Teatro

14/02/2019

A delegación de Cultura do Concello de Cervo programa para este sábado, 16 de febreiro, a actuación do grupo de teatro A Adala Infantil, que poñerá en escena a obra titulada Que cousas pasan no Camiño. 

A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao, ás 19:30 horas.
A función está dirixida a todos os públicos.

Etiquetas:
14/02/2019

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle este sábado, 16 de febreiro, a representación da obra "Frankenstein. No soy un monstruo", a cargo de Pata Teatro. A función dará comezo ás 18:00 horas.

Trátase dunha comedia, dirixida a nen@s de 6 a 12 anos, que é unha versión libre da obra clásica de Mary Shelley máis centrada na humanidade do personaxe, na pureza e nobreza da creación do doutor Frankenstein.

En 2018 celebrouse o 200 aniversario da publicación da novela de Mary Shelley.

 

Etiquetas:
11/02/2019

O local da Asociación Cultural O Castro, de Vilaronte, acollerá o estreo da obra titulada Un divorcio no pobo, do grupo de teatro Axóuxeres, desta mesma parroquia focense. Será o día 23 deste mes, sábado, ás 21:00 horas.

A obra está dirixida por Benito García Bolaño e a súa estrea en Vilaronte está organizada pola Asociación Cultural O Castro coa colaboración do Concello de Foz.

 

08/02/2019

O grupo Centro Teatral Faro-Miño actuará este domingo, 10 de febreiro, en Barreiros, onde porá en escena a obra Langreira de amor.

A representación terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, ás 18:00 horas. Trátase dunha obra cómica para todos os públicos.

Está organizada polo Concello de Barreiros, a través da Delegación de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil-Biblioteca.

 

07/02/2019

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle a representación de Redrum Teatro que porá en escena a obra "A canción do elefante". Será este sábado, 9 de febreiro, ás 20:30 horas.

Trátase dun thriller psicolóxico que conta a historia dun psiquiatra que desaparece da súa consulta. A última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer.

O reparto artístico está composto por Guillermo Carbajo, Machi Salgado e Patricia Vázquez, baixo a dirección de Alex Sampayo.

 

Etiquetas:
31/01/2019

A Delegación de Cultura do Concello de Foz programa unha representación de teatro infantil para este sábado, 2 de febreiro. Será ás 18:30 horas na Sala Bahía.

A compañía Elefante Elegante representará Patapatúm, que é un novo espectáculo na liña do seu traballo xestual e cun forte compoñente plástico e musical. Propón unha reflexión sobre a presenza de bens materiais nas relacións entre pais e fillos.

O prezo da entrada é de 2,5 euros, pero os menores de 12 anos terán que pagar só 1,5 euros.

 

Etiquetas:
29/01/2019

O grupo Chévere presenta a obra Eroski Paraíso este domingo, 3 de febreiro, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo ás 20:00 horas. O prezo da entrada é 5 euros para o público xeral, e 3€ para estudantes, e persoas desempregadas ou xubiladas.

Trátase da primeira produción de Chévere despois de recibir o Premio Nacional de Teatro. A historia comeza na sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, onde se coñeceron Eva e Antonio que, despois de casar, emigraron e tras dar tombos dun lado a outro, atopamos como vintecinco anos despois Eva, de novo en Muros, coida do seu pai e traballa no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas, mentres Antonio está en Canarias.

O elenco de actores está composto por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel...

leer más
Etiquetas:
27/01/2019

O xoves, 31 de xaneiro, terá lugar no Cenima, en Foz, un acto sobre “O teatro de Manuel María”. O seu inicio está previsto para as 20:30 horas. 

Está organizado pola Pomba do Arco e no mesmo participarán Pilar García Negro e Alberte Ansede. 

Etiquetas:
23/01/2019

Despois de máis de vinte representacións por toda a xeografía galega e do occidente asturiano, en moitas das cales houbo que colocar o cartel de “non hai entradas” (Betanzos, Vedra, Vegadeo, Rinlo,...), pódese considerar esta produción como un dos éxitos indiscutibles do teatro afeccionado galego desta tempada.Este espectáculo foi galardoado co premio Conde Santo á Mellor obra e co premio Lourenzo ao Mellor Actor Protagonista no I Certame de teatro afeccionado de Lourenzá (no que tamén estivo nominada á mellor posta en escena e á mellor actriz protagonista) e cos premios á Mellor Montaxe e Mellor Actriz Protagonista nos XXI EncuentrosTeatrales de Vegadeo (Asturias).  Foi tamén seleccionada para participar no IX Encontro de teatro afeccionado de Betanzos 2018, no Festival Teatrofilia de Vedra e na Mostra Internacional de teatro amador Estenarúa de Ferrol.

... leer más
21/01/2019

A Concellería de Cultura barreirense organiza unha representación teatral que terá lugar o vindeiro domingo, 27 de xaneiro.

O grupo O Bordelo porá en escena a obra Toluras de proveito. Será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro o domingo ás 18:00 horas.

Trátase dunha comedia costumista, orixinal do director do grupo, Francisco Piñeiro.