Música
O salón dos alcaldes acolleu a presentación da terceira edición do Vendaval Fest, que se celebrará en Ribadeo do 25 ao 27 de xullo.
O alcalde, Dani Vega, subliñou “a colaboración do Concello coa organización do Vendaval Fest, que tamén conta co apoio doutras administracións como a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, de entidades como Acisa e de patrocinadores privados”.
O rexedor dixo que “é unha satisfacción que un colectivo de rapazas e rapaces novos organicen esta cita musical e outras moitas actividades ao longo do ano. Como por exemplo O Galiñeiro, a Festa da Ría ou a Pre Festa de Fin de Ano. Co Vendaval colaboramos e noutras actividades organizamos xunto á asociación Catro Caños”.
O deputado de Mocidade, Daniel García, parabenizou á organización por “poñer Ribadeo no mapa de...
leer másBarreiros acollerá desde o día 30 de maio ata o 1 de xuño a terceira edición das Xornadas Etnográficas da Mariña, organizadas pola asociación Tecedeira coa colaboración do Concello de Barreiros e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Mocidade.
Na presentación, celebrada no Concello de Barreiros, participaron a alcaldesa, Ana Ermida; o concelleiro de Dinamización e deputado provincial, Dani García, xunto con Xacobo Ares e Sara García, membros da asociación Tecedeira.
“Entre as primeiras confirmacións que podemos adiantar destacan a de Xabier Díaz e a de Lagharteiras. Tamén podemos confirmar o concerto audiovisual Traspielas de Su Garrido Pombo, que servirá como antesala das xornadas e que terá lugar o vindeiro 16 de maio na Praza do Concello con motivo do Día das Letras Galegas, dedicado...
leer másLa décimo segunda edición del Festival Bal y Gay se celebrará desde el día 12 hasta el 21 de agosto e incluye once conciertos.
Las actuaciones que figuran en el cartel son las siguientes: Denis Kozhukhin, el día 12 de agosto en la Fortaleza de Alfoz; Real Filharmonía de Galicia & Coro de la Comunidad de Madrid, el 13 de agosto en la Catedral de Mondoñedo; OSPA & Cuarteto Quiroga, el 15 de agosto en Auditorio Hernán Naval, de Ribadeo; Los Elementos, el 16 de agosto en la Basílica de San Martiño (Foz); Los Elementos & Núria Rial, el 16 de agosto Monasterio de San Salvador de Lourenzá; Sara Blanch & Julius Drake, el 17 de agosto Auditorio de Mondoñedo; Marco Mezquida, el 18 de agosto en el Pazo del Conde de Fontao (Foz); Leticia Moreno & Friends, el 19 de agosto en la Fábrica de Sargadelos (Cervo); Cuarteto Casals, el 20...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará catro obras no concerto das Letras Galegas que ofrecerá no auditorio Hernán Naval o día 16 de maio, venres, ás 20:30 horas.
O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, anuncia que “xusto un mes despois do concerto de Semana Santa a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai ofrecer no auditorio Hernán Naval unha actuación para conmemorar o Día das Letras Galegas, as nosas letras. Nós obviamente non podemos narrar letras, pero si as letras musicais e o programa constará dunha parte de música galega ou de composición galega e outra con pezas que non teñen moito que ver coas Letras Galegas. Unha das obras que se interpretará vai ter narración, por parte dunha compoñente da Banda. E hai que salientar que catro das pezas que imos tocar estarán por primeira vez encima dos atrís da Banda...
leer másO auditorio da Casa da Cultura burelá acollerá un concerto, organizado dende a Coral Polifónica de Burela co gallo das Letras Galegas, este domingo, día 11 de maio, ás 19:00 horas. Ademais do grupo anfitrión actuarán as cantareiras de ACM Arume (Burela) e o Coro de Adultos do Conservatorio de Viveiro.
A Coral Polifónica de Burela explica que “a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). Elas foron elixidas como representantes de tantas mulleres anónimas que crearon, conservaron e transmitiron un grande legado, que xa é patrimonio inmaterial do país. Cabe sinalar que...
leer másO programa do festival ribadense Vendaval Fest 2025 será presentado cun evento musical que se celebrará o día 10 de maio, sábado, a partir das 21:00 horas na Zona Vella de Ribadeo, concretamente na praza José María López.
Os organizadores anuncian: “o vindeiro sábado, 10 de maio, queremos celebrar con todos vós a presentación do cartel por días do Vendaval Fest 2025. Da man dos fantásticos Cabuxa Blue e do mítico Cherry Guelín, que nos deleitará coa mellor selección rock”.
A Asociación de Usuarios da Escola de Música de Burela (Asuembu) organiza o primeiro obradoiro de percusión impartido por Pablo del Valle Prieto. Será o sábado 10 de maio no salón de actos da Escola de Música de Burela (Rúa do Cancelo, número 1).
A organización explica que “está destinado a alumnado de percusión con estudos avanzados e a quen queira explorar dende cero”.
Para participar hai que inscribirse antes do 7 de maio a través do correo electrónico asuembu@gmail.com ou vía whatsapp ao 644.894.714.
O colectivo Pensamento e Sementeira organiza unha foliada para o día 10 de maio, sábado, na Escola Vella de Galdo (Viveiro). O programa de actividades, que empezarán ás 18:00 horas, inclúe un obradoiro de baile tradicional, concertos e foliada aberta.
Pensamento e Sementeira explica que “o obradoiro de baile tradicional será impartido por Miguel Abad, o noso profe de baile tradicional durante este curso. Sabemos que sodes moitxs xs que levades preguntando se había prazas nas aulas para este ano e é por iso que vos ofreceremos a oportunidade de achegarvos á experiencia Sementando Puntos a partir das 18:00 horas do vindeiro 10 de maio. Logo, ás 19:30 horas comezarán os concertos de Pandereteiras María Soliña, Abril e Axeigo. E para o peche da II Foliada do Maio, a partir das 23:00 horas, teredes a oportunidade de tocar na foliada...
leer másEste vindeiro domingo El Tributo de la Fila actuará nas Cuatro Calles a partires das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila. Desde a organización advirten que “en caso de mal tempo o concerto quedaría aprazado para outro día”.
O Domingueo en Ribadeo continuará os días 25 de maio, 15 e 29 de xuño e 6 de xullo por diferentes localizacións da vila, como xa ocorreu na pasada edición.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou en calquera outra xornada”.
O auditorio municipal de Ribadeo acollerá o concerto lírico Casta Diva este sábado, día 3 de maio, ás 20:30 horas. Está incluído na programación cultural do Concello de Ribadeo e as entradas están á venda na web www.ataquilla.com.
A organización anuncia que “Casta Diva es un concierto-espectáculo creado y producido por Camerata Lírica donde tres reconocidas cantantes líricas de primer nivel -las sopranos Guiomar Cantó, Carmen Gavilán y Ana Paula Rada-, acompañadas al piano por Celia Laguna, abordan las más importantes arias y dúos de ópera, así como espectaculares canciones melódicas modernas. Grandes momentos de la ópera que han hecho famosas a cantantes como María Callas, Montserrat Caballé o Anna Netrebko se alternan en este concierto con baladas y canciones que han llevado al estrellato a...
leer más