Eventos
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia e coa colaboración da Deputación de Lugo para a súa promoción, organiza as III Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, que se desenvolverán as fins de semana do 29 ao 31 de outubro e do 12 ao 14 de novembro. Nesta ocasión estarán destinadas aos profesionais do turismo, da hostalería e do comercio da comarca, das axencias de viaxes e dos centros educativos de Galicia así coma ao público e xeral.
Desde a Mancomunidade o seu presidente, Fran Cajoto, lembrou que “se trata dunhas xornadas con actividades gratuítas para os participantes que se organizan por terceiro ano consecutivo da man dos artesáns da comarca que conforman as Rutas de Artesanía da Mariña Lucense, que nunha primeira edición se dedicaban ao público en xeral, ao...
leer másA Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, en colaboración con Armadores de Burela, organiza este xoves unha xornada dirixida a uns cen alumnos e alumnas de 4º ESO dos centros educativos de Burela: «Posta en valor dos Oficios do Mar».
A xornada terá lugar no salón de actos de Absa desde as 11 da mañá e contará coa presenza dos directores das Escolas Náuticas conveniadas co porto de Burela (Ferrol e Culleredo), que presentarán as opcións educativas e formativas dos seus ciclos náutico-pesqueiros.
Durante a xornada tamén haberá un espazo para as experiencias reais de titulados náutico-pesqueiros, que contarán en primeira persoa armadores, patróns, xefes de máquinas ou alumnos que están realizando prácticas en buques da frota local. Finalmente, tamén se destacarán algunhas experiencias de mulleres profesionais...
leer másA Praza do Concello de Barreiros, en San Cosme, acollerá un magosto popular este sábado, 23 de outubro, a partir das 20:00 horas.
Haberá castañas, chourizo e torrezmos, viño, cervexa e refrescos. E actuará o cuarteto de música tradicional Illa Pancha, de Ribadeo.
Este evento está organizado pola Asociación Cultural Irmandade Augas Santas coa colaboración do Concello de Barreiros e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
O Concello de Cervo organiza unha andaina en conmemoración do Dia Internacional contra o Cancro de Mama.
Ás 17:30H a supervisora da unidade de cirurxía no Hospital da Costa de Burela, María Eugenia Rodríguez Barreiro, dará unha charla sobre a materia no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.
A continuación iniciarase unha andaina con saída na propia Casa da Cultura.
Para a Concelleira Mali Méndez “é importante que, despois da pausa obrigada do ano anterior debido á pandemia, poidamos seguir levando a cabo esta andaina que xa se viña celebrando durante moitos anos”. Engade tamén que “desde o Concello de Cervo queremos aportar o noso pequeno grao de area á hora de visibilizar e crear conciencia sobre a importancia desta enfermidade que afecta diariamente a tantas mulleres”.
O Concello de Viveiro presentou a súa programación cultural para os meses de outubro, novembro e decembro, que se realizará no Teatro Pastor Díaz. A programación para este outono inclúe distintas disciplinas artísticas con espectáculos de teatro, de maxia e concertos, con opcións para público adulto, adolescente e infantil.
A primeira función deste programa será este sábado 16 de outubro ás 20:30 horas, coa obra de teatro “Olvida los Tambores”, do grupo de teatro “Andanzas de Viveiro”. Entre os espectáculos ofrecidos destaca a actuación da Banda Municipal de Viveiro, que regresará a actuar no teatro tras a pandemia, e o espectáculo “Porvenir” da compañía Impromadrid, que tivo un gran éxito a nivel nacional e que recalará en Viveiro o 27 de novembro.
A programación inclúe un espectáculo cada sábado dos meses de...
leer másAta o 1 de novembro está aberto o prazo de inscrición para participar no XVI Mercado de Nadal de Ribadeo, que se celebrará do 3 ao 8 de decembro.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, dixo que “un ano máis o Mercado de Nadal aporta por ser un espazo de oportunidade para as persoas e profesionais relacionadas coa artesanía, o deseño e a creación e tamén coas persoas produtoras, dando visibilidade ao seu traballo e ao talento creativo e innovador. Está especialmente dirixido a persoas produtoras e creadoras da zona”.
O edil ribadense explicou que “o prazo de inscrición está aberto ata o día 1 de novembro. Establécense varias categorías: persoas artesás, é dicir con capacidade para exhibir e vender pezas que sexan producidas de forma artesanal e de autoría propia; produtos de...
leer másA terceira andaina deste outono de A Mariña en Ruta percorrerá Burela o vindeiro sábado, día 16.
A ruta polo porto de Burela permitiralles aos asistentes viaxar no tempo ata a orixe prehistórica desta vila, que co paso dos séculos converteuse nun dos principais portos do Cantábrico. A bordo do barco museo Reina del Carmen coñecerán a pesca tradicional do bonito, un dos produtos gastronómicos mellor valorados en Galicia, así como as labores diarias dos mariñeiros durante as costeiras. Oficios como as redeiras e instalacións como os estaleiros e a lonxa son testemuñas vivas do carácter mariñeiro de Burela, un pobo cunha xeografía marcada pola rasa cantábrica e unha paisaxe esculpida con formación xeolóxicas tan singulares como a chamada Igrexa de Coedo. A ruta por Burela será guiada por Lidia de la Fuente. As prazas ofertadas son 25, e...
leer másA Concellería de Medio Ambiente e Urbaser colaboran no Día Internacional da Visión con Médicos Mundi nun proxecto de saúde visual para a prevención da cegueira. Do 14 ao 19 de outubro instalarán un stand en diversos puntos da vila para recoller aquelas gafas que a poboación xa non utilice e así darlles unha segunda vida.
A edil de Medio Ambiente, Toñi Eijo, explicou que “o que perseguimos é darlle unha segunda vida a aquelas gafas que xa non empregamos e que temos esquecidas en calquera caixón das nosas casas para darlles unha segunda vida axudando ás persoas que máis o necesitan”.
A concelleira burelesa lembrou que “segundo a Organización Mundial de la Salud, a OMS, hai 285 millóns de persoas con discapacidade visual, dos que 39 millóns son cegos, unha condición evitable no 80% dos casos. E hai 246 millóns de...
leer másO 23 de outubro ás 18:00 horas terá lugar a primeira das visitas didácticas iniciadas o ano pasado desde a Área de Turismo Municipal e incluídas no Plan Único da Deputación Provincial.
Nesta ocasión o lugar elixido é Finca Galea onde, centrándose no muíño con batán incluído, se coñecerá tamén a importancia da industria téxtil de Alfoz no século XVIII da man de Dolores Barral, profesora de Historia da Arte da USC.
Para asistir é necesaria inscrición previa no teléfono 982 558 001 (ext.3) ou na Oficina de Rexistro da Casa do Concello desde o 13 ao 22 de outubro. Prazas limitadas. Actividade de balde. Máis información no mesmo teléfono na extensión 2.
A asociación O Noso Foz ten aberto o prazo de presentación de candidaturas para raíña ou rei do Entroido focense 2022 ata o día 29 de outubro.
É para maiores de 18 anos, que deben presentar no Concello a seguinte documentación: datos persoais, 2 ou máis fotos recentes e unha breve explicación de por que queren ser raíña ou rei e como lles gustaría que fora a súa carroza.