Publicaciones
Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado este domingo no quiosco da música, no Campo de San Francisco ribadense. Ducias de nenas e nenos achegáronse a coñecer aos Bolechas, que compartiron fotos, bicos e apertas con eles. Houbo tempo para amosar todo o que saben as pícaras e os pícaros de Ribadeo sobre os indianos máis coñecidos, como Ramón González, a quen está dedicado este ano a décima edición deste evento histórico cultural, que se celebrará do 11 ao 13 de xullo. Son 1.000 exemplares os editados, que se poñen á venda ao prezo de 10 euros na Oficina de Turismo e na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que se repartirán varias partidas polos centros escolares de Ribadeo.
Asistiron ao acto de presentación do libro o alcalde, Dani Vega; as concelleiras de...
leer másO xoves 10 de xullo ás oito e media da tarde celebrarase na librería Bahía, de Foz, unha nova edición do programa Afinidades Electivas, promovido polo Ministerio de Cultura. Nesta ocasión participarán a poeta galega Yolanda Castaño e o poeta asturiano Miguel R. Monteavaro “para conversar sobre as súas respectivas obras, a creación poética, a relación das distintas linguas que compartimos na península ibérica e o lugar dos creadores na sociedade”, anuncia Librería Bahía.
Tamén explican que “Yolanda Castaño é unha poeta cunha longa e moi recoñecida traxectoria. Entre outros galardóns, foi Premio Nacional de Poesía 2023 polo seu poemario Materia. A falsa autónoma, de 2024, é a súa última publicación. É, ademais, unha autora interesada na relación da poesía coas demais artes, e nese sentido, participou en varios proxectos...
leer másO club de lectura da Biblioteca Pública Municipal de Barreiros despídese ata setembro organizando un café-coloquio aberto a todo o público. Na actividade estará o escritor Xabier Paz, autor do libro titulado A Barcelonesa, que compartirá reflexións, anécdotas e conversa arredor da súa obra e do mundo da literatura. Será este sábado, día 28 de xuño, ás 11:00 horas.
“Acompañaremos a xornada cun café e algún petisco, xa que se trata de que sexa un acto distendido”, anuncia o Concello de Barreiros.
Este xoves, día 19 de xuño, ás 12:00 horas preséntase na Casa Museo Álvaro Cunqueiro (CMAC), en Mondoñedo, o libro Álvaro Cunqueiro. Obra escolleita, unha antoloxía de textos do escritor traducida ao nipón polo profesor Takekazu Asaka. O acto, organizado polo Concello e a CMAC, contará coa presenza do autor; o alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero Legide; e o director de Publicacións e Actividades da CMAC, Armando Requeixo.
O Concello de Mondoñedo explica que “Takekazu Asaka (Toquio, 1952), catedrático emérito de Filoloxía Románica na Universidade de Tsudajuku e académico de honra da Real Academia Galega, acode a Mondoñedo para presentar Álvaro Cunqueiro. Obra escolleita, unha antoloxía bilingüe galego-xaponesa que constitúe a primeira tradución directa dende a nosa lingua á nipoa da escrita do mindoniense. A escolma recolle...
leer másA praia é o ecosistema natural de numerosas especies vexetais e animais. Agora que comeza a temporada estival e son moitas as persoas que se achegan a desfrutar das costas da Mariña Lucense é o momento perfecto para lembrar a necesidade de conciliar o uso recreativo das praias coa funcionalidade que cumpren como ecosistemas naturais e hábitat de moitas especies.
As praias da Mariña Lucense son lugares cheos de vida animal e vexetal que cómpre protexer para garantir a súa conservación. É tamén o caso das praias con sistema dunar, hábitat principal da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) un ave que en todo o litoral cantábrico español só ten presenza en Galicia, estando estritamente protexida mediante un plan específico de conservación.
Co obxectivo de informar e sensibilizar ás persoas usuarias das praias da...
leer másO libro titulado A fraga dos teixos, escrito por Xosé Salvadores, será presentado en Ribadeo o xoves 19 de xuño ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Este acto, que inicialmente estaba previsto para o pasado xoves, foi aprazado. Ademais do autor do libro, intervirá Farruco Graña, presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, que é a organizadora da presentación.
“Imos presentar o libro A fraga dos teixos. Relato dun naturalista tolo, de Xosé Salvadores (Tempo Galiza Editora). Poñemos así o colofón a un curso cheo de presentacións. Xosé Salvadores é unha persoa máis preocupada por deixar aos seus descendentes un bosque de teixos que un saco cheo de moedas. As moedas pouco duran na man e ben que poden encirrar na xente. Un bosque de teixos sempre esperta a sensación de serenidade. Especie nobre por excelencia, o teixo...
leer másO libro titulado A fraga dos teixos, escrito por Xosé Salvadores, será presentado en Ribadeo este xoves, día 12 de xuño, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Ademais do autor do libro, no acto intervirá Farruco Graña, presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, que é a organizadora da presentación.
“Imos presentar o libro A fraga dos teixos. Relato dun naturalista tolo, de Xosé Salvadores (Tempo Galiza Editora). Poñemos así o colofón a un curso cheo de presentacións e que imos culminar este domingo 15 coa viaxe pola Ribeira Sacra. Xosé Salvadores é unha persoa máis preocupada por deixar aos seus descendentes un bosque de teixos que un saco cheo de moedas. As moedas pouco duran na man e ben que poden encirrar na xente. Un bosque de teixos sempre esperta a sensación de serenidade. Especie nobre por...
leer másRaquel Hermida Manzaneque presenta su segundo libro, titulado Juega. Será este domingo, día 8 de junio, a las 12:00 horas en el auditorio de Burela.
El evento comenzará con una interpretación de Ballet de las sombras a cargo de gimnastas de la Escuela Porta Norte. Después intervendrán Xabier Pardiñas y Natalia Salgado, para seguir el acto con una entrevista a la autora a cargo de Mario López Guerrero.
“Es mucho más que una presentación… Será un encuentro para inspirarnos, reconectar con nuestra esencia más creativa y recordar que jugar también es cosa de mayores para transformarnos y brillar”, anuncia Raquel Hermida.
Este xoves, día 5 de xuño, ás 20:30 horas a Librería Bahía, de Foz, acolle a presentación de dous libros: O Villa de Pintanxo e A Maxia da Terra.
O Villa de Pitanxo, de José Manuel Solla Santos, é “unha homenaxe aos mariñeiros que faenan nas augas de Terranova e un berro por aclarar a verdade dese terrible naufraxio”.
A Maxia da Terra, de Isabel Peleteiro Vázquez, é “unha mirada ás mulleres que saíron cara América, unha revisión en feminino da emigración de ultramar”.
Na presentación deste xoves en Foz estarán os dous autores, anuncia Librería Bahía.
Este xoves, día 29 de maio, ás 20:30horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, presentarase a novela xuvenil Cartas na escuridade, de Lois Pérez, escritor vinculado á vila ribadense que agora está afincado en Lugo.
O acto está organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que explica que “este relato xuvenil levou o premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno”.
Teresa González Piñeiroa (profesora de Lingua e Literatura Galegas no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo) vai conducir a presentación, na que participará Lois Pérez.