Teatro

Etiquetas:
28/03/2019

A Concellaría de Igualdade trae a Ribadeo o espectáculo Anatomía dunha serea da compañía teatral Chévere, que versa sobre a violencia obstétrica.  Será este domingo, 31 de marzo, ás 20.00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval. 

Anatomía dunha serea é un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala das condicións nas que se dá a vida na sociedade actual, de como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dun hospital ou dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados, da falta de respecto pola intimidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí.

Segundo a Organización Mundial da Saúde “en todo o mundo, moitas mulleres sofren un trato...

leer más
Etiquetas:
27/03/2019

O grupo de teatro Andanzas de Viveiro actuará este sábado, 30 de marzo, en San Ciprián. A representación terá lugar na Casa da Cultura, a partires das 20:00 horas.

Andanzas porá en escena El caso de la mujer asesinadita, obra de Miguel Mihura e Álvaro de Laiglesia, que narra a historia de Mercedes, quen un día ten un soño no que un matrimonio irrompe na súa casa, acompañado dun indio sioux. No diálogo que se establece, o matrimonio recoñece ter asasinado a anterior esposa do home. Ao espertar, Mercedes dáse conta que o home casado do soño non é outro que o seu propio marido.

Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo.

Etiquetas:
25/03/2019

O Concello de Barreiros organiza unha función especial para conmemorar o Día Mundial do Teatro. Será o vindeiro domingo, 31 de marzo, e correrá a cargo do grupo Ardora, que porá en escena a obra O silenzo do badal. Terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, ás 18:00 horas.

O evento está organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Barreiros, a través da Oficina de Información Xuvenil.

 

Etiquetas:
21/03/2019

A concelleira de Turismo e Comercio, Ana Martínez, dixo que “este ano, un evento que estaba dentro da propia edición do Ribadeo de Tapeo, os Cantos de Taberna, terán a súa propia edición particular, e ademais será esta mesma semana. O sábado, 23 de marzo, poderemos e deberemos achegarnos a Ribadeo para disfrutar dos Cantos de Taberna amenizados por doce grupos de diferentes sitios, incluso algúns achéganse dende outras provincias, para actuar nuns 44 establecementos de hostalería que participan, e que ademais de poder facelo na vila de Ribadeo podemos acompañalos e disfrutar en diferentes parroquias, como é o caso de Rinlo e A Devesa. Así que a xente que está por Ribadeo que se achegue este sábado 23 a disfrutar dos Cantos de Taberna”. 

Contraproduccións, baixo a dirección de Cándido Pazó, representa “Commedia” e recupera a peza estreada...

leer más
Etiquetas:
20/03/2019

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 23 de marzo, a representación de Commedia, ás 20:30 horas.

Esta comedia estreouse, en 1993, na Mostra Internacional de Teatro Internacional de Teatro de Ribadavia e tivo máis de 200 funcións en España, Portugal e Francia. Conta a historia como Arlecchino encontra unha carta de amor no mandil da súa muller e erradamente, pois a carta non era para ela, pensa que ela o engana. Desesperado quere matarse, pero deteno unha misteriosa voz que ven de ningures e que lle dá un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen o pon. Arlecchino esquéceo todo pero, como daño colateral, esquece tamén a noción das convencións sociais.

O elenco artístico está formado por Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, Nuria Sanz, Sergio Zearreta, Avelino...

leer más
Etiquetas:
17/03/2019

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, anda esta temporada a retomar os ensaios do musical “O amor de Afonso Reimúndez”, estreada o 10 de agosto do ano pasado na Praza da Catedral con motivo do Mercado medieval mindoniense, será de novo representada o sábado, 23 de marzo, ás 21:00 horas no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo. 

A obra, escrita polo escritor Xosé Peinó e musicada por Xan Carballal, presenta unha trama de carácter histórico onde o rei Afonso VII fai balance do súa vida por medio das relacións mais persoais con: Dª. Urraca, Dª. Berenguela, Dª. Rica e, como non, Gontrada o seu amor prohibido. Todo isto está apoiado por personaxes históricos e ficticios sen deixar de falar sobre a situación política e social do seu entorno. Deste xeito personaxes da vida civil e eclesiástica como: o alcalde, o bufón, o cego......

leer más
Etiquetas:
13/03/2019

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 16 de marzo, a representación de "A nena e o grilo máis aló", a cargo de Teatro Ghazafelhos. Dará comezo ás 18:00 horas e está dirixida a nen@s maiores de 3 anos.

Conta a historia da nena e o grilo que esmagan sen querer á súa amiga, a araña Xertrude. Buscando un xeito de devolverlle á vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos, onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.

Baixo a dirección de Pepablo Patinho quen, xunto a Magín Blanco, tamén é autor da obra, o elenco de actores e actrices está formado polo propio Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas, e Magín –guitarra e voz- e Cristian Legiero –teclado-.

 

Etiquetas:
23/02/2019

No Teatro Pastor Díaz, en Viveiro, poranse á venda anticipada do 26 de febreiro ao 1 de marzo as entradas para asistir a Os mellores monólogos, de Carlos Blanco, que se poderá ver na cidade do Landro o 9 de marzo ás 20:30 horas. 

O horario para a venda das entradas será de 9 a 14 horas. 

Etiquetas:
22/02/2019

A compañía Elefante Elegante presenta este sábado, 23 de febreiro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, a obra Patapatúm. A representación dará comezo ás 18:00 horas e está dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos.

Elefante Elegante presenta un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cunha forte compoñente plástica e musical. Patapatúm propón unha reflexión sobre a presenza dos bens materiais nas relacións entre país e fillos. Conta como os país e as nais adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes aos seus fillos e ocupacións permanentes para que non se aburran, pero o aburrimento non é sempre negativo e pode desenvolver a súa creatividade. Por outra banda pode acontecer que eses obxectos materiais intenten colmar a falta de tempo que os proxenitores teñen para dedicar aos seus fillos.  

 

14/02/2019

A delegación de Cultura do Concello de Cervo programa para este sábado, 16 de febreiro, a actuación do grupo de teatro A Adala Infantil, que poñerá en escena a obra titulada Que cousas pasan no Camiño. 

A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao, ás 19:30 horas.
A función está dirixida a todos os públicos.