Xove

Etiquetas:
11/10/2015
O Grupo de Sendeirismo da ACD Xove realizará o vindeiro 18 de outubro a ruta Senda Verde del Agüeira, polos Oscos, en Asturias.
 
O próximo domingo, 18 de outubro, o Grupo de Sendeirismo da ACD Xove desprazarase ata Villanueva de Oscos (Asturias) para facer a Ruta Senda Verde del Agüeira. 
Os organizadores explican que “a Ruta, que é circular, con saída e chegada no pobo de Villanueva de Oscos, vai darnos unha preciosa visión da comarca dos Oscos nesta estación outonal, pois toda a masa arbórea desta comarca é de folla caducifolia, que se mostra espectacular nesta parte do ano. Ademais de facer o Ruta, o grupo visitará, distintos puntos de interese natural de Os Oscos, xa que forma parte da Reserva da Biosfera Oscos, Eo e Terras de Burón”. 
A programación da xornada é a seguinte: 
Hora saída: en bus as 8:00 horas da mañá...
leer más
Etiquetas:
30/09/2015
Os días 2 e 3 de outubro celébrase a Festa do Ramo no Alto do Cruceiro, en Xuances.
 
Esta festa está organizada pola asociación de festexos Alto do Cruceiro. Os organizadores din: “antes de pasar a outras cousas, dicir que esta Festa a recuperamos nós despois de 16 anos sen celebrarse. O lugar onde se vai celebrar vai ser o Alto do Cruceiro, concretamente no Centro Social, nun espazo cultural inaugurado o paso ano e que está dedicado a un dos promotores desta festa, Onofre Louzao, falecido hai un par de anos. Este espazo está  ao lado da carretera Viveiro-Ribadeo, a uns 150 metros, polo que o acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que desexamos con todas as nosas forzas ter uns bos días climatolóxicos, pode pasar que non sexa así, e prevendo isto, dicir que a Festa vaise celebrar baixo unha carpa, polo que, de todas todas, imos estar a cuberto de inclemencias climatolóxicas. E para unha...
leer más
Etiquetas:
29/09/2015
En Xove teñen lugar do 29 de setembro ao 1 de outubro unhas xornadas de promoción dos bolos para o alumnado de ESO do IES Illa de Sarón.
 
Un ano máis, e antes de comezar a  XXVII Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte,  xunto co IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas xornadas destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as da ESO.
Estas Xornadas véñense celebrando dende hai varios anos, contando coa colaboración do IES Illa de Sarón. Polas mesmas van pasar tódolos alumnos/as do IES, e nelas vánselles explicar os fundamentos  deste xogo autóctono, e todos terán, así mesmo, a oportunidade de xogar. 
As xornadas teñen, polo tanto, unha dobre vertente, con explicacións teóricas a cargo do técnico de Cultura, Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do xogador Modesto Albo, o máis veterano do Concello, de 86...
leer más
Etiquetas:
23/09/2015
Xove acollerá o Día da Bici o vindeiro domingo, 27 de setembro. Está organizado pola ACD Xove o polo Concello.
 
Este domingo, 27 de setembro, a ACD.Xove  xunto ao Concello de Xove organizan o Día da Bici Xove-2015.
O punto de inicio é o centro cívico ás 16:30 horas. As actividades do día inclúen unha ruta cicloturista por Xove, Regosanguento e Ponte do Carro en A Rigueira, ao longo de 13 quilómetros. Haberá actividades infantís, como globoflexia e pintura de caras e unha exhibición dun equipo de BMX. O participante máis veterano e máis novo, así como a bicicleta máis orixinal serán premiados. Haberá tamén o sorteo dunha bicicleta e material deportivo, agasallos e merenda. O uso do casco é obrigatorio. A inscrición está aberta ata 15 minutos antes do inicio da ruta.
 
Colaboran con esta actividade...
leer más
Etiquetas:
18/09/2015
Aberto ata o 26 de setembro o prazo de inscrición das Escolas Deportivas e Culturais da ACD Xove. Darán comezo o 5 de outubro.
 
Ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas e Culturais da ACD Xove, para a vindeira temporada 2015-2016. 
A data tope de inscrición será o 26 de setembro e o 3 de outubro será a presentación no salón de actos do Concello de Xove. As actividades darán comezo o 5 de outubro. 
A Asociación Cultural-Deportiva ACD Xove, presenta as seguintes Escolas Deportivas e Culturais. 
1.Xogos Predeportivos (nenos-as de 3-4 anos)
2.Patinaxe Artística ( de 5 ata 16 anos)
3.Fútbol Sala (de 5 ata 16 anos)
4.Fútbol 8 (de 7 a 12 anos)
5....
leer más
11/09/2015
O Concello de Xove prepara o VI Encontro de Palilleiras, que terá lugar o 3 de outubro.
 
O 3 de outubro vaise celebrar no en Xove a VI edición do Encontro de Palilleiras. 
A Concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, continúa coa inscrición de palilleiras. As interesadas en participar aínda pode anotarse ata o 18 de setembro. A inscrición pódese realizar por teléfono, chamando ao Concello ao 982 59 20 01, ou ben contactando con Mercedes Barro (profesora de bolillos) no 679 89 42 19 ou con Carmen García (profesora de bordado) no 982 59 26 86. 
 
Etiquetas:
10/09/2015
A asociación ACD Xove organiza unha ruta por "A Cubela", en Ribas do Sil, o vindeiro 20 de setembro. A inscrición está aberta.
 
O grupo de sendeirismo da ACD Xove desprazarase o 20 de setembro ao municipio de Ribas do Sil (Lugo) para facer a ruta de A Cubela, segundo os organizadores “unha das máis bonitas que se pode facer na Ribeira Sacra”. O percorrido, de 14 quilómetros, atravesa antigas minas romanas de ouro, aldeas restauradas, viñedos, soutos, castros, igrexas románicas e mosteiros. Tamén verán os participantes o espectacular meandro de 180º do río Sil na Cubela, así como San Clodio, a capital do concello de Ribas do Sil.
A dificultade é media-baixa e a saída en autobús será dende o Centro Cívico de Xove ás 7:45 horas da mañá. O prezo para socios non federados será de 12 euros, para socios con seguro deportivo, 14 euros, para non socios federados, 15 euros, e para non socios con seguro...
leer más
Etiquetas:
10/09/2015
Saiñas organiza o 12 de setembro a XI Foliada da Mariña, que se celebrará en Xove nunha carpa instalada na praza do Centro Cívico.
 
A asociación Saíñas de Xove organiza para o próximo sábado, 12 de setembro, a undécima edición da Foliada da Mariña, un evento que se celebrará nunha carpa diante do Centro Cívico dende ás 18:30 horas. A esa hora comezará o espectáculo con pasarrúas, para continuar, sobre as 21 horas, cunha cea popular con churrasco, tortilla, chourizo, bebida e pan. A Foliada chegará ás 23 horas. 
A venda anticipada de tíckets realizarase en Peluquería Rosa, Estética Marta e Click Informática a un prezo de 7,5 euros. O prezo do tícket no lugar da Foliada venderase a 9 euros. 
Organiza o evento a asociación Saíñas coa colaboración do Concello de Xove e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.  
 
... leer más
Etiquetas:
08/09/2015
Os días 12 e 13 de setembro disputarase en Xove o Campionato de España Feminino de Bolos Celtas.
 
A vindeira fin de semana vaise celebrar, no Campo Municipal de Bolos de Sumoas, en Xove, o Campionato España Feminino de Bolos Celtas 2015, no que participarán 28 xogadoras procedentes de diversos puntos de todo o país, como Galicia, Madrid ou Asturias, comunidades onde se practica este xogo tradicional. Comezará ás 12 horas do sábado e rematará o domingo pola tarde. O sábado vai desenvolverse o campionato individual e na última xornada, o domingo 13, o campionato por parellas. Está organizado polo Club de Bolos de Xove e a Federación Galega de Bolos, co patrocinio da Concellería de Deportes de Xove.
 
Xove é un dos centros máis importantes de Galicia neste xogo e proba diso é o apoio que o Concello presta a través das Ligas...
leer más
Etiquetas:
26/08/2015
As festas patronais de Xove na honra de San Bartolo celébranse do 26 ao 30 de agosto con música, xogos populares, cine, animación á lectura, fútbol e bailes de salón.
 
As festas patronais de Xove na honra de San Bartolo celébranse entre o 26 e o 30 de agosto e durante estes días desenvolverán un amplo programa no que non faltarán as tradicionais verbenas pero tampouco o deporte, a música ou a literatura. A proposta do San Bartolo deste ano foi presentada  hai días no Salón de Pleno do Concello de Xove, coa presenza do alcalde, Demetrio Salgueiro, as concelleiras de Cultura, Deporte e Servizos Sociais e varios membros da Comisión de Festas.
As actividades comezan o 26 na OMIX de Xove cunha proposta de “Xogos en rede” dirixida a persoas de entre 13 e 35 anos.  O  27 será o Día dos Nenos, e as citas estarán pensadas en boa medida no público infantil. Ás 16 horas no Salón de Actos do Centro Cívico representarase a obra Ni fu ni fa, dentro do...
leer más