de altura. 
Os actos comezarán ás 18 horas na praza dos Campos, onde haberá unha carpa instalada para a ocasión, coa benvida a todos os asistentes e as intervencións da presidenta da asociación, Amparo Pernas, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o aturo, Telmo Cao Farré. A continuación...
leer más