Charlas

Etiquetas:
27/02/2026

A Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia retoma no mes de marzo as charlas informativas sobre saúde baixo o título Colesterol e Saúde Cardiovascular, unha iniciativa enmarcada no programa municipal Preto de ti, que achega actividades e servizos ás diferentes parroquias do municipio de Ribadeo.

As sesións desenvolveranse nas escolas das distintas parroquias nas seguintes datas e horarios: Vilaselán, o 10/03/26 ás 18:00 horas; Ribadeo, o 11/03/26 ás 18:00; Cedofeita, o 12/03/26 ás 16:15 horas; A Devesa, o 17/03/26 ás 10:00; Arante, o 17/03/26 ás 16:30 horas; Cinxe, o 23/03/26 ás 16:15; e Rinlo, o 24/03/26 ás 16:15 horas.

A concelleira Elena Sierra explica que “durante estas charlas abordaranse cuestións fundamentais para o coidado da saúde cardiovascular, como a alimentación axeitada, os factores de risco,...

leer más
24/02/2026

Vilanova de Lourenzá acollerá este sábado, día 28 de febreiro, de 10:00 a 13:00 horas unha xornada formativa sobre o castiñeiro de froito.

Esta actividade está organizada polo Sindicato Labrego Galego, que anuncia: “para tratar de saber máis do potencial do cultivo e tratar de poñer os medios para que alguén que decida realizar unha plantación teña os coñecementos necesarios realizaremos esta charla no Salón de Actos do Concello de Lourenzá. Impartida pola Asociación Galega das Castañas e dos Soutos e coa colaboración do Concello de Lourenzá. A entrada é de balde”.

 

22/02/2026

Con motivo do Día Mundial do Cancro, que se conmemorou o 4 de febreiro, celebrarase un acto en Viveiro no que se presentará o novo modelo de atención integral da Asociación Española Contra o Cancro. Será o martes 24 de febreiro ás 12:00 horas no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.

O colectivo organizador desta actividade explica que “este modelo está baseado nas prioridades que as persoas con cancro e os seus familiares identificaron como aspectos esenciais para recibir unha atención máis humana durante o proceso da enfermidade”.

 

28/01/2026

O programa de charlas de saúde Preto de ti, do Concello de Ribadeo, amplía o seu alcance coa incorporación de dúas parroquias máis, Rinlo e A Devesa, achegando á veciñanza información clave sobre a diabetes, o seu control, a prevención e a mellora da calidade de vida.

O Concello de Ribadeo explica que “estas sesións teñen como obxectivo ofrecer ferramentas prácticas e accesibles para que a poboación poida coidar da súa saúde, fomentar hábitos de vida saudables e resolver dúbidas relacionadas cunha enfermidade cada vez máis presente na sociedade”.

A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, anima a toda a poboación a participar nestas charlas e amosa a súa satisfacción pola boa acollida da iniciativa: “estamos moi contentas coa participación da xente. Que a veciñanza se implique, se informe e...

leer más
Etiquetas:
25/01/2026

O escritor palestino Mohamed Safa ofrecerá unha conferencia en Ribadeo titulada Gaza, un xenocidio televisado. Será o día 6 de febreiro, venres, ás 20:30 horas no salón de actos da Casa do Mar.

Esta actividade está organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que explica que Mohamed Safa é un “palestino afincado en Galiza que escribiu un libro sobre a masacre cometida por parte do sionismo fascista co pobo palestino”.

Etiquetas:
21/01/2026

O GALP A Mariña Ortegal organiza unhas xornadas formativas para presentar a convocatoria de axudas ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) 2021-2027. En Burela terá lugar o 27 de xaneiro e en Viveiro será o 30 de xaneiro.

“Unha vez publicada xa a nova orde de axudas para a aplicación da estratexia de desenvolvemento local do GALP A Mariña Ortegal, e co obxectivo de mellorar as competencias das persoas e entidades promotoras na presentación de proxectos, vanse a desenvolver tres xornadas informativas de carácter aberto. O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro da Mariña Ortegal pon en marcha unhas xornadas informativas sobre o programa de axudas do Fondo Europeo, Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), que xestiona o GALP na zona costeira que comprende aos concellos de Valdoviño, Cedeira, Cariño,...

leer más
Etiquetas:
21/01/2026

A Casa do Forno, en Celeiro (Viveiro), acollerá unha charla sobre autismo. Será o día 31 de xaneiro, sábado, ás 17:00 horas.

Anúnciao o Concello de Viveiro, que colabora coa Asociación de Familias Neurodivergentes de A Mariña Lucense y Ortegal (ASFANEMOR) nesta charla “imprescindible para visibilizar e comprender a realidade do autismo desde unha perspectiva de esperanza e superación. A sesión será impartida por Patricia Gómez, nai de Dani Blanco (@elvuelodedani), quen compartirá a súa experiencia baixo o lema O autismo, un camiño diferente, pero xamais imposible”.

A entrada de balde, ata completar aforo. Para inscricións e máis información as persoas interesadas poden contactar a través do teléfono 646.51.46.01  e do correo electrónico asfanemor@gmail.com.

... leer más
Etiquetas:
17/01/2026

O Concello de Ribadeo retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, “reafirmando así a súa aposta pola promoción e prevención da saúde entre a poboación. Esta nova edición estará dedicada á prevención, control e mellora da calidade de vida das persoas que conviven coa diabetes, unha enfermidade moi prevalente e que afecta a unha porcentaxe importante da poboación, especialmente a maiores. A través destas sesións, ofrecerase información clara e novos coñecementos para axudar á veciñanza a comprender mellor a diabetes e aprender que, con pequenos coidados diarios, é posible manter unha boa saúde e unha boa calidade de vida”.

As charlas terán lugar nas seguintes datas e horarios: en Vilaselán o 27 de xaneiro ás 18:00 horas; en Ribadeo o día 28 deste mes, tamén ás 18:00 horas; en Arante o 3 de febreiro ás 16:30 horas; en Cedofeita o 5 de...

leer más
Etiquetas:
16/01/2026

O día 31 de xaneiro, sábado, ás 18:00 horas os Colexios Vellos de San Miguel de Reinante acollerán unha charla coloquio titulada Furnas do concello de Barreiros. Toponimia e curiosidades xeolóxicas da costa.

Está organizada polo Seminario de Estudos Os Espigueiros, de San Miguel de Reinante, e participarán os espeleólogos Xurxo Lorenzo e Javi Fouz.

24/12/2025

Ribadeo acolle este sábado, día 27 de decembro, o evento titulado Encontro Agroecolóxico Saúde e Cooperación.

Está organizado polo colectivo Eo Alimenta, que anuncia: “este sábado temos unha cita en Ribadeo, na Casa do Viejo Pancho. De 16:30 a 17:30 horas contaremos con María González, para a charla taller O impacto da alimentación na saúde da muller. A alimentación ten un papel decisivo na saúde da muller ao longo de toda a súa vida. Neste taller abórdase como os alimentos inflúen no equilibrio hormonal, na saúde intestinal, na inflamación e no benestar físico e emocional desde a infancia ata a menopausa. Explícase a importancia de consumir alimentos de calidade, ecolóxicos, de tempada e proximidade, destacando o impacto negativo dos pesticidas e dos disruptores endócrinos na saúde feminina. O taller percorre as...

leer más