Xove

Etiquetas:
25/08/2015
O III Open Padel San Bartolo disputarase na pista municipal de Xove do 31 de agosto ao 6 de setembro. A inscrición é gratuíta.
 
O III Open Padel San Bartolo terá lugar na pista municipal de Xove entre o 31 de agosto e o 6 de setembro, organizado pola Concellería de Deportes. O prazo para inscribirse está aberto ata o 29 de agosto e a participación é gratuíta. Pódese facer a través da web www.mistorneosonline.es ou na Oficina de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Xove.Haberá tres categorías, masculina, feminina e mixta e haberá premios para os finalistas de todas elas. 
Os interesados poder atopar máis información nos teléfonos 658419871 e 607323941.
Etiquetas:
24/08/2015
San Isidoro do Monte (Xove) acolle este luns, 24 de agosto, a tradicional feira de gando vacuno e cabalar.
 
Este luns, 24 de agosto, coincidindo co día de San Bartolo, terá lugar a tradicional FEIRA DE GANDO vacuno e cabalar en San Isidoro de Monte, no sitio coñecido como Penasagudas.
A organización deste inmemorial evento corre a cargo da  Comunidade de Veciños “Costa de Laxamoura”, os cales levan varios meses traballando para que todo esté a punto para este día. Conta a Feira co importante patrocinio do Concello de Xove e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. 
 
O Programa da Feira é o seguinte:
-10:00 horas: Recepción do gando no Campo da Feira.
-13:00 horas: misa solemne na Igrexa Parroquial de San Isidoro...
leer más
Etiquetas:
16/08/2015
Ata o 4 de setembro estará aberta no Centro Cívico, en Xove, a exposición fotográfica Xove 360º, na que se poden ver 45 imaxes dos doce participantes.
 
Este sábado, 15 de agosto, inaugurouse na Sala de Exposicións do Centro Cívico a exposición fotográfica Xove 360º.
O alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado polos fotógrafos presentes na mostra, inaugurou unha nova edición de Xove 360º. Esta mostra que o Concello organiza cada ano, xunto co Colectivo de Fotógrafos de Xove, vai xa pola oitava edición. O título escollido este ano foi “Encontros”, que expresa moi ben o variado contido da mesma.
A temática da exposición  foi de tema libre, de aí a gran variedade existente nas obras presentadas: paisaxes, retratos, flora, fauna, composicións, etc.
En total a exposición está conformada por 45 fotografías, enmarcadas en tamaño 50X40. Na edición deste...
leer más
Etiquetas:
14/08/2015
As festas de San Bartolo, en Xove, terán lugar do 26 ao 30 de agosto. Juan Antonio Fernández é o gañador do Concurso de Carteis, convocado polo Concello.
 
O Concello de Xove convocou (na Xunta de Goberno celebrada o pasado 3 de xuño) por vez primeira, coa finalidade de apoiar e promocionar as Festas Patronais, un Concurso de confección dun cartel para as festas patronais de Xove, que servira tamén como imaxe e referencia deste importante evento festivo.
Reunido o Xurado, decidiu proclamar vencedor do Concurso ao xovense Juan Antonio Fernández Vázquez, quen se fixo merecedor do premio de 100 euros, vendo tamén publicado o seu traballo en forma de cartel promocionador das Festas.
Coincidindo coa presentación das Festas Patronais deste ano, o Concello, como organizador do Concurso, decidiu realizar a presentación pública do citado cartel, nun acto no que participou o alcalde, Demetrio...
leer más
Etiquetas:
03/07/2015
Este sábado, 4 de xullo, @s nen@s de 7 a 12 anos teñen unha cita en Xove co concerto de Xoan Curiel "Estamos no verán".
 
Mañá sábado, 4 de xullo, pola mañá ás 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, terá lugar o concerto “Estamos no verán”, a cargo de Xoan Curiel. 
O concerto vai dirixido a tódolos nenos/as, en especial aos que teñan entre 7 e 12 anos, os cales poden vir acompañados polos seus pais e familiares. Esta actuación, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Xove, está patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, dentro do denominado Programa FALAREDES.
Por último, dende o Concello invitan a tódolos nenos/as de Xove ou da comarca a acudir a este magnífico concerto, e si poden, que veñan acompañados dos seus pais e familiares.
 
Etiquetas:
02/07/2015
A Concellería de Cultura de Xove convoca o II Concurso de Fotografía Medioambiental "Xove, a súa costa e o seu mar".
O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o IIº Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente. 
 
Dentro do concurso imos ter dúas categorías:
   -Adultos, que teñan 18 anos ou máis.
   -Xuvenil, para menores de 18 anos.
 
En canto aos premios, imos ter tres por categoría, un primeiro de 100 €uros, un segundo de 75 €uros e un terceiro de 50 €uros. Os gañadores/as  recibirán un cheque-regalo que poderá gastarse en calquer establecemento comercial ubicado dentro do...
leer más
Etiquetas:
30/06/2015
O grupo de sendeirismo da ACD Xove fará este domingo, 5 de xullo, a Ruta do Monte Pindo. Os asistentes visitarán a Fervenza do Ézaro.
 
O  vindeiro domingo, 5  de xullo, o Grupo de Sendeirismo de ACD.XOVE desprazarase o Concello de Carnota (A Coruña) para facer a Ruta Monte Pindo.
Segundo explican desde a organización "un dos rincons mais bonitos da Galicia costeira é o Monte Pindo e a Fervenza de Ézaro. O rio Xallas, en Ézaro, precipitase o mar formando unha fervenza de 40 m.de altura (única en Europa) . O Monte  Pindo, é o Olimpo dos Celtas. Unha mole granítica de 640m. que parece  xurdir das profundidades do Mar.  Trátase dun monte máxico e encantador, obxeto de innumerables lendas. A panorámica dende o cúmio do Pindo é espectacular, divisando gran parte da Costa da Morte".
 
PROGRAMACIÓN DOMINGO DIA 5 DE XULLO
... leer más
Etiquetas:
25/06/2015
"Encontro Orquestral" mañá, 26 de xuño, no Teatro en Ribadeo e o sábado no centro cívico de Xove.
 
O Cine Teatro de Ribadeo acolle este venres, 26 de xuño, ás 19:00 horas, un concerto de alumnas e alumnos de diferentes centros de ensino musicais da provincia de Lugo baixo o nome de Encontro Orquestral.
Na actividade participará alumnado das escolas de música de Burela, Mondoñedo, Xove, Ribadeo e máis do Centro de Música de Fingoi (Lugo).
Baixo a dirección de Xan Carballal, arredor de 60 alumnos e alumnas interpretarán obras de Nelson, Bartók e Mozart. Este será o primeiro concerto destes encontros ofrecendo o sábado, 27 de xuño, no Centro Cívico de Xove o mesmo programa.
 
Etiquetas:
22/06/2015
A Concellería de Servizos Sociais de Xove organiza unhas xornadas sobre sexting, que terán lugar do 23 ao 25 de xuño. Inclúen unha charla, unha proxección e unha actividade didáctica.
 
Dende a Concellería de Servizos Sociais, a través da OMIX de Xove, organizáronse unhas Xornadas sobre Sexting, dirixidas a tódolos xoves do noso Concello. Que é o sexting. A Wikipedia defíne o Sexting (contracción de sex y texting) como “un anglicismo para referirse al envío de contenidos eróticos o pornográficos por medio de teléfonos móviles”.
 
O Programa destas Xornadas é o seguinte:
  
-Martes, 23 de xuño, ás 11:00 horas na OMIX de Xove: CHARLA INFORMATIVA SOBRE SEXTING, a cargo do Plan Director da Garda Civil. Nesta conferencia explicarase en qué consiste o sexting, información sobre os seus riscos e pautas a seguir para a súa identificación e prevención e, no seu caso, denuncia ante as autoridades.  
 
-Mércores, día 24 de xuño, ás 12:00 horas na Aula de Informática da OMIX:   actividade didáctica...
leer más
Etiquetas:
17/06/2015
A ACD Xove organiza novos cursos de surf durante o verán. Serán de iniciación e perfeccionamento e impartiranse en xullo e agosto.
 
Desde a ACD Xove explican que “este ano como en anos anteriores solo imos facer unha actividade deportiva para o verán que será a de  surf na praia de Esteiro  e  impartido pola  Escola Galega de Surf  que estará organizada da seguinte forma:
 
CURSO DE INICIACION O SURF (PARA PRINCIPIANTES)
•Para nenos-as e rapaces-zas con + 7 anos (2º Primaria) 
•Os que empecen por primeira vez, ou empezaron por primeira vez o ano pasado van ter a actividade totalmente gratuíta.  
•Datas: Primeira quincena do mes de xullo (1 ó 15). Todos os días, de luns a  venres (11 dias). en horarios por determinar segundo as mareas. 
... leer más