Festa
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de Dinamización, Dani García, recibiron no Concello a membros da directiva da Asociación de Veciños Celeiro de Mariñaos, que se encargan da organización desta xuntanza para a veciñanza. A cita terá lugar este domingo, día 19 de abril, na pista das escolas de Celeiro de Mariñaos, onde se celebrará a cuarta edición deste evento, que “xa é un referente para a parroquia”.
A xornada comezará ás 12:30 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Son de Festa para logo continuar coa tradicional comida veciñal.
Desde o Concello de Barreiros anuncian tamén: “seguimos colaborando e apostando por estas xuntanzas, que nacen do tecido asociativo e que son fundamentais para a cohesión social e para dar vida ás parroquias”.
A parroquia de San Xorxe, no municipio de Lourenzá, celebrará a festa na honra ao seu patrón este sábado, día 18 de abril.
As actividades comezarán ás 13:15 horas con misa solemne, sesión vermú amenizada polo dúo Belinda e despois terá lugar a III Comida Popular. Tamén haberá sesión tarde noite coa orquestra Los Satélites e o dúo Belinda. E para rematar a festa actuará o DJ The Sound Project.
Trabada acollerá o domingo 3 de maio a partir das 12:00 horas a VII Festa Gastronómica da Enfariñada, que nesta edición se celebrará na explanada situada fronte ao parque da rúa San Roque. “Debido ao crecemento continuo do evento foi necesario ampliar o espazo”, explica o Concello de Trabada, que engade: “esta festa, xa consolidada no calendario local, destaca pola súa esencia tradicional e pola implicación da veciñanza. Máis de 40 voluntarios e voluntarias participarán na elaboración da enfariñada in situ, mantendo viva unha receita tradicional que cada ano reúne a centos de persoas”. Ademais destaca que “nesta edición volverá haber opcións sen glute, reforzando así o carácter inclusivo do evento. Ademais repetirán as fiolleiras de Muimenta, que elaborarán as súas tradicionais filloas, e como novidade, contarase coa participación da Sociedade Cultural Ledicia, que...
leer másO Club Clásicos Viveiro organiza a segunda Festa do Motor Clásico de Ourol. Será o día 18 de abril, sábado, na Explanada do Concello.
Desde as 10:00 horas haberá coches clásicos, música en directo con Grupo La Bamba e Aaron DJ, e comida (callos, churrasco, sobremesa e chupito). A participación no xantar é aberta a todos os públicos e pode reservarse ata o día 12 de abril a través do teléfono 659.10.97.30. O prezo é 35 euros.
A organización tamén anuncia: “á noite a festa non para e teremos xamón e chourizos gratis ata fin de existencias”.
Penasagudas, no municipio de Xove, celebrará a festa de San Isidoro de Monte os días 11 e 12 de abril, sábado e domingo. Está organizada pola asociación Cruz de Loureiro.
As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas con misa solemne e continuación procesión. Desde as 14:00 horas haberá sesión vermú co dúo Belinda, que tamén amenizará, xunto ao grupo Fénix, o baile que terá lugar a partir das 17:00 horas. Tamén se levará a cabo un concurso de pasodobre e bachata.
E o domingo ás 10:00 horas comezarán unha ruta (andaina, cabalar ou ciclista). A partir das 14:00 horas haberá sesión vermú y desde as 17:00 horas terá lugar un baile.
Os dous días haberá xantar e para participar hai que anotarse previamente a través do teléfono 646.64.76.19. O prazo remata o día 8 de abril.
... leer másVilaouruz, no municipio da Pontenova, celebra as Festas da Pascua este sábado, día 4 de abril.
A partir das 14:00 horas haberá sesión vermú amenizada polo dúo Belinda, que tamén actuará na sesión de tarde noite que haberá desde as 20:00 horas.
O Concello de Foz presentou o cartel e o programa da XXIV Festa do Berberecho, molusco coñecido como chícaro en Foz. Esta festa de exaltación gastrónomica realizarase o vindeiro 11 de abril.
Na presentación estiveron a directora do IES de Foz, Leticia Maseda; o presidente da ACIA local, José Carlos Paleo; o alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Cultura, Inés López Couto, quen destacou que é “un evento no que a colaboración da Escola de Hostalería do IES de Foz é indispensable: as elaboracións de berberechos e mexillóns que se degustarán son realizadas polo alumnado do centro, o que é un orgullo para o pobo de Foz. Nesta edición teremos novidades nestas elaboracións porque o ano pasado o ceviche de berberechos foi un auténtico éxito”.
A edil de Cultura tamén anuncia que “este ano o pregón correspóndelle a Xesús...
leer másEste venres, día 13 de marzo, ás 19:00 horas a Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho de Ribadeo (rúa Antonio Otero, 19) acollerá o evento titulado Soberanía Dixital XI: Festa do Fediverso. O futuro das redes sociais e internet. É a segunda actividade do grupo amarinha.gal neste ano 2026, despois das nove celebradas o ano pasado.
Os organizadores explican: “na actualidade están a propoñerse preguntas do estilo de: é boa idea prohibirlle o acceso a RRSS a menores de 16 anos? Son adecuadas as medidas que propón tomar o goberno para a súa regulación? Que solucións existen ante a preocupante situación das RRSS? A nosa proposta desenvólvese neste contexto. Encadrada na celebración das diversas opcións do Fediverso, é unha actividade pensada para ter unha visión xeral do que é este mundo libre en...
leer másNo Vicedo haberá festa de Entroido este sábado, día 21 de febreiro. As actividades comezarán ás 13:30 horas coa sesión vermú.
Este evento está organizado pola comisión de festas na honra a Santo Estevo e a Santa Lucía, que anuncia: “nesta ocasión celebramos o Entroido coas actuacións dos grandísimos artistas dúo Alba y Selu e Juanjo Music , que estarán con nós tanto na sesión vermú dobre coma na gran verbena. Coma sempre, haberá festa infantil organizada pola APA e, deseguido, merendola na carpa. Tamén contaremos co tradicional desfile tanto infantil coma adulto, cos seus respectivos premios aos mellores disfraces”.
Cubelas, no municipio de Ribadeo, celebrará a festa na honra a San Vicente o día 24 de xaneiro, sábado.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú, amenizada por Jaime Paredes, e ás 15:00 empezará un xantar popular, con baile, bingo e sorpresas. Será no pavillón de Cubelas, que estará climatizado. Para participar hai que reservar e o prazo rematará o 19 de xaneiro.












